Tecemos xuntas a nosa tea

 

       

 

 

 

 

                                                            

 

 

Hoxe recibimos no centro unha fermosa visita. O colectivo feminista Deza - Tabeirós quixo homenaxear á gran Rosalía de Castro dun dos xeitos máis orixinais e creativos.  Un grupo de mulleres da nosa zona deseñou e creou un fermoso tapiz usando diferentes técnicas artísticas para que o puidesen desfrutar en exposición canta máis xente mellor.

         A iniciativa consiste en que esta bela creación viaxe polos diferentes centros educativos do noso concello estando exposto nun lugar visible polo menos unha semana, para despois continuar o percorrido polos demais centros.  Era unha actividade xa programada no curso pasado pero que ao igual que outras máis foi adiada polo confinamento ao que toda a poboación foi obrigada.

          Comezamos nós pois, co orgullo e fachenda de darlle a merecida publicidade ás nosas grandes artistas, entre elas á coidadora do noso centro, Pili Torrado, que tamén participou na súa elaboración.

          A situación deste ano non permite tampouco o desfrute pleno desta obra pois as visitas ao centro para as familias están restrinxidas, pero conformámonos con que poidades valorar e agradecer o traballo destas grandes creadoras. PARABÉNS!

PAPAGAIO XUÑO

XA TEMOS O NOVO NUMERO DA REVISTA O PAPAGAIO

 

AdxuntoTamaño
PAPAGAIO9 WEB-XUÑO 2020.pdf9.35 MB

DICIONARIO DO CORONAVIRUS

DENDE O DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN PROPUXÉRONNOS FACER UN DICIONARIO DE TERMOS RELATIVOS Á ENFERMIDADE QUE ESTE CURSO NOS LEVOU ATA ESTA SITUACIÓN TAN ESPECIAL, O ALUMNADO DE 6º ASÍ O FIXO, E AQUÍ PODEDES VER O RESULTADO.

 

 

https://www.canva.com/design/DAD80naFPFM/1nye2vN0JaGCju2TfA3SfA/view?utm...

O ROSCO DAS LETRAS

O ALUMNADO DE 5º E 6º QUIXO PARTICIPAR NESTA ANÓMALA CELEBRACIÓN DAS LETRAS, ELABORANDO UN ROSCO CON DIFERENTES AUTORES HOMENAXEADOS E HOMENAXEADAS AO LONGO DO TEMPO.

PRESTADE MOITA ATENCIÓN Á LECTURA, ESCRIBIDE O NOME COMPLETO DO ESCRITOR E ESCRITORA E SEMPRE CON MAIÚSCULAS, NON OLVIDEDES OS ACENTOS.

XOGADE MÁIS DE UNHA VEZ, APRENDEREDES MOITO.

 

https://www.educaplay.com/learning-resources/5757263-os_escritores_das_l...

Powered by Drupal - Design by artinet