FESTIVAL NADAL 2021

NADAL 2021

Como se di no comezo desta videomontaxe que podedes ver, imos celebrar un nadal distinto, e a todos nos doe moito que non se poida celebrar como a todos nos gustaría.  A quen máis lle doe seguro que é á rapazada pero non queda outra que esperar tempos mellores.

Cos nosos mellorese desexos de saúde e ilusión para o novo ano.

 

RECOMENDACIÓNS LECTORAS NADAL

AQUÍ PODEDES VER AS RECOMENDACIÓNS LECTORAS DE NADAL, ESPERAMOS QUE VOS GUSTEN .

 

 

 

  

 

 

 

 

 

 

 

AdxuntoTamaño
Recomendacións lectoras nadal 2021 (8).pdf3.76 MB

O noso cole!

O alumnado de 1° e 2° prepararon un vídeo sobre o noso cole! Ben feito rapazas  e rapaces!!

 

 

Novembro, o mes da Ciencia

          No mes da Ciencia non podían faltar experiencias como a clorofila das follas e a función fotosintética nas plantas .

 

Os volcáns

Os temas da actualidade cambiaron a nosa programación. Era evidente que teríamos que coñecer todo o posible sobre os volcáns.

Cociñando con herbas

Para dar comezo a un novo proxecto sobre a flora silvestre tivemos a sorte do contar con Montse Fernández, nai dunha alumna de 4º de primaria, Catarina, e que non só nos ensinou algunha das plantas que podemos atopar no entorno do noso colexio, senón que tamén puidemos degustar algunha das saborosas receitas que con esas herbas elaboramos na nosa nova cociña.  Preparamos unhas tortitas feitas con ovo, fariña de espelta, leite de avea, fiuncho e couselo (embigo de Venus), que acompañamos con sirope de arce e froitas (arandos, amorodos e plátano). Para rematar brindamos cun zume feito con mazás, e correolas ou llantén(maior e menor), menta silvestre (mentrastes) e dente de león. 

 

 

                     
         

DÍA DAS BIBLIOTECAS

PARA CONMEMORAR O DÍA DAS BIBLIOTECAS, COMO CADA ANO, EMPEZARON A SÚA ANDAINA AS MOCHILAS VIAXEIRAS.

DEIXÁMOSVOS UNHA MOSTRA DE ALGUNHA DELAS.

 

Día das Mulleres Escritoras

Aínda que o seu día se celebrou o pasado 18 de outubro, no centro puidemos celebrar o Día das Mulleres Escritoras o venres 22 coa  visita ao centro de Elvira Ribeiro, autora entre outras de obras como "Ola! Son un bicho bóla!" e coa que fixo pasar un bo rato aos máis  pequenos.          
Aí vos quedan unha pequena mostra do seu paso polas diferentes aulas do centro.

MOITAS  GRAZAS POLA VISITA!!!

              
     

 

 

 

 

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet