A nosa árbore de Nadal

 

Este ano a nosa árbore de Nadal estaba repleta de estrelas ,e estas estrelas non eran nin máis nin menos que as mulleres máis importantes nas nosas vidas.

Aquí vos amosamos o traballo de todos e todas.Esperamos que vos guste.

Recomendacións lectoras

Os centros Plambe de A Estrada:

Ceip Plurilingüe de Oca, Ceip de Figueiroa  ,Ceip O Foxo e Ceip Cabada Vázquez,

elaboramos a seguinte guía coas recomendacións lectoras:

 

 

miniatura triptico

 

 

miniatura triptico 2

 

 

 

 

AdxuntoTamaño
triptico 2016.pdf600.53 KB

Día da poesía

O venres 3 de decembro na Estrada celebrouse o "Día da Poesía" e algúns nenos e nenas do noso cole foron recitar poesías recompiladas na nosa Biblioteca,e como non podía ser menos todas foran  escritas por mulleres .Todos e todas as alumnos e alumnas que recitaron, foron agasallados /as pola autora premiada no certame "Avelina Valladares",Rocío  Leira Castro, con un poemario de dita autora.

 

 

Mochilas viaxeiras

A primeira mochila viaxeira de este curso rematou a súa andaina polo grupo de 5º.Á volta das vacacións de Nadal,comenzará a viaxe de outra.

      

 

 

PEQUECIENCIA NA BIBLIOTECA

Como sabedes, no centro celebrouse recentemente o "DÍA DA CIENCIA EN GALEGO", no que se organizaron diversas actividades e exposicións. No caso dos nenos e nenas de 3 e 4 anos tamén acudimos á biblioteca e alí descubrimos unha serie de libros cos que documentarnos sobre o tema que estamos a traballar na aula: O CORPO HUMANO. Foi unha sesión chea de curiosidades e, por suposto, de moita ciencia!

 

 

 

 

Por certo! Pepe, o noso esqueleto, non quixo perder este momento e acompañounos na nosa investigación.

 

Un saúdo! 

 

Powered by Drupal - Design by artinet