Aquí tendes as comandas que nos vai dando Liatantoscontos:
DÍA DA PAZ 2015
Para celebrar o DÍA DA PAZ os nenos e nenas do Cabada Vázquez vimos cos nosos mestres/as o curto "Sadako y las mil grullas de papel". Despois traballamos moito facendo "grullas" de papel, aínda non chegamos ás 1.000 pero xa nos falta menos...
Podes consultar máis información sobre a historia de Sadako premendo aquí
Recomendación lectoras Nadal 2014
No arquivo adxunto están as recomendacións lectoras do Nadal de 2014.
Ou preme aquí para velas.
Esta guía foi elaborada conxuntamente polos centros PLAMBE do Concello de A Estrada.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Nadal de lectura.pdf | 909.41 KB |
Vai chegando o Entroido...
Aí ven o Entroido,
e festa rachada,
os nenos/as na escola
faremos foliada!
LIATANTOSCONTOS danos estas comandas para a semana do 09 ao 13 de febreiro:
O luns debemos traer algo
para a cabeza adornar,
pon o teu maxín a funcionar...
O martes volve desfrutar,
a cara has de pintar.
Mércores na Estrada feira fascinante,
has de vir elegante,
pon pantis e unha minisaia flipante.
Xoves pon o disfraz que queiras
e desfruta de todas as maneiras.
Venres no cole nos imos disfrazar,
como cos muíños estamos a traballar
o proceso do pan imos representar.
Bo Entroido!
Liatantoscontos
BENVIDA AO BLOG DA BIBLIOTECA DO CABADA VÁZQUEZ
Ola, son LIATANTOSCONTOS a mascota da Biblio do CEIP Cabada Vázquez e quero darvos a BENVIDA a este novo espazo dixital a todos e todas.
Comezamos esta andaina na web a partir dun curso que estamos facendo os mestres e mestras do cole cun proxecto de formación no centro (PFPP).
Este xa é o segundo ano neste proxecto no que participamos todo o claustro. Os "profes" están moi contentos/as porque agora comézase a ver o traballo que veñen desenvolvendo dendo hai dous ou tres cursos.
Comezamos por facer cambios que todos podedes ver dende hai un par de cursos con respecto ao espazo físico da Biblioteca: tarima no chan, pintado, novos andeis, mesas e cadeiras novas, equipos informáticos...
Ao mesmo tempo fomos catalogando e rexistrando os fondos da Biblioteca (traballo co que continuamos) e estamos esforzándonos por ampliar o fondo bibliográfico para que toda a comunidade educativa poida desfrutar da Biblioteca.
Por medio deste blog irémosvos informando das novidades, actividades, conmemoracións e demais eventos que se leven a cabo dende ou coa participación da Biblioteca Escolar.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 21
- 22
- 23
- 24
- 25
- 26
- 27
- 28
- 29