COMANDAS ENTROIDO 2016

 

 

O LUNS DE ENTROIDO ESTÁ A CHEGAR...

 

CON ZAPATOS DISTINTOS TERÁS QUE CAMIÑAR...

 

 cartel comanda luns

 

 

 

MARTES, COA CABEZA ENGALANADA

 

CELEBRAREMOS A ENTROIDADA.

cartel comanda martes 

 

 

O MÉRCORES, SE QUERO...

 

PINTO A CARA CON MOITO ESMERO.

 

CARTEL COMANDA MÉRCORES

 

 

XOVES DE COMADRES

 

A FESTA NON É MALA

 

NON VIR É DE COVARDES,

 

VÉN COMO TEÑAS GAÑA.

 

cartel comanda mercores

 

 

 

VENRES NA ESCOLA

 

O ENTROIDO IMOS CELEBRAR,

 

COMO O PROXECTO MOLA

 

CO MEL O IMOS RELACIONAR.

Liatantoscontos

 

 

AS FAMILIAS TAMÉN CONTAN

Continuamos con esta experiencia

e o pasado luns, 18 de xaneiro, 

veu...

ROBERTO,

o papá de 

IVÁN,

a contarnos un conto do libro:

MIS CUENTOS FAVORITOS DE CARS.

 

portada cars

 

conto roberto conto roberto
conto roberto conto roberto

 

MOITAS GRAZAS ROBERTO!!

 

Saúdos.

 

Liatantoscontos

V Concurso Postais Nadal

Ola a todos e todas!! 

Benvidos de novo á escola!!

e

FELIZ 2016!!

 

Ademais de felicitarvos o ano quero publicar aquí a postal seleccionada no "V Concurso de Postais do Ceip Cabada Vázquez", organizado pola Biblioteca e o EDLG.

O autor da mesma é Roberto, da aula de Infantil de 4 anos.

 

Moi ben Roberto, parabéns!!!

 

postal selccionada
postal seleccionada con texto

 

 

 

Un saúdo.

Liatantoscontos

 

ÁRBORE e POSTAIS DE NADAL 2015

Este ano celebramos no noso cole o Nadal tendo como referencia o PDI, que como sabedes, este ano é "ALOUMIÑOS DE MEL".

 

Proba diso aí vos queda unha fotografía da nosa orixinal árbore de Nadal.

 

Tamén nestas datas e como todos os anos organizamos no cole o Concurso de Postais de Nadal. Xa imos pola V edición, aquí vos queda unha mostra dos traballos presentados.

 

árbore nadal postais

 

Liatantoscontos

 

Recomendacións lectoras NADAL 2015

Ola, vai chegando o Nadal e os centros PLAMBE do Concello de A Estrada xa temos elaborada a guía de recomendacións lectoras.

Aínda que a levaredes para a casa en formato papel premendo aquí xa lle podedes ir botando unha ollada.

Lembrade que un libro sempré é un bo agasallo.

 

Saúdos.

 

Liatantoscontos

AdxuntoTamaño
RECOMENDACIONS_LECTORAS_NADAL_2015.pdf792.08 KB

AS FAMILIAS TAMÉN CONTAN

Ola a todos e todas!!

ESTOU CONTENSIMA!!!

Onte, 3 de decembro, na aula de 3 anos comezamos cunha nova experiencia:

AS FAMILIAS TAMÉN CONTAN.

 

Veu...

LUCÍA,

a mamá de Brais, a contarnos un conto:

MARUXA,

de Eva Mejuto e Mafalda Milhöes, publicado pola editorial OQO.

portada conto maruxa

É un conto moi bonito tanto polo contido como visualmente e Lucía foi unha contacontos boísima.

Moitas grazas Lucía!!

lucia contando maruxa lucia contando maruxa
lucia contando maruxa lucia contando maruxa

 

 Para a semana vai vir Roberto, o pai de Iván. Que nos terá preparado...?

debuxo pensando

Saúdos.

 

Liatantoscontos

As mochilas viaxeiras están en marcha

Ola a todos e todas!!

Só escribo para dicirvos que estou moi contenta porque xa están en marcha as mochilas viaxeiras de todas as aulas!!

Espero que desfrutedes moito con elas na compaña das vosas familias!

 

Aquí podedes acceder ao contido da mochila da aula de 3 anos, a modo de exemplo.

 

Saúdos.

 

Liatantoscontos

LIBROS DOS VENRES. AULA 3 ANOS.

Ola familias.

Os nenos e nenas de 3 anos a partir desta semana, os venres, levaremos para a casa un conto da Biblioteca.

O libro deberá volver ao cole no mesmo estado no que vai para a casa.

Aínda que é recomendable que regrese ao cole o luns, podedes devolvelo calquera outro día.

Tende en conta que mentras haxa un libro da Biblioteca na casa o voso fillo ou filla non poderá levar outro.

 

 

Un saúdo.

 

 

Liatantoscontos

 

CELEBRACIÓN MAGOSTO E SAMAÍN

Ola!!

 

O pasado martes 27 de outubro celebramos na escola o SAMAÍN e o MAGOSTO. 

Tivemos exposición de cabazas.

De 1º a 6º participamos no xa tradicional concurso da ANPA para adiviñar o peso de dous calacús.

As aulas de Infantil como aínda non teñen interiorizado o concepto de "peso" elaboraron individualmente, na aula de 4 e 5 anos, debuxos de calacús e os da aula de 3 anos construiron un calacú con castañas.

Recibimos e enviamos postais felicitando o Samaín a outros centros do Concello de A Estrada e por aulas elaboramos contos de medo. Os maiores cantaron un par de cancións que prepararon coa profe Irene para amenizar o magosto.

Grazas a toda a comunidade educativa pola súa implicación, ata o comedor adaptou o menú dese día á festa, podedes velo na foto que hai máis abaixo.

Como vedes traballamos moito, aquí vos deixo unha pequena mostra:

 

postais recibidas doutros centros exposicióin de cabazas
Postais recibidas doutros centros do Concello de A Estrada Vista da exposición de calacús
exposicióin de cabazas cabaza de 3 anos
Máis calacús Cabaza elaborada na aula de 3 anos
cabazas 4 5 anos magosto
Cabazas elaboradas na aula de 4 - 5 anos  
magosto magosto
magosto magosto
magosto menú comedor samaín
   

 

 

Saúdos.

 

Liatantoscontos

 

CELEBRACIÓN DÍA BIBLIOTECAS 2015

Ola!!

 

Como sabedes o día 24 de outubro foi o DÍA DAS BIBLIOTECAS, ao ser sábado na escola decidimos celebralo o venres 23.

 

Na hora do PLAN LECTOR, en dous grupos (3º, 4º, 5º e 6º e Infantil, 1º e 2º), pasamos pola Biblioteca. Alí estaba esperando algún/ha dos integrantes do Equipo de Biblioteca.

Lembramos as normas básicas da Biblioteca (entrar sen merenda, sen líquidos, falamos moi baixiño...). Procedeuse á entrega dos carnés a todo o alumnado e das MOCHILAS VIAXEIRAS aos titores, que agora terán que preparalas para que empecen a súa andaina polos vosos fogares. Ademais a mestra e ao mestre de Infantil recibiron as bolsas para levar á casa os contos dos venres do alumnado de Infantil.

 

Pero para ilustrar o acto nada mellor que unhas imaxes:

 

Un saúdo a todos e todas.

 

Liatantoscontos

Powered by Drupal - Design by artinet