CURTO PDI E LETRAS GALEGAS

Seguimos traballando no Proxecto Documental Integrado deste curso, ARREDOR DOS MUÍÑOS.

Próximamente publicaremos aquí unhas fotos e un curto de animación que está ultimando a mestra Irene.

Este curto está relacionado coas Letras galegas, sendo un dos personaxes Filgueira Valverde. Como todos e todas sabedes Xosé Filgueira Valverde foi o autor homenaxeado nas Letras Galegas deste ano.

Fixo unha importante recopilación do folclore galego (cantigas, historias,..) verédelo acompañado de Losada Díeguez, mestre e colaborador del, e figura importante para o Concello da Estrada xa que pasou parte da súa vida na localidade.

As figuras que aparecen no curto foron feitas polo alumnado do Cabada Vázquez.

 

Espero que vos guste.

Grazas profe Irene.

Liatantoscontos

18/06/2015

Tal como vos prometera aquí tendes algunhas fotos para que vexades parte do traballo que fixo o alumnado para o curto:

 

foto da maqueta do muíño bailadores de plastilina
bailadores e pandereteiras de plastilina baile
baile carro das vacas
no muíño no muíño 2
Filgueira Valverde Fuilgueira Valverde cos bailadores
Filgueira Valverde de plastilina no muíño Figuras de plastilina de Filgueira Valverde e bailadores
detalle figura plastilina Figuras plastilina

 

Espero que vos gusten as fotos.

Un saúdo

a mascota liatantoscontos mini

Liatantoscontos

 

PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO 2014/2015

"ARREDOR DOS MUÍÑOS" é o Proxecto Documental Integrado (PDI) que estamos levando a cabo no cole neste curso 2014/2015.

Para acceder ao documento preme no título do Proxecto ou no arquivo adxunto.

 

 

Un saúdo a todos e todas.

 

Liatantoscontos 

AdxuntoTamaño
PROXECTO_DOCUMENTAL_INTEGRADO_2014_2015_CODESEDA.pdf151.2 KB

Visita do escritor PEPE MAESTRO (Actividade abril, mes do Libro)

O xoves 16 de abril recibimos na Biblioteca a visita de Pepe Maestro, autor dos libros recomendados para celebrar o Día do Libro.

Aquí tendes unhas imaxes do seu paso polo Cabada Vázquez:

 

pepe maestro pepe maestro cos nenos de infantil e primeiro e segundo
pepe maestro cos nenos e nenas de primaria pepe maestro cos nenos e nenas de primaria

 

 

Celebramos o DÍA MUNDIAL DA POESÍA

O pasado 21 de marzo celebrouse o DÍA MUNDÍAL DA POESÍA, como foi sábado, no Cole celebrámolo o luns 23.

Preme aquí para acceder á mensaxe da Directora Xeral da UNESCO Irina Bokova.

cartel do día da poesía

Ao longo do día, na entrada, antes de sair ao patio, antes de ir ao comedor... os alumnos e alumnas do centro foron recitando poemas, aquí tendes unhas imaxes:

presentación actos día da poesía nenos e nenas de 5 anos recitando poesía
A profe Bea presentando o acto e os de 3º e 4º preparadísimos para recitar... Os nenos e nenas de 4 e 5 anos a puntiño de cantar o seu poema.
   
Alumnos/as de 3º e 4º recitando os seus poemas! Os de 1º e 2º inventaron poemas empregando os seus nomes.
Alumnos/as de 5º e 6º recitando os seus poemas.

 

 

 

Os muíños

SEGUIMOS APRENDENDO!!

Para continuar co noso proxecto de biblioteca, os alumnos de 3º e 4º imos estudar as partes dos muíños. Para iso, e grazas á colaboración dos pais, imos rechear unha ficha que nos amosa unha fotografía dunha parte na que os alumnos deberán averiguar o seu nome, para que serve e onde vai situada con respecto ao muíño.

 

 COÑECENDO OS MUÍÑOS DE AUGA 

NOME DA PARTE SINALADA

 

 

SITUACIÓN(Con respecto ao muíño: fóra, dentro, debaixo,...)

 

UTILIDADE

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

23 de abril, DÍA DO LIBRO, Liatantoscontos quere saber...

Para celebrar o DÍA DO LIBRO Liatantoscontos quere saber...

Cales son os vosos libros preferidos e gustaríalle que o compartades cos vosos/as compañeiros e compañeiras.

Para participar traede "O LIBRO" ao cole e deixade por escrito (máximo unha carilla dun folio) por que é especial para vós.

Como vaian chegando irémolos expoñendo no espazo habilitado para a Biblioteca na entrada do cole.

Moitas grazas por colaborar.

Saúdos

Preme aquí para ver o cartel ou no arquivo adxunto.

Liatantoscontos

Xa van chegando algúns LIBROS, moitas grazas aos/ás que ides traendo o voso libro preferido...

 

algúns dos libros que van chegando para a exposición

 

Mirade como vai cambiando a cousa:

exposición libros preferidos día do libro

 

libros preferidos día do libro

 

AdxuntoTamaño
Cartel_dia_do_libro.pdf167.02 KB

Vai vindo o mes de abril... e con el o DÍA DO LIBRO

Vaise acercando o mes de abril no que, como sabedes, se celebra o DÍA DO LIBRO

De cara a esta conmemoración vainos visitar PEPE MAESTRO, autor entre outros de:

 

 portada do libro chismorreo portada do libro el circo de baltasar  portada do libro la biomaestra
 

Chismorreo.

Recomendado para 1º e 2º

El circo de Baltasar.

 Recomendado para 3º e 4º

La biomaestra.

Recomendado para 5º e 6º

Espero que desfrutedes moito coa lectura destes libros.

Xa temos confirmada a data da visita de Pepe Maestro, vai ser o XOVES 16 DE ABRIL na Biblioteca do Cole.

Supoño que teredes un montón de preguntas para facerlle despois de ler os seus libros...

Un saúdo.

Liatantoscontos

Catálogo web

Preme aquí para acceder ao catálogo web da Biblioteca.

Tamén podes acceder premendo na icona do Meiga do menú lateral esquerdo ou na seguinte imaxe:

 

Imaxe proxecto meiga

Proxecto Lector

Preme aquí para ver o noso Proxecto Lector ou abre o arquivo adxunto.

AdxuntoTamaño
PROXECTO_LECTOR_ 2014_2015.pdf393.39 KB

Powered by Drupal - Design by artinet