Dia das Bibliotecas

Ola nenas e nenos, Líatantoscontos recórdavos que de cara á celebración do Día das Bibliotecas,está en marcha o concurso de marcapáxinas ;

A BIBLIOTECA É........

Todos os traballos presentados serán expostos na entrada da nosa Biblioteca , co que resulte gañador ,faremos un marcapáxinas para os nenos e nenas do cole.

ÁNIMO e presentade cantos máis traballos ,mellor.

Samaín

 

Ola  a tod@s,como se acerca o Samaín,a profe Bea,leva a traballar arreo para relacionalo co noso proxecto sobre as mulleres.De este xeito , ocurríuselle traballar "MALAS DOS CONTOS", por iso estase a decorar a entrada do cole con "MALAS ...MALÍSIMAS" e nese espacio fíxose unha selección de libros relacionados co Samaín e co Magosto.

O pasado venres ,durante o recreo,e aproveitando que o tempo non axudaba para saír ao patio , os máis pequenos disfrutaron da selección de libros e aquí podedes comprobar o moito que disfrutaron.

 

 

 

 

Mochila viaxeira

                                                                                                       

 

Esta semana comeza a aventura desta mochila viaxeira polas casas dos nenos e nenas de 3 e 4 anos. Dende a biblioteca esperamos que vos guste o seu contido e recordámosvos o importante que é coidar estes materiais para que todos poidamos exploralos nos nosos fogares.

 

Un saúdo!

 

Mochilas

 

Ola a tod@s,dende a biblioteca ,querémosvos informar que as novas mochilas viaxeiras están funcionando.Xa sabedes que son para compartir coas vosas familias e despois ,se queredes podedes adxuntar fotos ,contarnos as vosas experiencias co contido delas,que foi o que máis ou o que menos vos gustou.....

 

Cada titor preparou a mochila cos contidos que mellor lle pareceron pensando sempre en vós,e no que máis vos gusta ler ,ver ou escoitar.

Aquí vos deixamos unha foto de unha das mochilas.

 

 

Este ano , preparamos un espazo na entrada do cole,donde calquera persoa pode desfrutar de libros e revistas que están a disposición de tod@s na Biblioteca.De feito,moit@s alumn@s disfrutan de ese espacio durante o recreo ,ou antes de marchar para a casa,etc.

 

Benvid@ 2016/2017

Ola todas e todos,dende a biblioteca do noso cole queremos darvos a benvida ao novo curso e amosarvos a gran festa que fixemos con motivo do inicio do curso.

Primeiro fomos ás clases para coñecer e saudar aos profesores e aos novos compañeiros.

A continuación ,e mentres os máis pequenos disfrutaban dunha animación a cargo de Cristina Collazo, os demáis participamos por equipos en xogos tradicionais(algo que nos encanta).

Despois foi o turno dos xogos para os peques e nós fomos á biblioteca para a sesión de Cristina ,quen conseguíu que a nosa imaxinación voase ,que a nosa timidez non existise por un anaco e que rísemos e disfrutáramos durante todo o tempo que nos acompañou.

Ao final da mañán tivemos unha sesión de karaoke ,coa que nos divertimos cantando e bailando os temas musicais máis actuais.

 

Ímosvos amosar algunhas fotos que dan conta do magnífico comenzo de curso.

 

      A ENTRADA DO COLE ESTABA PRESIDIDA POR UNHA GRAN MULLER.

                                                      

 

 

 

 

 

             FIXÁDEVOS A ATENCIÓN QUE ESTAMOS PRESTANDO!

 

 

   AOS MÁIS PEQUENOS,TAMÉN LLE GUSTABA,VERDAD?

 

 

 

 

 

EXCURSIÓN FIN DE CURSO

PARA FINALIZAR O CURSO QUE MELLOR QUE UNHA EXCURSIÓN A " O ENREDO DO ABELLEIRO",ONDE NOS RESOLVERON

 

AS DÚBIDAS QUE NOS PUIDERON QUEDAR DESPOIS DE REMATAR CO PROXECTO  ALOUMIÑOS DE MEL. 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 
   

ALOUMIÑOS DE MEL

Aquí está o percorrido polo proxecto do mel dos alumnos ,as de 3º e 4º

 

             

        

 

                     

 

 

 
   

RECOMENDACIÓNS LECTORAS VERÁN 2016

Aquí vos deixo as recomendacións lectoras para o verán.

A guía está feita en colaboración cos centros PLAMBE do Concello da Estrada: Ceip Plurilingüe de Oca, Ceip do Foxo, Ceip de Figueiroa e Ceip Cabada Vázquez.

Preme aquí ou no arquivo adxunto.

 

Un saúdo e bo verán!

Liatantoscontos

 

AdxuntoTamaño
RECOMENDACIONS_LECTORAS_VERAN_2016.pdf922.63 KB

AS FAMILIAS TAMÉN CONTAN

No mes de maio recibimos moitas visitas:

 

O día 3 veu a visitarnos e contarnos moitos contos

 

MILAGROS

a mamá de

CANDELA

 

traía con ela:

 

portada a tartaruga que quería durmir portada o señor ramón e a señora ramona portada avós

 

Gustáronnos moito os tres contos, aínda que ao final xa iamos un pouco cansados... pero Milagros foi moi boa contacontos e estivemos atendendo.

MILAGROS CONTANDO O CONTO MILAGROS CONTANDO O CONTO
MILAGROS CONTANDO O CONTO MILAGROS CONTANDO O CONTO

 

 

O día 6 a contacontos foi

 

MARÍA JOSÉ

a mamá de

PAULA

 

o conto que escolleu foi:

portada que es el amor

 

mirade como atendemos:

MARÍA JOSÉ CONTANDO O CONTO MARÍA JOSÉ CONTANDO O CONTO
MARÍA JOSÉ CONTANDO O CONTO MARÍA JOSÉ CONTANDO O CONTO

 

 

Tamén nos gustou moito este conto e María José fixoo moi ben.

 

O día 9 estivo con nós

 

JOSÉ ANTONIO

o papá de

GEMA

 

contounos Rapunzel, un conto dos irmáns Grimm

RAPUNZEL IRMÁNS GRIMM

 

José Antonio conseguiu que estiveramos atendendo todos e todas a pesar de non ter o apoio dun libro...

antonio contando o conto antonio contando o conto
antonio contando o conto antonio contando o conto

 

Moitas grazas Milagros, María José e José Antonio.

 

Saúdos

 

Liatantoscontos

Powered by Drupal - Design by artinet