magosto

CELEBRACIÓN MAGOSTO E SAMAÍN

Ola!!

 

O pasado martes 27 de outubro celebramos na escola o SAMAÍN e o MAGOSTO. 

Tivemos exposición de cabazas.

De 1º a 6º participamos no xa tradicional concurso da ANPA para adiviñar o peso de dous calacús.

As aulas de Infantil como aínda non teñen interiorizado o concepto de "peso" elaboraron individualmente, na aula de 4 e 5 anos, debuxos de calacús e os da aula de 3 anos construiron un calacú con castañas.

Recibimos e enviamos postais felicitando o Samaín a outros centros do Concello de A Estrada e por aulas elaboramos contos de medo. Os maiores cantaron un par de cancións que prepararon coa profe Irene para amenizar o magosto.

MAGOSTO E SAMAÍN 2015

 

 

Ola a todos e todas, o próximo MARTES 27 de outubro celebraremos na escola o SAMAÍN e o MAGOSTO.

 

Está é unha actividade feita coa colaboración da ANPA e os equipos de Complementarias e Extraescolares, EDLG e Biblioteca. 

 

Dende a Biblioteca fixemos unha selección de fondos relacionados co Samaín, outono, magosto... e podedes vela onda a entrada da biblio.

Unha pequena mostra:

Powered by Drupal - Design by artinet