Bo día familias,
a partir de mañá 1 de outubro no centro levaranse a cabo dúas actividades extraescolares organizadas polo pavillón de Baiona:
- Martes: fútbol e baloncesto
- Xoves: multideporte
A forma de apuntarvos é a través do correo electrónico, teléfono de contacto do pavillón ou asistindo o primeiro día de actividade ao centro; será o monitor o que teña as follas de inscrición e fagades a xestión con el.
O servizo de biblioteca non funcionará como habitualmente. Haberá un mestre de garda só para resolver posibles incidencias e se algunha familia non puidera recoller ao neno/a á hora de remate, durante todo o curso escolar por motivos laborais, deberá aportar un xustificante de traballo que o confirme para poder continuar coas medidas sanitarias especiais que temos este ano.
Lembrade que debemos ser conscientes de seguir o protocolo e as medidas marcadas por sanidade en beneficio de todos,
Moitas grazas pola vosa comprensión,
Un saúdo
Equipo directivo