PLÁSTICA 4º,5º,6º

Ola ola!! Seguimos por aquí con máis artistadas :) A última que realizamos na aula deixounos o gusaniño no corpo para seguir. Así de ben quedaron as vosas obras en lienzo.

 

Aquí vai unha proposta de actividades de índole interdisciplinar , na que traballaremos diferentes competencias. Queres convertirte nun arquitecto ou científico por uns días? Pois mira o que che traio.

 

 

 

 

 

  • Diseño de planos dunha casa coidando as proporcións de tamaño entre os obxectos. Fixádevos que para debuxalo debemos facelo a “ vista aérea”, como si o vésemos dende arriba.

      

 

  • Medición de mobles do fogar e o seu debuxo á escala. Cales son as medidas dunha mesa? e dunha cadeira?

 

  • Formas xeométricas que se atopan en obxectos e estancias do fogar. 

 

  • Debuxos de simetría .  Por exemplo

 

                                       

Sodes capace­­s de debuxar a outra metade simétrica do Trasno?Claro que sí!

Probade tamén coas vosas caras ou a dos vosos familiares e  artistas favoritos.

 Para iso, o máis importante é que sexa unha foto frontal . Collede unha fotocopia dunha foto, ou calcade primeiro todo o rostro. Logo, dobládea xusto pola metade , polo nariz. Pegádea nun folio deixando a outra metade para que a completedes vós.  

 

  • Debuxo en tres técnicas:Facede un debuxo libre ou escollede un. Dividídeo en 3 partes que serán coloreadas empregando as seguintes técnicas: o recheo completo de cor,  o punto e a raia.  Estas técnicas xa as traballamos por separado na aula. Agora vamos a mesturar un pouquiño. Observade :

 

 

  • Vamos agora cuns experimentos cheos de cor

 

 

-Creación do disco de  Isaac Newton:

Trátase un dispositivo inventado polo científico inglés Isaac Newton , que consiste nun círculo con sectores pintados en colores:  vermello, laranxa, amárelo, verde, azul, añil e violeta. O facelo xirara gran velocidade… qué ocorre? Que as cores mestúranse e vemos a cor blanca. É moi sinxelo de facer este experimento.

 

 

clic aquí

 

- Creación dun caleidoscopio :  trátase dun tubo que conten 3 espellos (non é necesario utilizar espello, vale con papel de aluminio) que forman un prisma triangular coa súa parte reflectante cara o interior( moi importante facer ben este paso) . Entre os extremos formados por dúas láminas translúcidas , metemos obxectos de colores e diferentes formas ( por exemplo abalorios para facer pulseiras). A imaxe verase multiplicada de forma simétrica ó ir xirando o tubo.

  clic aquí