Skip to Content

EXPERIMENTOS 1º TRIMESTRE

Aquí tedes unha mostra dos experimentos que fixemos durante todo este 1º trimestre. Recordade que, a partir de agora, podedes descargarvos o proceso de elaboración de cada un deles na nosa Aula Virtual.

 

PLENO INFANTIL

Con motivo da Conmemoración da Constitución Española, o Día dos Dereitos da Infancian e para ensinar o funcionamento dos procesos democráticos, o alumnado do CEIP da Barqueira, realizou no Concello de Cerdido e en colaboración co mesmo, un pleno.

Para elo, cada aula traballou sobre temas que o alumnado consideraba importantes a debatir e elixiu os seus representantes, que adquiriros os distintos roles (interventor, secretario, alcaldesa, concelleiros e concelleiras, oposición...). Deste modo, eles mesmos xestionaros, moderaron e debatiron os orzamentos (ficticios), para o ano 2023 no pleno, iniciándose así nos procesos democráticos actuais.

 

 

25 N

O 25 de novembro, todo o alumnado do CEIP da Barqueira foi ata o Concello de Cerdido a ler un manifesto para reflectir a súa repulsa contra a violencia de xénero.

 

25 N

Lectura Trouleira

Benvidas e benvidos ao noso primeiro post do Club de Lectura Trouleira. Este curso escolar, decidimos iniciar dous clubes de lectura, un para o alumnado de 5º e 6º do centro e outro para as familias.

A nosa idea e ir publicando o seguimento das reunións nas que comentaremos as nosas opinións sobre as lecturas feitas. Asemade, adxuntamos neste post as presentacións e análises das lecturas propostas. 

Polo de agora, comezamos o club infantil co libro de Percy Jackson, de Rick Riordan. Na primeira reunión, presentamos a temática do libro e comezamos a súa lectura acompañados e acompañadas dun chocolate con churros.

Presentación

 

A verdade e que tivo moi boa acollida (aínda que non sabíamos se o entusiasmo debíase máis á lectura proposta ou a merenda). Na segunda reunión, compartimos opinións sobre a lectura e  en xeral, quedamos cun bo sabor de boca. A lectura resoltou divertida e apasionante. Gustaron moito personaxes coma Grover (polo seu gracioso carácter) ou Anabeth (que destaca pola súa intelixencia). En canto a escenas favoritas, destacou especialmente un divertido momento no que Percy fai saltar a auga dos retretes contra a súa abusadora. A seguinte lectura é en galego: Endrina e o segredo do peregrino, de Concha López Narvaez. O libro xira entorno ao camiño de Santiago, o que nos ven moi ben para aprender sobre o mesmo de cara ao proxecto que estamos a realizar no cole. Estamos desexando coñecer as valoracións dos nosos lectores e lectoras na seguinte reunión.

 

En canto ao club das familias, estamos contentas de contar cunhas cantas nais trouleiras e mais unha antiga exalumna do centro. Na primeira reunión agasallámos ás participantes cun exemplar do Principiño, sendo esta a nosa primeira lectura. Tamén tivemos unha presentación na que falamos das interpretacións dos diferentes personaxes. Na segunda reunión, nos atopamos con opinións moi diversas: algunhas nais como Sonia ou Carmen comentaban que se lles fixo un pouco lioso, Raquel opina que non lle parece unha lectura infantil e que ao leélo de adulta atopa moito máis transfondo. Susana desfrutou moito a lectura e coincide con Carolina e Sonia en que é importante facer a lectura coñecendo previamente as diferentes analoxías para poder desfrutálo máis.

 

Na variedade de opinión atopamos a riqueza. A seguinte lectura será Os Pazos de Ulloa, de Emilia Pardo Bazán. Este clásico retrata a cara máis escura do feudalismo galego e cremos que vai dar pé a outra agradable reunión.

 

Dende o colexio estamos moi contentas e contentos con esta iniciativa e coa súa acollida e agardamos seguir desfrutando destes momentos tanto cos nenos e nenas como coas familias. Invitamos a toda persoa que desexe participar a unirse a nós ou tamén a realizar as lecturas pola súa conta e comentarnos se quere a súa opinión.

 

Ata a próxima!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut