PROTOCOLO COVID

MENÚS SEMANAIS 2020/2021

No seguinte arquivo adxunto pódense consultar os menús semanaIs que rotarán durante o curso 2020/2021.

INICIO DE CURSO: REUNIÓNS COAS FAMILIAS

O vindeiro mércores día 9 de setembro celebraranse as seguintes reunións informativas coas familias para tratar todo o relativo ao inicio do curso, normas de funcionamento, protocolo COVID, organización, etc, así como resolver as dúbidas que vos puideran xurdir.

 

EDUCACIÓN INFANTIL 3 E 4 ANOS: 10:00h (aula EI 1)

EDUCACIÓN INFANTIL 5 ANOS: 12:30h (aula EI 2)

1º, 2º E 3º DE EDUCACIÓN PRIMARIA: 11:30h (aula 1º, 2º 3º)

4º, 5º E 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA: 11:30h (aula 4º, 5º, 6º)

 

Soamente se permitirá o acceso a un membro de cada familia para poder garantir as medidas de distanciamento e o aforo das aulas.

 

APERTURA DO PRAZO PARA ANOTARSE COMO COLABORADORES NO COMEDOR ESCOLAR DURANTE O CURSO 2020/2021

ANUNCIO DE APERTURA DO PRAZO DE ADMISIÓN DE MEMBROS DA COMUNIDADE EDUCATIVA DO CEIP DA BARQUEIRA COMO COLABORADORES VOLUNTARIOS NAS TAREFAS DE ATENCIÓN E APOIO AO ALUMNADO USUARIO DO COMEDOR ESCOLAR DURANTE O CURSO 2020-2021.

As nais, os pais, os/as titores/as legais e os/as acolledores/as familiares do alumnado deste centro de ensino, que desexen, ao longo do curso 2020-2021, colaborar de xeito altruísta nas tarefas de atención e apoio aos escolares usuarios do comedor escolar, poderán apuntarse nas listas de admisión que, habilitadas para este fin, se atopan na Dirección do centro,  descargando e cubrindo o impreso que se adxunta.

O prazo para presentar solicitudes permanecerá inicialmente aberto ata o día 10 de setembro de 2020, podéndose reabrir un novo prazo, de ser o caso, ata o 22 de decembro de 2020.

Durante o curso escolar 2020-2021 só se contará coa colaboración das persoas que figuren anotadas nestas listas.

IMPRESO SOLICITUDE

Distribuir contido