Video resumo do Samaín 2020

 

QUE LER NO SAMAÍN


Xa temos a nosa biblioteca preparada para o Samaín! 


 

O préstamo para a casa abrirá esta semana, así que fixemos unha selección de libros para ler estes días: 

 

SAMAÍN 2020

Aí vén o Samaín! Este ano vai ser un pouco diferente xa que temos que cumprir coas medidas de hixiene e distanciamento, pero o virus non vai impedir que celebremos unha das nosas festas favoritas. 

 

En primeiro lugar, e grazas ao Concello de Cerdido, teremos unha actividade con La Guagua. Haberá dous turnos, un para @s pequen@s de educación infantil, e outro para @s de educación primaria. En cada turno, o alumnado permanecerá sentado, previa desinfección de mans, e coa máscara posta en todo momento, mantendo as distancias necesarias entre nen@s e cos monitores. Manterase tamén a distancia entre os "grupos burbulla".

 

Por outra banda, celebraremos o noso tradicional concurso de cabazas, unha actividade en colaboración coas familias. Se desexades participar, deberedes decorar a vosa cabaza na casa, e poderédela traer ao cole entre o luns 26 e o xoves 29, para expoñelas na entrada como todos os anos. Haberá catro premios (un por cada grupo) ás cabazas máis orixinais, que serán entregados ao final da mañá en cada aula.

 

Ademáis, levaremos a cabo diversas actividades relacionadas co Samaín nas aulas.

 

Lembramos que podedes vir disfrazad@s! 

ACORDO DO CONSELLO DA XUNTA DE GALICIA SOBRE COLABORADORES DO COMEDOR ESCOLAR

O pasado 15 do mes en curso o Consello da Xunta autorizou o aumento dos complementos e compensacións económicas que perciben os directores e encargados dos centros con comedores de xestión directa, os directores dos centros con comedores de xestión indirecta e os colaboradores voluntarios que realizan tarefas de coidado e vixilancia dos menores comensais.

O incremento afecta ao complemento e á compensación diaria por asistencia efectiva aocomedor escolar e a suma total a percibir trimestralmente por este concepto, a mes vencido, será a resultante de multiplicar durante ese período temporal o número de díasde asistencia efectiva ao comedor, a partir do 1 de outubro do ano en curso, polo importeeconómico fixado en cada caso.

Dito acordo autoriza tamén, de xeito excepcional, no caso de non contar no comedor escolar co número necesario de colaboradores que sexan persoal funcionario e laboral destinado no colexio ou pais e nais, titores legais e acolledores familiares dos alumnos escolarizados nel, a estender aos familiares convivintes, que residan no mesmo domicilio dos menores comensais, a posibilidade de colaborar voluntariamente, nos mesmos termos previstos na lexislación sectorial de aplicación para os restantes colaboradores.

A excepcionalidade desta medida condiciona a súa vixencia, que rematará no momento no que deixen de aplicarse as medidas educativas e sanitarias abordadadas para paliar a pandemia do COVID-19.

 

 

Distribuir contido