Skip to Content

RESERVA DE PRAZA EN CENTROS DE ADSCRICIÓN

O alumnado de 6º de Educación Primaria deberá facer a solicitude de reserva de praza para o IES de Punta Candieira. O prazo está aberto dende o 16 de xaneiro ao 6 de febreiro (ambos inclusive) e a solicitude poderase cumprimentar en papel (modelo ED550A - GALEGO / CASTELÁN) ou a través da aplicación admisiónalumnado no menú:

Solicitudes > Reserva > Crear

Esta solicitude deberá ser presentada no centro educativo de orixe (CEIP da Barqueira) ou en calquera dos lugares que establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común, incluída a Sede Electrónica da Xunta de Galicia , para o que se precisará de Chave365 ou certificado dixital, sendo esta a canle preferible de presentación.

OBRADOIRO DE ESCRITURA CREATIVA

Deixámosvos unha mostra do noso "Obradoiro de Escritura Creativa". Neste primeiro trimestre centrámonos na realización de cómics. Continuaremos no segundo dixitalizándoos. Desexando ver o resultado tan fantástico que está quedando!

EXPERIMENTOS 1º TRIMESTRE

Aquí tedes unha mostra dos experimentos que fixemos durante todo este 1º trimestre. Recordade que, a partir de agora, podedes descargarvos o proceso de elaboración de cada un deles na nosa Aula Virtual.

 

PLENO INFANTIL

Con motivo da Conmemoración da Constitución Española, o Día dos Dereitos da Infancian e para ensinar o funcionamento dos procesos democráticos, o alumnado do CEIP da Barqueira, realizou no Concello de Cerdido e en colaboración co mesmo, un pleno.

Para elo, cada aula traballou sobre temas que o alumnado consideraba importantes a debatir e elixiu os seus representantes, que adquiriros os distintos roles (interventor, secretario, alcaldesa, concelleiros e concelleiras, oposición...). Deste modo, eles mesmos xestionaros, moderaron e debatiron os orzamentos (ficticios), para o ano 2023 no pleno, iniciándose así nos procesos democráticos actuais.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut