SEMANA DA CIENCIA.

Como xa sabedes, o día dos experimentos é o noso día favorito da semana, así que tivemos a sorte de poder mostrar os nosos preferidos na xornada de portas abertas. Así, podíamos escoller aqueles que máis nos gustaran tanto este curso como o pasado, coa única condición de seleccionar algún vinculado co noso Proxecto "A Patrulla canina". Así que, seleccionamos, recordamos, realizamos e buscamos novamente o seu razonamento científico. Pola miña parte, creo que os pequenos/as o explicaron á perfección o día da ciencia, así que, sobran as palabras, tan só dicir...QUE ORGULLOSA ESTOU DELES/AS!!!Vergoña

LEITE MÁXICO.

                

PONTES (capilaridade).

OSITOS MUTANTES.

 

 

PULMÓNS (sistema respiratorio).

CORAZÓN (sistema circulatorio).

E así de guapísimos/as estabamos nos nosos "stands" científicos da feira da ciencia.

 

 En canto poida colgarei algún vídeo das explicacións porque a verdade é que non teñen desperdicio. SON ENORMES!!!

RECOLLIDA DE TAPÓNS.

Como xa sabedes, o CEIP da Barqueira en colaboración coa FUNDACIÓN AMIGOS DE GALICIA, estamos a levar a cabo unha recollida de tapóns solidarios coa seguinte causa:

Así, con todos os tapóns que levamos ó cole, estamos a facer un rexistro mensual da recollida dos mesmos, xa que Iago necesita unha cantidade moi grande de tapóns e queremos saber cal é a nosa parte en toda esta colaboración que o pequeno recibe.

Nesta liña e con toda a nosa recollida diante, comezamos por facer unha estimación de cantos podíamos ter na nosa pequena caixa (ó máis puro estilo ABN), e este foi o resultado...

 

 

Unha vez feitas as nosas estimacións, A CONTAR!!!! Porén, para non liarnos coas nosas contas decidimos facer primeiramente decenas con eles (QUE VIVA Ó ABN!!!)

   

 

Como era normal os tapóns non facían decenas exactas, polo que finalmente tivemos que contar os que quedaban soltos e rexistrar todas as decenas que conseguimos facer pola clase. Tras o reconto das decenas e das unidades que quedaban soltas quedounos esta suma taaaaaan complexa que conseguimos resolver cun pouco de axuda.

 

RECOLLIMOS EN XANEIRO 563 TAPÓNS!!!!

Máis tarde, aínda o complicamos máis, cánto sería esa cantidade en peso? Así que fixemos novamente estimacións e...

Para estar comezando non o fixemos nada mal!!!! Case un kilo e medio de tapóns para Iago.

GRAZAS FAMILIAS!!!

 

 

 

O ABN INUNDA AS NOSAS VIDAS.

E POR FIN.....XOGAMOS Ó UNOOOOO!!!!

O prometido é deuda e despois de xogar coas cartas do ABN en sesións anteriores, quedábanos ver como era o xogo de verdade. Así que, MANS Á OBRA!!!

Nas primeiras partidas que fixemos, xogamos coas cartas visibles para poder axudalos mellor. Porén, pouca axuda precisaron aínda que se sentían máis seguros con elas á vista, así que...pouco a pouco!!!

E ASÍ ESTAMOS, COMO NO SALÓN DA CASA!!!

           

 

REXISTROS DIARIOS.

Dentro das nosas rutinas diarias da asamblea, rexistramos o tempo metereolóxico, pero nós que somos como pequenas esponxas, non nos chega poñer o icono no día correspondente, senón que rexistramos nun gráfico mensual que interpretamos a medida que avanza o curso. CASE NADA!!!!

                  

Así, ó fío desta actividade, sempre estamos intentando colocar o icono da neve nos nosos rexistros, e despois de tanto tempo...

POR FIN NEVOU NA BARQUEIRA!!!!!

E por suposto, saíamos a velo xunto cos nenos/as da clase da profe Araceli....QUÉ BONITO!!!! Risa

     

 

XOGOS NOS RECANTOS.

Posto que o ABN é das actividades e xogos que máis nos están gustando este curso, decidimos modificar un pouco un dos nosos recantos que menos éxito tiña, e ubicar diferentes xogos ligado a esta metodoloxía. Así, algúns xa estamos comezando a traballar co cadrante do 100 ubicando os diferentes números nela. 

 

Continuará!!!

 

Día da Paz. Xornada de convivencia co CEIP San Ramón de Moeche.

O pasado Martes 30 de Xaneiro, o CEIP da Barqueira e o CEIP San Ramón de Moeche realizaron conxuntamente unha xornada de convivencia co gallo do Día da Paz. Así, no centro anfitrión tivemos a sorte de ver un espectáculo de maxia e malabares a cargo do grupo "Sircópatas".

 

    

Posteriormente, entre todos os nenos/as dos dous centros decoramos unha pomba da paz unindo as mans de todos/as nós.

E así de bonito quedou!!!!

Despois de tanta actividade e de merendar unos riquísimos churros con chocolate ós que convidaron o centro anfitrión, realizamos diversos xogos e actividades entre todos/as. Pasámolo tan ben que antes de saír de Moeche xa estabamos pensando en repetir a experiencia, así que... REPETIREMOS!!!

 

 

 

 

GRAZAS CEIP SAN RAMÓN!!!!!

 

 

E moito máis...ABN

Continuamos adquirindo conceptos como: tanto como...

Así, seguindo as diferentes cosignas íamos collendo os paliños de cores: "tantos como orellas teño", "tantos como somos na clase", "tantos como faltan hoxe", "tantos como marca o nº da carta". Un xogo que pode parecer sinxelo, pero que para eles supón contar, pensar nos que teñen na man e engadir ou sustraer en función desa cantidade...CASE NADA!!!

 

Posteriormente, e aproveitando que contábamos coas cartas do UNO, xogamos a ubicalas na recta numérica que temos na aula. Porén, non valía de calquera xeito, xa que coas cartas cara abaixo e a espera do "XA!", colocábamos a carta máis alta, a máis baixa, os amigos do 10...

Outro día, xogaremos ó xogo seguindo as reglas reais, a ver que tal se nos da, aínda que eu non teño dúbidas de que será perfecto. Guiño

*************

Noutra sesión, fixemos diferentes grupos para xogar ós xogos que temos na aula e que tamén viaxaron polas vosas casas nas caixas dos xogos.

Creo que agora os do ABN son os nosos favoritos.

 

 

Coñeces Cerdido?

Como xa sabedes, o noso Trasno Trouleiro está a poñernos as cousas moi difíciles, pero nós somos tan listos que enseguida conseguimos solucionalas.

Así, tendo en conta toda a información recopilada, fixemos a nosa pequena aportación ó Plan Proxecta, polo que fixemos un debuxo e recollimos aqueles datos que nos resultaron máis interesantes (respectando a etapa de lecto- escritura de cada).

 

E ESTE FOI O RESULTADO....(aínda que nos falta engadir algún dato máis...)

Lesctoescribindo

Unha vez máis xogamos ó BINGOOO, e agora os pequenos/as xa non necesitamos axuda dos maiores....DA GUSTO VER COMO CRECEN!!!

 

                            

Aínda así, creo que o noso afán por buscar letras en todas as partes, está axudando moito...

Por isto, decidimos facer unha nova procura con estas letras tan chulas que temos desde a volta das vacacións. Así, buscamos as do noso nome e apelidos e despois organizamos as mesmas con moito coidadiño...

   

 

Os contos do Trasno Trouleiro

O Trasno Trouleiro tiña algunhas novidades que mostrarnos na nosa Biblioteca, así que descubrimos a realidade aumentada e foron os primeiros contos en escollerse este Venres...

Experimentando

E seguimos coa nosa vena científica a tope, así que...

CÁNTAS PROBETAS NECESITAMOS PARA ENCHER O VASO?

Houbo todo tipo de hipóteses pero finalmente só unha válida...non pasa nada!!!! Os auténticos científicos tamén teñen que facer moitas probas antes de descubrir un grande invento. 

   

Finalmente, chegamos ata o final e comprobamos cántas necesitaríamos para desbordar o vaso. Isto da auga fascínanos!!!!

 

DESCUBRIMOS A MESA DE LUZ E AS SÚAS POSIBILIDADES.

Porén, a auga encántanos, pero o da mesa de luz.....FOI ESPECTÁCULAR!!!!
Primeiro contacto con ela experimentando libremente cos diferentes materiais, cores, formas e figuras xeométricas.

   

Sorprendeume que comezaron a facer mesturas de cores para ver as cores secundarias que saían coa mezcla e, o que máis me gustou foi escoitar:

"profe, como no experimento que fixemos de mesturar as pinturas!!!!" Vergoña

   

Finalmente, tamén fixeron as súas propias "artistadas". A esta chamáronlle: A cidade rara.

CONTINUARÁ...

 

 

 

Proxecto: "A patrulla canina"

Continuamos inmersos no proxecto iniciado no 1 trimestre sobre os cans, polo que traballamos os coidados que deben recibir estes animais, así como a figura do veterinario. Así, pouco a pouco, o noso mural da PATRULLA CANINA vai collendo forma.

 

Como podedes ver, somos uns auténticos investigadores cando algo nos gusta Sorriso

 

Distribuir contido