Skip to Content

Lectura Trouleira

Benvidas e benvidos ao noso primeiro post do Club de Lectura Trouleira. Este curso escolar, decidimos iniciar dous clubes de lectura, un para o alumnado de 5º e 6º do centro e outro para as familias.

A nosa idea e ir publicando o seguimento das reunións nas que comentaremos as nosas opinións sobre as lecturas feitas. Asemade, adxuntamos neste post as presentacións e análises das lecturas propostas. 

Polo de agora, comezamos o club infantil co libro de Percy Jackson, de Rick Riordan. Na primeira reunión, presentamos a temática do libro e comezamos a súa lectura acompañados e acompañadas dun chocolate con churros.

Presentación

 

A verdade e que tivo moi boa acollida (aínda que non sabíamos se o entusiasmo debíase máis á lectura proposta ou a merenda). Na segunda reunión, compartimos opinións sobre a lectura e  en xeral, quedamos cun bo sabor de boca. A lectura resoltou divertida e apasionante. Gustaron moito personaxes coma Grover (polo seu gracioso carácter) ou Anabeth (que destaca pola súa intelixencia). En canto a escenas favoritas, destacou especialmente un divertido momento no que Percy fai saltar a auga dos retretes contra a súa abusadora. A seguinte lectura é en galego: Endrina e o segredo do peregrino, de Concha López Narvaez. O libro xira entorno ao camiño de Santiago, o que nos ven moi ben para aprender sobre o mesmo de cara ao proxecto que estamos a realizar no cole. Estamos desexando coñecer as valoracións dos nosos lectores e lectoras na seguinte reunión.

 

En canto ao club das familias, estamos contentas de contar cunhas cantas nais trouleiras e mais unha antiga exalumna do centro. Na primeira reunión agasallámos ás participantes cun exemplar do Principiño, sendo esta a nosa primeira lectura. Tamén tivemos unha presentación na que falamos das interpretacións dos diferentes personaxes. Na segunda reunión, nos atopamos con opinións moi diversas: algunhas nais como Sonia ou Carmen comentaban que se lles fixo un pouco lioso, Raquel opina que non lle parece unha lectura infantil e que ao leélo de adulta atopa moito máis transfondo. Susana desfrutou moito a lectura e coincide con Carolina e Sonia en que é importante facer a lectura coñecendo previamente as diferentes analoxías para poder desfrutálo máis.

 

Na variedade de opinión atopamos a riqueza. A seguinte lectura será Os Pazos de Ulloa, de Emilia Pardo Bazán. Este clásico retrata a cara máis escura do feudalismo galego e cremos que vai dar pé a outra agradable reunión.

 

Dende o colexio estamos moi contentas e contentos con esta iniciativa e coa súa acollida e agardamos seguir desfrutando destes momentos tanto cos nenos e nenas como coas familias. Invitamos a toda persoa que desexe participar a unirse a nós ou tamén a realizar as lecturas pola súa conta e comentarnos se quere a súa opinión.

 

Ata a próxima!

 

LENDAS DE SAMAÍN

Os nenos e nenas de 5º e 6º de primaria fixeron un fantástico traballo de investigación sobre lendas galegas de Samaín.

Aquí tedes o produto final da tarefa, realizada integramente por eles: investigación, resumo, transcripción, gravación e, por suposto, deseño das obras!

MENÚS DO COMEDOR ESCOLAR 2022/2023

Nos datos adxuntos podedes descargar os menús para o ano 2022/2023.

LIBROS CURSO 2022/2023

Estimadas familias:

 

Os libros que hai que comprar para este curso escolar son:

Educación infantil

Relixión 4º EI : ISBN 9788469829226

Relixión 5º EI : ISBN 9788469829257

Relixión 6º EI : ISBN 9788468929288

1º Educación Primaria

Globalizado: Editorial Santillana. Obradoiro. 5 en raia. ISBN 9788491855354

Relixión:  Relixión Católica. Ven e verás. ISBN 9788469897362

2º Educación Primaria

Globalizado: Editorial Santillana. Obradoiro 5 en raia. ISBN 9788491850991

Inglés:  Go far! Student,s pack. ISBN 9788466836548            

            Go far! Activity pack. ISBN 9788466836623

Relixión:  Relixión Católica. Ven e verás. ISBN 9788469897409

3º Educación Primaria

Inglés: Go far! Activity pack. ISBN 9788466836630

Os restantes libros proporciónaos o centro.

4º Educación Primaria

Inglés: Go far! Activity pack. ISBN 9788466836647

Os restantes libros proporciónaos o centro

5º Educación Primaria

Inglés: Go far! Activity pack. ISBN 9788466836654

Edixgal

6º Educación Primaria

Inglés: Go far! Activity pack. ISBN 9788466836661

Edixgal

 

Distribuir contido


by Dr. Radut