Skip to Content

OS RETOS DO TRASNO!!!

Estimadas familias:

Presentámosvos unha nova actividade, o concurso OS RETOS DO TRASNO!

Dividiremos a todo o alumnado en oito equipos, cada un estará representado por unha das mascotas da Biblioteca do cole (Meiga Xesta; Meiga Hedra; Maruxa, a Curuxa; Moncho, o Moucho; Xaquín, o Xabarín; o Raposo Xurxo e Uxía e Uxío, os Irmáns Esquíos).

As nosas mascotas presentaránvos quincenalmente unha proba no taboleiro da entrada. Os nenos e nenas (e nalgún caso igual ata as familias) terán que ir facendo os retos.

Por cada un conseguido, o equipo ao que se pertenza gañará un punto.

MOITA SORTE A TODOS E A TODAS

 

ADMISIÓN/RESERVA DE PRAZA NO CENTRO DE ADSCRICIÓN (IES PUNTA CANDIEIRA)

Dende o 11 de xaneiro ata o 8 de febreiro de 2022 está aberto o prazo para a reserva de praza para o alumnado de 6º de EP que o vindeiro ano desexe ir ao IES Punta Candieira. As solicitudes poden presentarse na Secretaría/Dirección (modelo ED550A, adxunto ao final desta páxina) deste centro ou a través da aplicación admisiónalumnado.

A lista de admitidos se publicará antes do 25 de febreiro no taboleiro de anuncios deste centro.

AGUINALDO

 

 

Os nenos e nenas de sexto de primaria axudaron a facer o aguinaldo para os seus compañeiros e compañeiras. Que bolsiñas tan bonitas quedaron!!

 

BOLSAS AGUINALDO

 

Distribuir contido


by Dr. Radut