Skip to Content

REXISTRO DO TEMPO ATMOSFÉRICO

E pouco a pouco van pasando os días. Algúns chove,outros hai sol!!Qué lindo é o sol polas mañanciñas para xogar fóra. Os nenos e nenas máis pequenos da escola levan un reconto minucioso mes a mes do tempo atmósferico. Queredes saber cantos días de sol hai en cada un? Podedes preguntarlles a eles.

 

 

REXISTRO DO TEMPO

QUE VIVAN AS AULAS AO AIRE!

 

Estes días aproveitamos que facía bo tempo para saír a organizar un pouquiño unha pequena horta. Preparámonos con botas e guantes e aínda que nos manchamos un pouquiño estamos aprendendo moito. Atopamos un grilo ao que lle demos un pouco de herba ,pero xa o deixamos no campo outra vez,que alí está moi contento. Tamèn atopamos uns oviños nunha folla…O certo é que aínda non plantamos nada,pero as actividades dan moito de si. Xa nos iredes vendo. Estade atentos!!

 

 

AULAS AO AIRE

OS NENOS E NENAS DE 6º DE EI

O equipo de profesorado do CEIP da Barqueira quere darvos a benvida a un novo curso escolar. Levamos uns días de cambios na escola. Profes novos, novos espazos e novos amiguiños e amiguiñas. Empezamos con forza, ilusión e un lote de proxectos por facer. Tedes aquí un pequeno vídeo dos peques de 5 anos. Pouco a pouco iremos amosando cousiñas. Estade ben atentos!!


 

 

NENOS E NENAS DE 6º EI

DECORAMOS OS CORREDORES

 

Os nenos e nenas dos primeiros cursos de primaria van enchendo o corredor cos seus traballos. Esta vez son simetrías e con unha actividade tan complicada son capaces de demostrarnos que son uns e unhas artistas!!

 

DECORAMOS OS CORREDORES

Distribuir contido


by Dr. Radut