No marco da celebración da Constitución Española a semana pasada, as nenas e nenos do colexio eleximos por votación as novas normas do patio de xogos para as horas de lecer. |
|||
O pasado luns 3 de decembro celebrouse o día Internacional das Persoas con Discapacidade. Como estamos a facer o xogo do amigo invisible no colexio, aproveitamos para enviarlles aos nosos amigos invisibles mensaxes en código Braille. |
|||
Rematado o proceso electoral para a renovación do Consello Escolar do CEIP da Barqueira, a Xunta Electoral proclama oficialmente os seguintes representantes: Representantes dos mestres - Carmen García Martínez (proclamada nas eleccións do 2016). - María Soledad Díaz López. Representante dos pais/nais/titores/as legais. Mº Susana Rodríguez Garrote (nomeada nas eleccións do 2016). Representante da ANPA “Os Carrís”. Mº Carmen Bustabad Santalla. Representante do Concello de Cerdido. Patricia Martínez Santalla
Así, e a partir deste momento, comeza a funcionar o novo Consello Escolar.
Cerdido, 28 de Novembro do 2018. A XUNTA ELECTORAL |
|||
O pasado venres 16 de novembro realizamos unha saída á Casa das Ciencias e o Planetario da Coruña. Aquí unha pequena mostra fotográfica: |
|||
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 18
- 19
- 20
- 21
- 22
- 23
- 24
- 25
- 26
- …
- seguinte ›
- última »
