Skip to Content

PROCESO DE ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2021/2022

 

 

TODO O ALUMNADO QUE RESERVOU PRAZA NESTE CENTRO ESTÁ ADMITIDO PARA O CURSO 2021/2022

 

 

 

PROCEDEMENTO DE RESERVA DE PRAZA NO CEIP DA BARQUEIRA (ALUMNADO DE NOVA INCORPORACIÓN)

 

Está aberto o procedemento de reserva de praza para o curso 2021/2022, os prazos son dende o 01 ao 20 de marzo (ambos inclusive).

O modelo de solicitude que tedes que cubrir podedes atopalo no centro escolar, neste enlace, ou na aplicación da Xunta de Galicia "admisiónalumnado" (onde tamén pódese rexistrar a mesma de xeito electrónico).

A solicitude débese presentar no centro escolar ou de forma telemática. Coa mesma hai que presentar un documento acreditativo da idade do alumno ou alumna (DNI, libro de familia, partida de nacemento...).

 

Decreto 245/2012 do 13 de febreiro

Orde 12 marzo do 2013

Orde 17 xaneiro 2017

 

LISTA DE ADMITIDOS NO IES PUNTA CANDIEIRA

Xa podedes consultar a lista de admitidos no IES Punta Candieira no taboleiro de anuncios do centro escolar.

Radio Trouleira

 

                    

PODCAST DO CURSO 2021/2022

PROGRAMA "UN CENTO DE PALABRAS...PROPIAS DE CERDIDO"

 

PROGRAMA DÍA DA MULLER TRABALLADORA

 

ANUNCIO!!!

 

PODCAST DO CURSO 2021/2022

 

4º Programa: Programa de Reli.

 

3º Programa: Radiociencia2.

 

2º Programa: Radiociencia 1.

 

PODCAST DO CURSO 2020/2021

 

1º Programa: Día da Paz

 

 

 

ENTROIDO

Estimadas familias:

 

Aínda que este ano non podemos facer unha festa de Entroido como nos anos anteriores, non queremos quedarnos sen facer os “Mandatos do Trasno”, así que ahí van:

 

LUNS: Para que comece a festa, poñede algo divertido na testa.

MARTES: Para que o Entroido continúe con bo pé, dous zapatos distintos has de poñer.

MÉRCORES: Unha camiseta dalguén maior deberás vestir para no Entroido non parar de rir.

XOVES: Se o queredes pasar aínda mellor, tedes que traer xunto todo o anterior.

VENRES: Para non liarvos máis a cabeza, hoxe vide como vos apeteza. 

 

Asemade, o venres daremos os seguintes premios:

-Ao disfraz máis bonito.

-Ao disfraz máis ecolóxico.

-Ao disfraz máis orixinal.

 

Saúdos!!

Distribuir contido


by Dr. Radut