Axudas para material escolar 2015/2016

Acaba de se publicar a orde do 25 de Agosto de 2015 pola que se convocan axudas para a adquisición de material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial en centros sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2015/16 (clica aquí para vela)

Está destinada ao alumnado de educación primaria cunha renda per cápita igual ou inferior a 5400 €, no exercicio 2013.

O procedemento é moi similar ao das axudas para a adquisición de libros de texto, polo que hai que cubrir un impreso (que podedes recoller no centro ou descargar na ligazón á orde que está máis arriba) co que se xerará un vale de 50 que poderedes canxear nas librerías únicamente por material escolar: libretas, cores, diccionarios, bolígrafos, carpetas...

O prazo de solicitude é dende o 2 de Setembro até o 1 de Outubro.

Documentación necesaria:

  • Copia do libro de familia (sempre).
  • Copia dos DNI de todos os membros computables da familia (soamente se non se autoriza a comprobación de datos).
  • Renda do exercicio 2013 (a de ambros proxenitores de ser o caso e soamente se non se autoriza a consulta de datos tributarios).
  • Acreditación de discapacidade do 33% ou superior de ser o caso (calquera membro da familia).
  • Acreditación de violencia de xénero se se dá esa circunstancia.

Prégase que difundades esta información entre aquelas persoas que poidan estar interesadas en facer a solicitude. Aos que non se acheguen polo centro antes do comezo das clases, enviaráselles a información a través dos alumnos/as.

Inicio do curso 2013/2014

 

FELIZ INICIO DE CURSO PARA TOD@S !!!

Os mestres xa estamos no cole, preparándonos para recibirvos coas enerxías renovadas, aínda que as clases se reanudarán o vindeiro mércores 11 de Setembro, no horario habitual.

Antes desa data, ante calquera dúbida que vos poida xurdir, atenderémosvos con moito gusto en horario de mañá.

Vacacións Semana Santa

Recordamos que retomaremos as clases o vindeiro martes 2 de abril. Felices vacacións a todos e todas.

COMEZO DO CURSO 2012/2013

Infórmase a todos os pais e nais do alumnado matriculado no CEIP DA BARQUEIRA que as clases do próximo curso escolar darán comezo o mércores 12 de setembro.

Distribuir contido