Welcome teacher Linda!

 

A teacher Linda chegou dende Florida en Estados Unidos para ensinarnos English e moitas cousas sobre a súa cultura! Thank you Linda, nice to meet you!

 

SAÍDA 3º PRIMARIA A CORREOS

O alumnado de 3º escribiu unha carta aos seus avós ou avoas. Cheos de ilusión, o luns pasado acudiron á oficina de correos máis chegada ao colexio para botar as cartas no buzón.

EMOCIOMARTES: VOCABULARIO EMOCIONAL

O noso alumnado ten cada vez un mellor coñecemento do vocabulario emocional de cara a traballar a conciencia emocional. Se somos capaces de por nome as nosas emocións e sentimientos, poderemos mellor XESTIONAR estas.

 

En educación infantil traballaron a identificación das emocións no corpo, na expresión da cara con diferentes xogos e dinámicas.

 

En educación primaria realizamos as dinámicas da Noria Emocional,  cos coñecementos básicos e por niveis dos conceptos emocionais. O xogo das estatuas emocionais, o salto á Piscina Emocional agrupando os distintos sentimientos nas catro emocións  básicas. Traballo en equipo para asociar diferentes situacións coa emoción e sentimento que reflicte, etc.

 

Tamén continuamos plasmando estes conceptos na Libreta de ferramentas emocionais que están a elaborar.

  

EMOCIOMARTES: COÑECEMENTO INTERPERSOAL E COHESIÓN GRUPAL

Iniciamos este novo curso  22-23 como Aprendices Emocionais, este mes de setembro traballamos o autocoñecemento, o intercoñecemento e a cohesión do grupo.

 

Cada neno/a completa  unha ESTRELA respondendo a unha serie de preguntas  sobre os seus gustos, emocións,etc.. Na  aula realizamos  unha dinámica  na que presentamos a nosa estrella.aos nosos compañeiros.Ao rematar colocamos as estrellas no Emorrecuncho, será o Universo da clase.

 

Para favorecer a cohesión, despóis das medidas de alonxamento pola pandemia, realizamos unha sesión de ABRAZOTERAPIA.

  

Plan Dixital do Ceip Balaídos

Aquí podedes consultar o Plan dixital do noso centro. Xorde coma resposta á realidade social resultante do uso xeneralizado das tecnoloxías de información e comunicación en múltiples aspectos da vida cotiá. Busca adoitar un enfoque cara unha comprensión integral do impacto persoal e social da tecnoloxía e unha reflexión ética acerca da relación entre tecnoloxías, persoas, economía e medio ambiente. Pretende acadar a transformación dixital que inclúa unha visión da competencia dixital máis moderna e ampla, acorde coas recomendacións europeas relativas ás competencias clave para a aprendizaxe permanente. (Pulsade aquí para acceder a el)

LISTA DE MATERIAL 4º PRIMARIA

Lista de materiais para as clases de 4º de primaria

 

 

Festa de fin de curso 21-22

Rematamos un curso máis e celebrámolo cunha gran festa chea de xogos, comida e diversión!! O próximo curso voltaremos con moitas ganas de aprender e divertirnos e achegándonos pouquiño a pouco a normalidade. Feliz verán a todas e todos!

Graduación de 6º de EP.

Acaba o curso e chega o momento das despedidas. O alumnado de 6º de EP, promoción de alumnas e alumnos 2013-2022, dixo adeus ao seu paso polo centro cun acto de graduación moi emotivo e bonito. As rapazas e rapaces prepararon diferentes actuacións musicais e recibiron os seus diplomas da man dos seus tutores e tutoras, así como unha grande parte de todos os mestres e mestras que os acompañaron ao longo destes 9 anos.

Aquí podedes ver fotos desta celebración tan especial.

LIBROS DE TEXTO 22-23

LISTADO DOS LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2022-23

 

 

VISITA Á ILLA DE SAN SIMÓN

O alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria visitou, o 7 de xuño, o Museo de Meirande e á Illa de San Simón.

Ao chegar á illa, despois de explicarnos as normas, realizamos unha ruta por ela á vez que nos ían contando a súa historia.

Cando nos xuntamos todos os compañeiros xa estabamos listos para xantar e realizar xogos.

Que ben o pasamos!

 

Distribuir contido

Back to top