Art na natureza, creando con Maruja Mallo
Saímos ao xardín a debuxar a natureza coma fixo a artista Maruja Mallo, e tamén fixemos unhas máscaras moi divertidas inspiradas na súa obra.
Hora de ler coa teacher Linda
Este curso tivemos a gran sorte de contar cunha storyteller excepcional. A profe Linda contounos contos en inglés na hora de ler, dende Infantil ata Primaria, realizando tamén actividades culturais e xogos!
Thank you Linda!
Creando con Leonardo Da Vinci
En Art estivemos aprendendo sobre a obra de Leonardo da Vinci e fixemos as nosas propias versións da súa pintura máis famosa: A Gioconda ou Mona Lisa.
Esperamos que vos gusten!
Visita Erasmus+ a Eslovenia
Os mestres de Educación Física Pablo e Martín viaxaron ata Liubliana, a capital de Eslovenia, onde na escola de Vrtec Trnovo realizaron unha observación das prácticas pedagóxicas, aprendendo sobre novos métodos innovadores de ensinanza e familiarizándose con diferentes técnicas sobre como achegar a contorna da escola á aprendizaxe así como introducir o coñecemento e o coidado do medioambiente nas actividades do día a día. Esta actividade forma parte do noso proxecto europeo "Our eco-school is blooming".
Aprenderon sobre o proxecto deste centro, “Work with a puppet” e a súa metodoloxía, así como a integralo no proceso educacional, observando e participando na aprendizaxe por descubrimento.
Tamén foron de excursión ao castelo da cidade co alumnado. Foi unha experiencia moi valiosa, para repetir no futuro e continuar traballando xuntos!
Orientación na natureza
O pasado mes de febreiro fixemos unha actividade de Orientación no Parque de Castrelos co alumnado de 5º de Primaria co obxectivo de coñecer as especies vexetais do parque e fomentar a práctica de exercicio no exterior.
O alumnado realizou un percorrido polo parque atopando unha serie de balizas nas que había un conxunto de preguntas relacionadas coa flora do parque e o coidado do medio ambiente.
Esta foi a última sesión da unidade didáctica integrada sobre Orientación e Medio Ambiente, relacionada á vez co noso proxecto Erasmus+ “Our eco-school is blooming”. Participaron os mestres de Educación Física, os titores de 5º de Primaria e as mestras de Eslovenia participantes no noso intercambio. Que ben o pasamos!
Vídeo do noso centro
Co motivo das xornadas sobre competencias docentes organizadas pola Consellería de Educación, o noso centro presentou como se traballa a competencia dixital nas diferentes etapas educativas. Neste vídeo podedes ver unha pequena mostra de todo o que se fai día a día nas nosas aulas.
8 M, PON OS LENTES VIOLETAS
I Obradoiro Steam en familia.
As familias tiveron a oportunidade de ver todo o que fixo o alumnnado do centro durante esta segunda avaliación da man dos seus propios fillos e fillas, que foron os que lles mostraron non so o producto final senón que lles ensinaron como facelo, de tal maneira que puideron facer os seus propios debuxos, circuitos, prototipos...
LIMPIÑA, A PRAIA MÁIS BONITIÑA
O proxecto anual deste curso é: "AFORRA ENERXÍA, COIDA A TERRA... ALONGAREMOS A VIDA"
O mar cobre a maior parte do noso planeta. Nel viven miles de especies animais que nos proporcionan alimento. Cando o mar se achega ás nosas costas, gozamos de fermosas praias que nos axudan a descansar e a divertirnos. Pero como todas as cousas valiosas, temos que ser nós os que coidemos este tesouro de sol, auga e area, respectando a súa hixiene para que as praias e o mar estean limpos sempre, e procurando non molestar ás persoas que gozan da praia á vez que nós.
O alumnado de 2º de Educación Primaria, comprometido co medio ambiente, quere contarvos a historia de Limpiña, unha das tantas praias que temos en Galicia e facernos reflexionar.
A técnica audovisual empregada para realizar o seu traballo é o Croma, na que se reemplaza á area que ocupa unha cor por unha imaxe fixa ou unha imaxe en movemento. Técnica moi empregada tanto no cine coma na televisión.
UNHA VIAXE POR LAXEIRO
A Escola Municipal de Música de Vigo colabora co Museo Marco, aproveitando a exposición de Laxeiro, poñendo en práctica un experimento pictórico-musical onde o alumnado poderá disfrutar da pintura de Laxeiro e a música dos profesores da Escola Municipal.
O alumnado de 2º de Educación Primaria aproximouse dun xeito lúdico, con actividades diferentes, ao concerto que escoitaron e decatáronse dos xeitos de expresión artística compartidas nas dúas disciplinas. Responderon tamén as seguintes cuestións:
- Soa un cadro?
- Podes ver a música?
- Como soan as cores?
- Que formas teñen os sons?
Deixamos unha pequena mostra da gran experiencia vivida:
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- …
- seguinte ›
- última »