Skip to Content

TORNEO DE DATCHBALL

Dende a aula de EDUCACIÓN FÍSICA, o profe JORGE,  acercoulle ó alumnado este deporte, xa iniciado nas nosas aulas o curso pasado, o  DATCHBALL .

Traducido ó noso idioma como "balón prisioneiro",trátase dun deporte de colaboración e oposición disputado nunha cancha dividida. O obxectivo principal é eliminar  os xogadores  do equipo contrario lanzando pelotas e tocándolles con estas antes de que estes rivais consigan o mesmo obxectivo. É unha actividade física que axuda a fomentar o traballo en equipo .

E, para darlle máis emoción, organizou un torneo durante os recreos. 

Aquí quedan algunhas imaxes da xornada final que deixan ver a implicación e a boa acollida que tivo entre o noso alumnado.

 

GRACIÑAS PROFE!!!!

INTERCAMBIO ESCOLAR 3º CICLO DE PRIMARIA

O alumnado de 5º e 6º estivo preparando coas mestras de inglés, María Estrada e Toa Rodríguez unhas postais de Nadal que foron enviadas a Polonia, Eslovaquia, Grecia e Alemaña.

Esta é unha das actividades que se inclúen nos proxectos que se están realizando en 5º e 6º de primaria en conxunto cos países citados arriba. O proxecto realízase a través de ETWINNING (plataforma europea para realizar proxectos entre centros). 

En 5º: The Stories that Connect Us (Alemaña e Polonia)

En 6º: Learning About Us With Creativity (Eslovaquia e Grecia).

XORNADA DE TÍTERES. LÚA QUERE VIAXAR A MARTE

Nin a choiva caida durante toda a mañá nos impediu acercarnos toda a E.Primaria esta mañá ata o Centro Cultural para gozar desta obra de títeres a cargo da Xanela do Maxín.

Tedes toda a información do acontecido no blog de Dinamización da Lingua.

https://delerianominho.blogspot.com/2023/11/lua-quere-viaxar-marte.html

CHARLA SOBRE VIOLENCIA DE XÉNERO. GARDA CIVIL

Enmarcada no Plan director para a convivencia e mellora da seguridade nos Centros educativos e o seu entorno e impartida pola Garda Civil, o alumnado de 5º e 6º de primaria recibiu hoxe unha interesante e moi necesaria charla sobre esta lacra que é a violencia de xénero.

No tempo de exposición, falounos destes temas:

Falamos de traballar a igualdade desde a infancia, de roles e estereotipos, de igualdade e diversidade. Resumiunos como foi a conquista dos dereitos da muller en España. Explicounos os tipos de violencia de xénero: física, psicolóxica, sexual, económica,social, patrialcal, vicaria.

Quixo deixar claro que o amor non doe porque debe ser: respecto, tratarse ben, confianza, liberdade de expresión, recoñecer erros, non ter ciumes...

Rematamos a charla recordando varias cousas...

Recordounos tamén a importancia das denuncias: Chamar por teléfono ao 062, número da Garda Civil, chamando ós números 112 ou 016. Terase axuda inmediata.

Dende o Centro agradecemos á Garda Civil estas charlas que axudan na formación integral das nosas nenas e nenos.

BLOG DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA

Asistimos ó nacemento dun novo blog !!! Permanecerá anclado nesta web para que poidades seguir as súas publicacións. 

 O Equipo de dinamización da lingua comunica o seguinte:

 

ESTAMOS DE ESTREA!

Alédanos anunciar que o Equipo de Dinamización da Lingua Galega ten novo BLOG!

Este blog será unha canle de comunicación con toda a comunidade educativa para contarvos o que estamos facendo, pedir colaboración, e sobre todo, impulsar o uso do galego.

 Gardade esta dirección e permanecede atentos e atentas ás actividades que estamos preparando para este curso.

 Agardamos que vos gusten e que colaboredes con nós.
 
Estamos en contacto!
 

 Saúdos e apertas :)

25 N-2023. CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

25 N celébrase o DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO para denunciar e erradicar a violencia que sofren as mulleres en todo o mundo. Dende o Contrato programa Iguála-t organizaron actividades moi variadas:

As nosas portas tinguíronse de violeta para lembrar e rexeitar a lacra da violencia machista na nosa sociedade, analizándoa desde un punto de vista educativo, xa que as nosas e os nosos peques son o futuro da sociedade e teñen que saber, non só o que hai, senón tamén como facer fronte a isto e poñerlle freo desde as súas accións. Para iso, fixemos varias actividades:

O luns e o martes o alumnado de E.Infantil e primeiro ciclo de primaria asistiron a un “Contacontos pola Igualdade” na nosa biblio da man de Bea Campos, de “Migallas teatro”. Este contacontos forma parte das actividades da ANPA (https://anpaasangrina.com/) grazas á subvención recibida  de igualdade.

Na entrada de “Biblio Pepiño”, ademáis, tivemos expostos un montón de recursos bibliográficos para que as mestras e mestres traballasen estes contidos desde as aulas a través dos contos e tamén para visibilizar entre o alumnado. Algúns títulos imprescindibles como “Artur e Clementina”, “Rosa Caramelo”, “¿Hay algo más importante que ser una princesa rosa?”, “Cuando las niñas vuelan alto”, etc.

 Tedes toda a información destas actividades no blog da Biblio:

https://bibliopepinho.blogspot.com/2023/11/dia-mundial-contra-violencia-de-xenero.html

Na bilioteca, durante o xoves e o venres, cada grupo baixou a analizar, poñer en valor e ofrecer solucións cotiás á carga mental das mulleres nos fogares. Por sorte, as tarefas diarias cada vez son máis repartidas entre homes e mulleres, pero a carga mental, todavía non. Por iso, con esta actividade reivindicamos a importancia de planificar, pensar e sobrepensar, e desas tarefas diarias “invisibles” cuxa responsabilidade debemos compartir no fogar e cuxa carga non debe recaer só nas figuras femininas (organizar as comidas diarias, facer a lista da compra, organizar as citas médicas, lembrarse dos regalos e celebracións de todos os aniversarios, responsabilizarse dos grupos de nais e pais do cole, falar co profesorado, revisar as mochilas...).

Por suposto, tamén realizamos tarefas artísticas para reivindicar todo isto desde o ámbito visual: as peques e os peques de Infantil e primeiro ciclo coas súas mulleres bravas berrando pola igualidade e a fin da violencia machista, e o alumnado de segundo e terceiro ciclo coas súas portas violetas con mensaxes en contra deste tipo de violencia. Ademáis, coa profe Música, Virginia traballamos a canción “A porta violeta”, de Rozalén, profundizando na letra e preparando unha coreografía moi expresiva.

https://youtu.be/q4oDFPakVBg?si=_uJ3TpKhdhYDXsnd

   Para finalizar, o alumnado maior do cole recibiu pulseiras co lema “A violencia non ten idade” e un teléfono de contacto da fundación ANAR cun teléfono de axuda, apoio e asesoramento.  

 

Esta loita facémola entre toda a comunidade educativa, educando aos nosos nenos e as nosas nenas en igualdade, educando persoas, non xéneros nin roles. Lembra que si sospeitas ou es vítima de violencia machista non debes quedar calada, pide axuda canto antes, non pases nin unha, desde o cole podemos apoiarte.

 

 

 Neste vídeo podedes ver un resumo dalgunhas destas actividades. 

 

MAGOSTO 2023. CEIP A SANGRIÑA

Cun pouco de retraso polas chuvias das semanas pasadas, organizamos a nosa xornada anual de magosto.

Comezou a mañá cunha rolda de xogos populares previamente preparados no patio.

En E. Primaria, formáronse equipos onde todo o alumnado se mesturou...pequechos e máis maiores compartindo e axudándose.

En E.Infantil, levouse a cabo unha actividade de rastreo buscando castañas, actividade que desfrutaron moitooo.

Despois de tanto xogo, chegou a hora de degustar as castañas...mmmmm riquísimas!!!!

Logo...pintado de caras como ben sendo tradición!!! Que ben o pasaron.

Aquí queda o resumo do noso magosto 2023:

 

 Agradecemento a todo o profesorado, coma sempre implicadxs para que todo saira ben, en especial ó Equipo de actividades extraescolares que organizaron a festiña. 

Agradecemento superespecial ás nosas asadoras...as profes Ana Seves, María Estrada, Marta e María que fixeron un superesforzo coa fogueira e o asado das castañas. 

SANTA ICÍA. DÍA INTERNACIONAL DA MÚSICA

A música celébrase en todo o mundo o 22 de novembro para festexar a toda a xente que dalgunha ou doutra forma se relacióna coa música.

Ademais de homenaxear a Santa Icía, o 22 de novembro tamén ocorreron outros feitos vinculados á musica que merecen ser destacados: 1901: nace o compositor español Joaquín Rodrigo (1901-1999), autor do Concerto de Aranxuez.

A profe Virginia de música quixo unirse á esta celebración invintando ó alumnado de 3º a 6º a traer os seus instrumentos e tocar para as súas compañeiras e compañeiros.

Aquí deixamos un pequeno resumo: 

IMAXES DO 20 N.DEREITOS DA INFANCIA. CEIP A SANGRIÑA

Os Dereitos da Infancia son universais, indivisibles, interdependentes, e o cumprimento de todos eles é responsabilidade dos gobernos,  e da sociedade en xeral.

Deixamos as imaxes dun día importante para o noso alumnado... Por clases, baixamos a facer unha foto grupal cun cartel e un obxecto referido a cada dereito.

DÍA UNIVERSAL DOS DEREITOS DA INFANCIA. 20N

20 N é un día moi especial para todas as nenas e nenos do mundo.

Ese día no ano 1959 aprobouse a Declaración dos dereitos das nenas e dos nenos por unanimidade por todos os paises da ONU.

É un día que dedicamos a reflexionar sobre os dereitos de nenas e nenos e celebralos, imaxinando novas formas de facelos realidade no mundo e na nosa contorna máis próxima.

 

Equipo de Convivencia do Centro deixa estes enlaces para traballar co alumnado :

PARA ED.INFANTIL: 

PARA 1º e 2º CICLO DE PRIMARIA: 

PARA 3º CICLO DE PRIMARIA: 

Imaxinades que se cumpriran todos eses dereitos para todas as nenas e nenos do mundo???

Distribuir contido


by Dr. Radut