Skip to Content

E. PRIMARIA

EXCURSIÓN FIN DE ETAPA. 6º PRIMARIA.MANZANEDA .XUÑO 2024

O alumnado de 6º de E.Primaria remata a súa etapa. Parece que foi onte cando a maior parte deles chegaban ó Centro con 3 aniños...Pois xa remataron 6º!!! Para despedilos, organizouse unha excursión na estación invernal de Manzaneda (Ourense).

Foron tres días moi intensos e cargados de actividades variadas: tiro con arco, rocódromo, parque multiaventuras, piscina, velada e...discoteca!!!

Todo moi ben organizado para que puidesen desfrutar.

Agradecemento especial á Tania e Jorge, profes acompañantes. E felicitacións a todo o alumnado por un comportamento impecable.

Aquí queda unha pequena reseña de imaxes:

SAÍDA FIN CURSO. E.PRIMARIA. HUMOR AMARILLO.13-6-2024

O alumnado de E. Primaria, de 1º a 5º desfrutou dunha xornada de xogos no parque de HUMOR AMARILLO en Vigo.

Ó chegar cada grupo tiña un monitor ou monitora asignado. Guiounos polas diferentes actividades, que tiñan un tempo establecido, había percorrido pola tela de araña, salto na cama elástica esquivando uns rolos que  xiraban, tirar da corda, carreira de dragóns, loita sobre o tronco, inchables, loitadores de sumo, fútbol con balons gigantes...

Para repoñer forzas despois de tanto movemento, comeron alí e regresaron ó Centro cansados/as  pero felices pola experiencia vivida.

Unha magnífica xornada da que deixamos aquí algunhas imaxes:

 

OBRADOIRO:QUE LLE PIDES Ó CONCELLO PARA A VILA?

Organizado polo Concello da Guarda para todo o alumnado de 2º de primaria da Vila, este obradoiro dividiuse en dúas partes:

Primeiro un debate en clase respondiendo á pregunta: que lle pediriades ó Concello para a vosa vila? Reflexionando sobre aspectos educativos, sociais, medioambientais ou de infraestructuras.

Posteriormente e xa  nas dependencias do Concello,  fixeron un obradoiro no que converteron as  ideas que foran saíndo nas aulas nun modelo creativo en 3 dimensions empregando estructuras de ensamblaxe de papel.

Tiveron a visita do alcalde e os concelleiros e o alumnado transladoulles as súas peticions: arraxar a alameda e porlle unha tirolina, pistas deportivas, un carril bici ata Camposancos, pistas deportivas e ata un zoo e un parque de atracciones… Por pedir que non sexa!!!

Escolleron 5 propostas, 5 equipos e mans a obra!!!Sobre papel continuo, nun mapa da Guarda foron buscando e explicando os emprazamentos para as súas propostas.

 

INTERESANTE EXPERIENCIA!!! GRACIÑAS!!

CONCERTO ANUAL CONSERVATORIO DA GUARDA

Como ven sendo habitual o Conservatorio da Guarda...

https://www.edu.xunta.gal/centros/cmuselementalaguarda/

...ofreceu ó alumnado de primaria un concerto co obxectivo de presentarlles os instrumentos que se estudan no Centro e o profesorado que os imparte.

Foron presentándonos: guitarra, violín, piano, gaita, vento/madeira, vento/ metal. A maioría das nenas e nenos que tocaron foi alumnado do noso Centro que estuda no Conservatorio.

Remataron o acto cunha pequena actuación dos instrumentos de vento. 

O noso alumnado desfrutou moitooo das actuacións. cantando e dando palmas en moitas das actuacións.

Aquí o veredes: 

GRACIÑAS POR ESTA EXPERIENCIA!!!

XORNADA DE CICLISMO

Nova actividade organizada polo mestre de E.Física, Jorge, dentro do programa escolar Xogade.

Nesta ocasión foi o alumnado de 4º de primaria os que gozaron no patio dunha sesión de ciclismo.

Aquí deixamos un resumo de como transcurriu a xornada.

Graciñas por organizalo profe Jorge!!!

ESPECTÁCULO "CANTA CONNOSCO" MIGALLAS TEATRO

O alumnado de 1º ciclo, 1º e 2º de primaria acompañado das súas mestras e mestres, asistiu en Vigo, na sala Ártika a un espectáculo de cancións teatralizadas.

Correu a cargo de MIGALLAS TEATRO

Combinando cancións con accións dramáticas, fixeron desfrutar enormemente ás nosas nenas e nenos que, logo dunha paradiña para a merenda de media mañá, regresaron ó Centro.

XORNADA DEPORTIVA DE CONVIVENCIA 4º/5º PRIMARIA

XOGADE é o acrónimo de XOgos GAlegos DEportivos en idade escolar.

 Un programa deseñado pola Xunta de Galicia co que se pretende achegarlle á rapazada  a práctica do deporte.

O noso Centro participa nel dende hai varios cursos.

Nesta ocasión,organizado polo profe JORGE de E. Física, hoxe no Ifevi celebrouse unha xornada de convivencia de atletismo para 4° de primaria e voleibol para 5° de primaria.

Participaron diferentes centros educativos da contorna do Baixo Miño, Gondomar, Nigrán e Baiona. Ali puideron gozar dunha xornada de deporte non competitivo da que desfrutaron enormemente.

Aquí deixamos as imaxes: 

CHARLA:O BOSQUE ATLÁNTICO

O 21 de marzo é o día internacional dos bosques, por iso, dende o Concello da Guarda, organizouse para o alumnado de 6º unha charla:

Foi impartida polo educador ambiental Marcos Guisandes para que as rapazas e os rapaces puideran coñecer as principais características deste tipo de bosque e as especies arbóreas que medran nel...Abeleira, Abruñeiro,  Bidueiro, Capudre, Carballo, Castiñeiro, Cereixeira, Érbedo, Espiño branco, Freixo, Hedra, Loureiro, Maceira brava, Oliveira, Pereira brava, Pradairo, Sabugueiro, Salgueiro, Sanguiño, Sobreira, Teixo .

Para rematar a xornada o alumnado puido  aprender xogando os nomes das árbores en galego, tendo máis adiante unha excursión ao Campus Lagoas-Marcosende en Vigo, onde poderán ver e tocar exemplares das vintecinco árbores autóctonas.

MOI BOA EXPERIENCIA. GRACIÑAS!!!

XORNADAS INICIACIÓN Ó ATLETISMO. 4º PRIMARIA

XOGADE é o acrónimo de XOgos GAlegos DEportivos en idade escolar. Un programa deseñado pola Xunta de Galicia co que se pretende achegarlle á rapazada  a práctica do deporte.

Abrangue múltiples disciplinas e, no noso caso, organizado polo profe Jorge de E.Física, o alumnado de 4º de primaria gozou no patio dunhas xornadas de iniciación ó atletismo.

 

 

 

Fomentar o deporte nos máis novos e novas garántenos contar con bos deportistas e atletas no día de mañá, e o que é máis importante, consolidar eses hábitos que mellorarán a súa  calidade de vida.

Ademáis gozaron moito da actividade como se pode comprobar nas imaxes:

CHARLA:PROTECCIÓN DA NATUREZA

Enmarcada no Plan director para a convivencia e mellora da seguridade nos Centros educativos e o seu entorno e impartida pola Garda Civil, o alumnado de 5º e 6º de primaria recibiu hoxe a derradeira charla por este curso dentro deste plan.

Esta vez, faláronlles do Seprona, o Servizo de Protección da Natureza ,unha unidade da Garda Civil,encargada da conservación da natureza e os recursos hidráulicos, así como da riqueza cinexética, piscícola, forestal. Para rematar, visionaron varios vídeos dos traballos que realizan estes profesionais.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut