Skip to Content

BENVIDAS/OS Á WEB DO CEIP A SANGRIÑA       

Actividades

XORNADA DE TÍTERES. LÚA QUERE VIAXAR A MARTE

Nin a choiva caida durante toda a mañá nos impediu acercarnos toda a E.Primaria esta mañá ata o Centro Cultural para gozar desta obra de títeres a cargo da Xanela do Maxín.

Tedes toda a información do acontecido no blog de Dinamización da Lingua.

https://delerianominho.blogspot.com/2023/11/lua-quere-viaxar-marte.html

BLOG DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA

Asistimos ó nacemento dun novo blog !!! Permanecerá anclado nesta web para que poidades seguir as súas publicacións. 

 O Equipo de dinamización da lingua comunica o seguinte:

 

ESTAMOS DE ESTREA!

Alédanos anunciar que o Equipo de Dinamización da Lingua Galega ten novo BLOG!

Este blog será unha canle de comunicación con toda a comunidade educativa para contarvos o que estamos facendo, pedir colaboración, e sobre todo, impulsar o uso do galego.

 Gardade esta dirección e permanecede atentos e atentas ás actividades que estamos preparando para este curso.

 Agardamos que vos gusten e que colaboredes con nós.
 
Estamos en contacto!
 

 Saúdos e apertas :)

LETRAS GALEGAS 2023

O Equipo de dinamización da Lingua en coordinación coa profe Virginia de música preparou unhas fermosas actividades para homenaxear a FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO, figura á que se lle adica este ano o día das Letras Galegas.

Así, en colaboración, os tres Centros públicos da Vila, Sinde, Solanas e Sangriña, unímonos e fixemos uns marcarpáxinas que circularán por todos os rincóns da Guarda... Cada un ten un CÓDIGO QR dende o que se accederá a un audio...Ollo que NON todos son iguais!!!

Así baleiros non din nada, peero así cheiños de vida e cor, feitos polas nosas nenas e nenos...chulada!!!!

  

E, aquí van os AUDIOS que atoparedes ó escanear o código QR, coordinados pola profe Virginia:

1) RAP do alunmado de 6º: 

2) PODCAST do alumnado de 3º e 4º a través de Informática: 

 Para rematar, imaxes do fermoso mural que enche de cor e galeguidade a entrada do Centro:

MIL PRIMAVERAS MÁIS PARA O GALEGO, A NOSA FERMOSA LINGUA!!!

LETRAS GALEGAS 2023. FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO

17 de maio é a festa da lingua galega, unha celebración institucionalizada pola Real Academia Galega (RAG) que chega á súa 60 edición rendéndolle homenaxe este ano 2023 ó tradutor, novelista, historiador, xornalista, ensaísta e editor Francisco Fernández del Riego.

Dende o SEMINARIO GALÁN, como todos os anos,comparten o material que foron creando.

Antes de empezar, un pouco de historia...para saber a razón desta celebración. Descubriralo aquí:

http://seminariogalan.org/inicio/dia

E agora, entramos en materia...

BREVE BIOGRAFÍA: EN VÍDEO/EN PAPEL

 http://seminariogalan.org/inicio/2023

FOTOGRAFÍAS:

http://seminariogalan.org/inicio/2023/fotografias

OBRAS (CLICA EN CADA PORTADA E ABRIRASE)

http://seminariogalan.org/inicio/2023/obras

ACTIVIDADES: EN LIÑA/EN PAPEL

http://seminariogalan.org/inicio/2023/actividades

http://seminariogalan.org/inicio/2023/documentos

E, que vos parece se rematamos cantando como boas galegas e galegos:

AI!!! HO!!! GALEGO!!!

23 FEBREIRO. DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

Para celebrar o 23 DE FEBREIROdía de ROSALÍA DE CASTRO, o alumnado do CEIP A Sangriña deléitanos con este videoclip da marabillosa cover (versión ) que MJ PÉREZ, cantautora galega, fixo da canción da cantante Rosalía "Malamente", á que lle puxo a letra da poesía da nosa Rosalía de Castro. 

      Castellanos de Castilla

Esta é a poesía:

 http://bitaculas.as-pg.gal/sondepoetas/2020/07/03/castellanos-de-castilla-rosalia-de-castro/

Este é o vídeo:

 

O noso alumnado encheu o cole de debuxos da nosa Rosalía:

TOUPICIENCIA SHOW

Organizado polo Equipo de Dinamización da Lingua e coa colaboración da Biblioteca Escolar na conmemoración do mes da Ciencia na Biblioteca Escolar chegou á Sangriña:



A Xanela do Maxín presentou este espectáculo de monicreques do que puideron gozar o alumnado de 2º,3º e 4º no que se fomenta e promove a divulgación científica en galego.

Todo preparado para recibir ó alumnado:

 

Da man de Toupiña e do seu axudante Protonio nenas e nenos viviron unha xornada científica en galego con diversos experimentos...

 

Temas de presión, electricidade...foron facendo hipóteses e probando segundo o método científico para finalmente chegar ó resultado preciso.

Canto lles prestou!!!

Graciñas a organizadores e á Xanela do Maxín!!!

A ORIXE DA NOSA LINGUA GUAPA

A RAG (Real Academia Galega) estrea esta curta de ficción coa que pretende achegar ós máis cativos/as a lingua galega dun xeito ameno e diferente. Nesta ocasión explícanos o proceso de formación da nosa lingua galega.

Baseada nunha idea orixinal da escritora FINA CASALDERREY e a mestra-meiga Fátima R. Ruibal que protagoniza o guión acompañada do alumnado do CPI St. Lucía de Moraña, centro no que exerceu como mestra Fina Caslderrey.

Aquí deixamos o vídeo:

  

E a canción: LINGUA GUAPA: 

PALABRAS QUE MOITO FORON E DIXERON E AGORA, NON DIN NIN SON

Imaxina ter unha linguaxe secreta que só ti e os teus amigos e amigas coñezan. Pasarse mensaxes que sexan incomprensibles para quen os poida interceptar ou falar sen que os demais saiban o que dis... Interesante eh?

Ter a túa propia linguaxe secreta é unha forma divertida de compartir información.

Dende Dinamización da Lingua, intentouse visibilizar a recollida de palabras usadas na zona, que se levou a cabo durante varios cursos.

Coa axuda dalgúns compañeiros de 6º de Primaria (Anxo, Rocío, Gabriel e Sokhnamay) a través deste guión gravado en formato podcast, descubriremos que este xeito de comunicarse non é nada novo na nosa zona. 

 

 

MINI CONCERTO POPULAR CON MOTIVO DAS LETRAS GALEGAS 2022

Había gañas de ver ás nosas nenas e nenos todos xuntxs nunha actuación!!!

Así que...alá fomos, en ringleira enchendo de cor e alegría as rúas da Vila polas que iamos pasando. Colocados de peques a maiores, emprendemos a marcha ata o auditorio de San Bento.Un agradecemento especial ó alumnado de 6º que foron os encargadxs de axudar a baixar e subir á rapazada de 3 e 4 anos, dándolles ánimos, conversa e non soltándoos da man.

Xa coas nenas e nenos colocados nas gradas, atentísimxs ás indicacións da profe Rosa, comezou o concerto: "O cuco cantou", "O gato", "Collín toxos e flores", "Tireiche unha laranxiña", "Pousa, pousa" e "Bailaches Carolina" foron as cantigas populares que cantaron e acompañaron con percusión.

Para que a música resoara alta e clara mestras e mestres acompañaron con instrumentos a actuación. Grazas especiais a Lucía, a nosa pianista, mami dunha alumna do Centro, sempre disposta e atenta.

Moita afluencia de familias desfrutando e fotografando a actuación. Todo un espectáculo de bo facer que lucíu marabilloso!!!! Parabéns!!!

Aquí deixamos unha pequena mostra de fotos e vídeos. 

CELEBRANDO AS LETRAS GALEGAS

Inauguramos a celebración das Letras Galegas con varias actividades.

Dende as aulas chegaron poesías, marcapáxinasuns acrósticos propostos polo Equipo de Dinamización da Lingua , todos os traballiños feitos polo noso alumnado con moita ilusión...

 

E temos unha sorpresiña para as familias que levan tanto tempo, pola pandemia, sen ver xunto a todo o alumnado nunha actuación.

Será o venres 20 no Auditorio de San Bento tal como está anunciado na Web do Concello.

 Dende Dinamización da Lingua propoñen esta actividade en prol da cultura musical popular galega e chamárona:

MINI CONCERTO POPULAR CON MOTIVO DAS LETRAS GALEGAS

Aquí deixamos unha pequena mostra en imaxes do ensaio xeral que fixemos no Centro, previo á actuación. Esperamos que veñades a vernos en directo porque...merecerá a pena!!!!Vémonos!!!Guay

Distribuir contido


by Dr. Radut