Skip to Content

NOTICIAS

CHARLA FORMACIÓN EN IGUALDADE. ANPA ATALAIA

A segunda das charlas organizadas pola ANPA ATALAIA https://anpaasangrina.com/ foi o pasado martes 7 de novembro.

O título completo da charla foi:Como lle falo “diso”? Aprendendo a educar ás crianzas en sexualidade .

 Foi impartida por Martina González Veigapsicóloga xeral sanitaria, sexóloga e terapeuta.  Estivo acompañada na introducción da charla por Noelia Moreau, sexóloga e educadora social que fora encargada das charlas que recibiu o alumnado.

 

CHARLAS ENRIQUECEDORAS E BEN INTERESANTES. GRACIÑAS!!!

2ª CHARLA FORMACIÓN EN IGUALDADE, ANPA ATALAIA

Martina González Veigapsicóloga xeral sanitaria, sexóloga e terapeuta ofrécenos esta interesante e moi necesaria charla que, de seguro, axudará ás familias a enfrentarse a este tema.

Como lle falo “diso”? Aprendendo a educar ás crianzas en sexualidade.

 MARTES 7 de novembro ás 16.30 na Biblioteca do Centro.

Asistencia libre ata completar aforo. Recordade que haberá servizo de  “canguro” para aquelas familias que acodan cos nenos ou nenas.  

SEGURIDADE NAS REDES

Vivimos nun mundo conectado. O noso día a día é cada vez máis dixital e a tecnoloxía forma parte das nosas vidas. Miles de dispositivos conéctase a internet a diario aportando un mundo cheo de posibilidades pero tamén de riscos.

Buscando axudar a familias e alumnado na necesidade de facer un uso responsable da tecnoloxía,aportamos estas páxinas:

NAVEGA CON RUMBO: https://navegaconrumbo.cpeig.gal/

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia, presenta o Plan Navega con Rumbo polo Ciberespazo. Esta é unha iniciativa encamiñada a que o alumnado dos centros escolares de Galicia, navegue con seguridade..."Non fagas en Internet nada do que non farías na túa vida real".

INCIBE: https://www.incibe.es/menores

 Instituto Nacional de Ciberseguridade. Ofrece servizos de ciberseguridade orientados a fomentar o uso seguro das tecnoloxías por parte dos menores, educadores e familias.

PANTALLAS AMIGAS: https://www.pantallasamigas.net/

Ten como misión a promoción do uso seguro e saudable das TIC, incluído Internet, e o fomento do uso dixital responsable na infancia e a adolescencia.

PROXECTO DE FORMACIÓN EN IGUALDADE. ANPA ATALAIA

Boas novas para o alumnado e as familias do noso Centro!!!.

A Anpa en coodinación co Centro  organiza un programa de charlas para o noso alumnado.Ademáis organizan tamén dous faladoiros para nais, pais e profesorado, que se celebrarán na biblioteca Bibliopepiño, e para os que contaremos con servizo de conciliación ou “canguro”, para aquelas familias que acodan cos nenos ou nenas.

 https://anpaasangrina.com/concesion-da-subvencion-de-igualdade/

Aquí deixamos o programa: 

 GRACIÑAS POR OFERCERNOS ESTA EXPERIENCIA!!!

COMEZAMOS E. INFANTIL!!!

A incorporación dos nenos e nenas de 3 anos á vida escolar debe ser unha experiencia positiva, que os faga sentir que se fan "maiores" de forma divertida.

Os primeiros días de clase son xeralmente duros para os nenos e as nenas. Uns incorpóranse por primeira vez a un centro educativo; outros deixan o seu centro preescolar para ir ao "cole de maiores", e, en calquera caso, despois dun longo período vacacional, cústalles recuperar o ritmo de traballo. ¿A quen non?

Pero cun apoio axeitado, por parte das familias e do profesorado, as xornadas  converteranse pronto nunha diversión continua e as inseguridades, os nervios e os choros desaparecerán sen decatarnos.

De novo, a orientadora, María Masana, propón unhas pautas, que expuxo, acompañada do equipo de apoio, Ana e Carmen  ás familias : 

PASO DE E.PRIMARIA A E. SECUNDARIA

O paso do colexio ó instituto adoita converterse nun momento importantísimo, especialmente cando supón un cambio de ambientes, novos compañeiros e amigos, novxs titorxs e rutinas. Axudar e preparar ó alumnado é fundamental, sobre todo a medida que se achega o cambio.

De novo a orientadora María Masana preparou esta presentación para, acompañada do equipo de apoio Ana e Carmen, presentarlla  ás familias. 

PASO DE E.INFANTIL A PRIMARIA

O paso de E.Infantil a E.Primaria supón un gran cambio para as nenas e nenos e as súas familias. Prodúcense moitos cambios con respecto a rutinas e métodos de aprendizaxe.

Conscientes disto, a orientadora do Centro, María Masana, preparou esta presentación, e, acompañado do profe Jose, da mestra de apoio, Ana e da mestra de A.L, Carmen convocaron ás familias para visionala e comentala.

Aquí a deixamos para que a repasedes se necesitades e lista para as familias que non puideron asistir á charla:

 

 

CHARLA SOBRE IGUALDADE E VIOLENCIA DE XÉNERO

Enmarcada no Plan director para a convivencia e mellora da seguridade nos Centros educativos e o seu entorno e impartida pola Garda Civil Elena Dominguez do posto de Tomiño,  invitamos ás familias do Centro a asistir a esta 2ª charla que promete ser tan interesante coma a anterior.

 

Será o vindeiro MARTES 14 ás 4.30 h na Biblioteca do Centro.

IMAXES DA CHARLA DE CIBERSEGURIDADE

Enmarcado no Plan director para a convivencia e mellora da seguridade nos Centros educativos e o seu entorno e impartida pola Garda Civil Elena Dominguez do posto de Tomiño, as familias do Centro asistiron a esta charla sobre ciberseguridade.

Pola mañá foi o alumnado de 5º e 6º os primeiros que recibiron esta charla. Aquí queda toda a información do que falaron:

http://opedocastro.blogspot.com/2023/01/charla-sobre-ciberseguridade.html

Foi moi interesante. Graciñas!!!!

CHARLA SOBRE CIBERSEGURIDADE

 

O vindeiro MARTES 17 ás 4.30 h no Salón de actos do Centro celébrase unha moi interesante charla dirixida a todas as familias do noso alumnado.

Esta charla estará enfocada ás ameazas ós menores de idade e explicarán as responsabilidades das familas con respecto a estes temas:

* GROOMING: Contactos con menores a través da rede. Xogos de Roll

* SEXTING: Envío de imaxes ou vídeos a través de móbil ou internet.

* CIBERBULING: Acoso virtual: redes sociais, xogos, móbil...

Distribuir contido


by Dr. Radut