Skip to Content

BENVIDOS Á WEB DO CEIP A SANGRIÑA       

AGASALLAMOS ÁS NAIS

Os alumnos/as de 5 anos estivemos traballando en torno a figura da nai e as súas diferentes facetas e vertentes. Eiquí vos deixamos unha pequena mostra de todo o que para nos pode ser unha nai.

Agardamos que vos guste!

 

DÍA MUNDIAL CONTRA O ACOSO ESCOLAR

O Acoso Escolar é un fenómeno que afecta a vida escolar, familiar e social das vítimas, é por isto que é moi importante a implicación de toda a comunidade educativa e da sociedade en xeral.

A loita contra él pasa polo tratamento de tódalas partes implicadas, vítima, acosador/a e observadores/as. pero sobretodo por unha combinación de 

 CONCIENCIACIÓN, PREVENCIÓN, RESPONSABILIDADE E IMPLICACIÓN.
 

Aquí vos deixamos algúns recursos para reflexionar:

 

"Orellas de Bolboreta" fai fincapé na mellora da autoestima da victima

 

"L.O.U." nos fai pensar na outra cara da moeda, e nos presenta a perspectiva dun acosador moi pouco empático.

 

Para rematar vos deixamos un rap especialmente adicado a tódolos observadores...

GAÑADORES CONCURSO

E VELAQUÍ TEDES OS GAÑADORES DO CONCURSO DE CARTEIS POLO DÍA DO LIBRO.

 

Na categoría de Educación Infantil temos a Laura (5º anos)

Na categoría de Educación Primaria 1º a 3º temos a Héctor (2ºA)

Na categoría de Educación Primaria 4º a 6º temos a Alicia (6º)

NORABOA, SODOS UNS ARTISTAZOS!

 

Pero tamén temos que dar as grazas a tooooooodos e tooooooodas os que participaron neste concurso, que foi a gran maioría do alumnado do cole. 

Estamos moi contentos de que vos animárades a participar!

 

FELIZ DÍA DO LIBRO

 

 

OS NENOS DE 4 ANOS NOS CONTAN DOUS CONTOS NO DÍA DO LIBRO!!

As nenas e os nenos de 4 anos xa levan dúas semanas preparando algo especial para O día do libro. Fixeron un traballo sobre  dous fermosos contos: "El zapatero y los duentes" e "Los músicos de Bremen": o memorizaron, escribiron os nomes das súas personaxes, fixeron murais, marcapáxinas, etc. Pero o que mais traballo nos deu foi memorizar e contalos en alto; pero despois de moitas gravacións e moitas risas, CONSEGUÍMOLO!!! , subide moooito o volumen xa que falan moi baixo e estade mooi atentosl!!. Esperamos que vos guste:

 

 

 

 

XELA ARIAS: VIDA E OBRA

​​O Equipo de Dinamización Lingüística do Colexio San Pío X quere compartir con nós o vídeo elaborado polo alumnado de 5º de Educación Primaria sobre a vida e obra da escritora Xela Arias Castaño. 

 

Para visualízalo poden premer na seguinte ligazón:

Agardamos que este recurso sexa do seu interese.


Con agarimo,

 

O EDLG.

Deixamos voar a nosa creatividade

As nenas e nenos de 1º de E.P.  volveron das vacacións de Semana Santa dispostas/os a  deixarnos abraiadas e, sen dúbida, conseguírono.

Cambiamos de espazo e estivemos debuxando con diferentes recursos as nosas familias. Cada nena/o escolleu como desexaba representala, obtendo creacións moi diversas e enriquecedoras.

 

Foi unha experiencia fermosa!

Titoría 1º de E.P.

DIA MUNDIAL DE CONCIENCIACIÓN SOBRE EL AUTISMO

Se estima que 7 millóns de personas teñen trastorno do espectro autista (TEA) en Europa. En España, máis de 450.000. Para elas, o acceso educación e o emprego non son solo un dereito, senón tamén factores clave para a súa  calidade de vida.   

Para visibilizar as barreiras e oportunidades das personas con autismo os nenos viñeron ao cole  cunha prenda de cor azúl e fixewron unha serie de  actividades  que poderedes ver no seguinte vídeo:

 

GRAZAS POR PARTICIPAR!

I EDICIÓN “DEBATENDO APRENDO” (2º TRIMESTRE)

Neste caso, a segunda edición de “Debatendo aprendo” está protagonizada polo alumnado de 6º Educación Primaria.  

Nela debaten sobre un tema moi importante para a nosa sociedade e que nos permite seguir avanzando cara a igualdade de trato e a non discriminación de lesbianas, gays, transexuais, bisexuais e intersexuais en Galicia. Ó mesmo tempo favorece a visibilidade e integra de forma transversal a diversidade afectivo-sexual no noso cole (artigo 26.2 da Lei 2/2014, do 14 de abril).

Que orgullosas estamos delas e deles!!

 

Sen máis, a desfrutar deste fantástico traballo.

Con agarimo,

 

O EDLG.

2 de abril DÍA MUNDIAL DA CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO

Queridas familias:

 

O 2 de abril conmemórase o DÍA MUNDIAL DE CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO. A Federación Autismo Galicia convidounos a participar nas actividades que propón xunto Autismo España e outras entidades. Nos seguintes enlaces podedes ver en que consiste:

https://diamundialautismo.com/puedo-aprender-puedo-trabajar/

https://www.youtube.com/watch?v=eAeOX0k-H8M

 

O lema é “PODO APRENDER. PODO TRABALLAR” e incide na educación e no emprego.  Estamos encantados de participar, adaptando a proposta ao noso centro, e para iso os mestres e mestras iniciamos a tarefa, a continuación podedes ver o vídeo coa nosa aportación.

 

Queredes participar nesta marabillosa iniciativa? No noso centro imos facelo da seguinte maneira: 

1º Sostén coa man unha ferramenta ou utensilio relacionado con algunha das túas habilidades ou capacidades.

2º Fai unha foto sostendo ou usando a ferramenta (so o brazo, como aparece no vídeo anterior).

Se queredes que publiquemos as vosas fotografías na web do colexio podedes envialas a ceip.asangrinha@gmail.com ata o día 31 de marzo.

 

Ademáis, como podedes ver no enlace de arriba, a federación de autismo propón que as compartades nas vosas redes sociais xunto aos hashtags #DiaMundialAutismo #PuedoAprenderPuedoTrabajar.

O NOSO COLE SÚMASE A INICIATIVA DOS CALCETÍNS DESPARELLADOS

Este ano o noso cole sumouse a inciativa dos "calcetíns desemparellAdos" para conmemorar o día do Síndrome de Down. Esta campaña busca concienciar e apostar pola importancia da inclusión e da diversidade. Aquí vos deixo o vídeo de Cloe a impulsora deste movemento:

 

 

E aquí vos deixo algunhas fotos do día de hoxe no noso cole:

 

 

GRAZAS CLOE, POR ESTA GRAN IDEA!!!!

Distribuir contido


by Dr. Radut