Skip to Content

BENVIDOS Á WEB DO CEIP A SANGRIÑA       

EDUSAUDE

PATIOS ACTIVOS 2.0

Da man do mestre Noel de Educación Física chegan ó Centro neste 2º trimestre novos xogos e actividades para os recreos . Son os...

 As caixas das que gozaron no 1º trimestre, están actualizadas neste con novos xogos populares, novos deportes alternativos...e mooooitas novidades, que o alumnado de 5º B se encargou de presentar ó resto das aulas.

 Aquí queda o vídeo promocional

E aquí están as caixas cheas de sorpresas que o alumnado recibiu encantado:

E...as sorpresas que o profe preparou seguen na 2ª quincena de xaneiro para o alumnado de 4º, 5º e 6º.... Que será? Atentxs!!!  

FANTÁSTICO PROFE NOEL!!! GRACIÑAS!!!

CHARLAS NA AULA. EDUCACIÓN PARA A SAÚDE

Un curso máis, a asociación ÉRGUETE BAIXO MIÑO (https://www.erguete.org/) achega ó noso Centro, dentro dos seus programas educativos, unhas charlas /coloquios encamiñadas a adquirir coñecementos, actitudes, habilidades e destrezas que fomentan o mantemento dunha vida máis saudable. 

 

 

 

 

 Asisten a elas todo o alumnado do Centro co obxectivo da  axuda coa xestión das emocións e, no alumnado máis maior, incidindo tamén na resolución de conflitos.

Son impartidas por M.Jesús Rodriguez a quen, coma sempre, agradecemos a súa implicación e o seu bo facer cas nosas nenas e nenos.

DEPORTE NA ESCOLA: CICLISMO

Organizada polo Servizo provincial de deportes de Pontevedra da Xunta de Galicia dende o programa Xogade, chegou ó Centro esta xincana ciclista da que desfrutaron no patio o alumnado de 4º e 5º

 

 

 

 

Xa a primeira hora foron chegando coas súas bicicletas moi ilusionadxs

 

Co obxectivo de que melloren a súa autonomía na bicicleta colocáronse para iniciar o percorrido...

 

  

Atención!!! Comezamos!!!

 

 

 Canto desfrutaron!!!!

CHARLAS NA AULA: "EDUCACIÓN PARA A SAÚDE"

A asociación ÉRGUETE BAIXO MIÑO (https://www.erguete.org/ofrécemos un curso máis unhas charlas/coloquios encamiñadas a adquirir coñecementos, actitudes, habilidades e destrezas que fomentan o mantemento dunha vida máis saudable.

Son impartidas por M.Jesús Rodriguez a quen agradecemos a implicación e boa disposición co alumnado.

 

 

 

 

Téntase axudar ó alumnado de 3º/4º/5º/6º a mellorar as habilidades sociais e de comunicación, afrontando os conflitos con empatía incrementando a autoestima e o sentido crítico. 

  

DEPORTE NA ESCOLA: PISCINA

Novo deporte, tocoulle o turno á natación na PISCINA MUNICIPAL da Guarda.

Organizado polo mestre de E.Física Gil Álvarez  o alumnado de 5º e 6º leva dende o ano 1998  desfrutando no último trimestre do curso da actividade de NATACIÓN na Piscina Municipal. Este curso retomouse a actividade que a pandemia nos obrigou a ter parada.

 O resto do alumnado do Centro dende Infantil, tamén desfrutou desta actividade na Piscina. Agradecemos a paciencia e disposición das monitoras que estiveron pendentes en todo momento do noso alumnado e a axuda das titoras, titores, mestrxs acompañantes e familias axudantes que estiveron ben cerquiña das nenas e nenos colaborando no necesario.

DEPORTE NA ESCOLA:JUDO

Este mes chegou o turno do Judo. Desfrutaron desta experiencia o alumnado máis pequeno:Infantil, 1º e 2º e o alumnado de 4º primaria no Centro Deportivo Baixo Miño.

As clases foron impartidas por MÓNICA PACHECO, a directora do Centro, axudada dos profesores Alejandro e Saúl.

Moitas grazas por facer desfrutar tanto  ás nosas nenas e nenos e achegarlles un novo deporte.

Nestes vídeos tedes unha pequena mostra dos traballos realizados: 

 

As imaxes tamén dan boa conta do que desfrutaron:

DEPORTE NA ESCOLA : BALONMÁN

 Iniciamos co alumnado outro deporte. 

Balonmán, que tantas alegrías leva dado ó pobo da Guarda!!!

Entrenaron ás nosas nenas e nenos MARISOL, a porteira do equipo, ABEL, 2º entrenador do 1º equipo,FABIÁN LIMA entrenador de cadetes e infantis, CARLA GÓMEZDANIELA MORENO, xogadoras.

 A tod@s eles o noso agradecemento que facemos extensivo ó club Atético Guardés claro!!!!

 

Fixeron xogos de quecemento e pequenos partidiños para ir coñecendo as normas básicas.

 

Esta é unha pequena mostra do que fixeron, o que desfrutaron e aprenderon:

 

DEPORTE NA ESCOLA :REMO

Agora tocoulle o turno ó REMO. E alá foron o alumnado máis maior de 3º,4º,5º e 6º ata as instalacións da ROBALEIRA como a coñecemos no pobo.

Alí fixeron tres tipos de actividades divididos en grupos:

1) Remar en ergómetros  ou máquinas de remo, que se usan para simular a acción do remo de embarcacións co propósito de exercicio ou adestramento.

2) Exercicios que fan eles habitualmente no ximnasio.

3) Entraron no foso, onde tiñan dúas embarcacións de banco fixo que é onde entrenan cando o mar ou o río non están en condicións. Subiron, baixaron e... remaron!!!

Aquí deixamos as imaxes do que desfrutaron e descubriron.

 

Damos as grazas ó club ROBALEIRA e especialmente ó monitor e monitoras que nos fixeron a visita ben agradable e estiveron en todo momento pendentes de nós.

DEPORTE NA ESCOLA:PADEL

Tal como informamos, comezamos este mércores e xoves de entroido o noso contacto co deporte guardés.

O alumnado de 3º e 4º,un día e o de 5º e 6º, ó seguinte día, asistiron ás instalacións de PÁDEL 2x2 ,situada nas Cachadas, A Gándara.

Alí fixeron xogos, pequenos partidos...nunha primeira toma de contacto cun novo deporte para moitas das nosas nenas e nenos.

Estaban alí para ensinarlles e axudarlles Dani, xerente do club, Isabel Lomba e Marcos ós que agradecemos a entrega e a paciencia.

 

 Esta é unha pequena mostra do que fixeron: 

 

 

Como se ve nas imaxes, desfrutaron moito e xa poden dicir que saben algo de Pádel!!

HÁBITOS SAUDABLES: DEPORTE

A vindeira semana, organizado polo Centro, comezaremos unha toma de contacto con diferentes deportes presentes na nosa localidade, A Guarda. O alumnado, dende infantil a 6ª, recibirá unha "masterclass" impartida por diferentes profesionais do deporte guardés coa axuda impagable das mestras e mestres do Centro.

Esta práctica deportiva xunto co traballo feito nas aulas e nas casas sobre a alimentación saúdable con actividades xa propostas desde o Centro...

(https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipasangrinha/node/1155)

procura desenvolver nas nosas nenas e nenos uns hábitos para unha vida saúdable.

E como se vai organizar?

 

-Cada mes o alumnado de diferentes cursos recibirá unha ou dúas sesións, para que tomen contacto cos distintos deportes que concluirán cunha proba final que se realizará no mes de xuño no Centro.

-Os deportes a practicar serán: Padel,Remo, Balonmán, Judo, Natación, Baloncesto, Tenis, Petanca e Atletismo.

Distribuir contido


by Dr. Radut