Skip to Content

INCLUE-T

30 XANEIRO 2024. DÍA ESCOLAR DA PAZ

                      

O 30 de xaneiro, as escolas galegas celebramos cada ano unha xornada a prol da convivencia, o pacifismo e o respecto polos dereitos humanos.

Neste día deféndemos e promovemos  a non-violencia, a tolerancia, o respecto polos Dereitos Humanos, a solidariedade e a Paz. Entendemos que a escola é o lugar onde as nosas nenas e nenos deben medrar en igualdade, respecto e entendemento entre todas as persoas que nela conviven, recibindo unha educación baseada na paz e adquirindo actitudes que os forman como persoas comprometidas.

A proposta do Equipo de convivencia e do Contrato programa Iguála-t  todo o alumnado fixo flores de diferentes modelos e cores para encher con elas un dos símbolos da paz. Tamén fomos decorando o cole con  con traballiños feitos polo noso alumnado. As nenas e nenos de 5 anos fixeron moooitas pombas que foron repartindo clase por clase. E para poñer o broche dourado saímos ó patio, onde un grupiño de alumnas de 3º dixo unha palabras, gardamos un minuto de silenzo pola paz no mundo e cantamos e bailamos  a canción de Mamá Cabra, "Baile da paz"

Aquí deixamos un pequeno resumo: 

QUE TODOS OS DÍAS SEXAN DE PAZ!!!

IMAXES DO DÍA DO AUTISMO

Foron moitas as imaxes que nos chegaron coa lingua ou os beizos azuis...Aquí as tedes:

Para elas, para as persoas con autismo...

"UNHA FELIZ VIAXE POLA VIDA"

 

2 ABRIL, DÍA MUNDIAL DA CONCIENCIACIÓN DO AUTISMO

O 2 de abril celébrase o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo, decretado polas Nacións Unidas co obxectivo de mellorar a calidade de vida tanto da poboación infantil como os adultos que sofren esta discapacidade e así poderlles brindar unha mellor calidade de vida.


Baixo o lema «Unha feliz viaxe pola vida», a campaña do Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo 2022 pon o foco no dereito das persoas con trastorno do espectro do autismo ( TEA) e as súas familias para gozar dunha vida feliz.

A cor azul é un símbolo do autismo. Azul coma o mar, moitas veces calmo, pero en ocasións turbulento, como ocorre con quen presenta esa condición.

Para entendelo mellor podemos visionar este vídeo:

 

Desde o CONTATO PROGRAMA INCLÚE-T proponnos a seguinte actividade:

O venres repartirase entre o alumnado unha piruleta azul

As familias que o desexen faranlles unha foto á súa filla ou fillo coa lingua ou os beizos tinguidos de azul. A imaxe enviarase por mail a esta dirección:

ceip.asangrinha@gmail.com

Tedes toda a fin de semana para envialas.Todas as imaxes serán expostas na Web do Centro.

CALCETÍNS DESPARELLOS PARA VISIBILIZAR A SÍNDROME DE DOWN

O 21 de marzo, data que sinala a chegada da primavera no noso hemisferio, tamén é o día  da poesía e o día mundial da Síndrome de Down. 

E neste día, tal como nos propuxeron desde IGUALA-T enchemos as aulas de calcetíns desparellos, de distintas cores  e estampados coa intención de reivindicar o valor da diversidade,para facer visible que non hai ningunha persoa que sexa idéntica a outra, que todas as persoas somos distintas e posuímos idénticos dereitos, residindo nesa diferenza a maior riqueza dunha sociedade diversa e inclusiva.

Aquí deixamos as imaxes:

Rematamos cuns calcetíns xigantes feitos polas nenas e nenos de 5 anos.

21 MARZO. DÍA MUNDIAL DA SÍNDROME DE DOWN

O día Mundial da Síndrome de Down foi promulgado polas Nacións Unidas no ano 2011 e trata de concienciar sobre este trastorno e de atopar formas de mellorar as súas vidas.

Deixamos aquí un Vídeo animado elaborado pola Federación DOWN GALICIA no que se explica que é a síndrome de Down de maneira sinxela e visual.

Este ano, en Down España quixeron que a campaña para o Día Mundial da Síndrome de Down, que se celebra o vindeiro luns 21 de marzo, sexa toda unha homenaxe de agradecemento aos centos de miles de persoas que, desde o seu anonimato e sen esperar nada a cambio, fan a vida das persoas con síndrome de Down máis fermosa. Por iso, o noso lema para o noso gran día deste ano 2022 é:

                                                        #GraciasPorTanto.

Dende o Centro e, proposto polo CONTRATO PROGRAMA IGUÁLA-T unímonos a esta celebración traendo este luns ven visibles un calcetín de cada cor ou estampado como forma de concienciar e apostar pola importancia da inclusión e da diversidade,  poñendo en valor o concepto da diferenza e dar visibilidade á idea de que ningunha persoa é igual a outra e que, precisamente, esa diferenza é a que nos enriquece como sociedade.

 Queremos, o luns, encher o Centro de calcetíns de todas as cores e estampados. Axúdasnos?

Distribuir contido


by Dr. Radut