Skip to Content

BENVIDOS Á WEB DO CEIP A SANGRIÑA       

VOZ NATURA

INICIAMOS OS TRABALLOS NA HORTA

Chegou o momento de preparar a nosa hortiña!!! Neste momento participa neste proxecto o alumnado de 1º,2º,3º e 4º de primaria.

O curso pasado tivemos moi boa colleita, así que...mans á terra!!!

Nunca mellor dito, comezamos por arrincar as malas herbas, traballo no que as nosas nenas e nenas puxeron todaaa a súa forza e ilusión.

Non o credes...ollade, ollade: 

Logo sacharon

Abonaron co compost que producimos no cole:

 

E...a plantar!!! Brócoli, repolo e coliflor.  Sen esquecerse de regar claro!!

IMAXES DO DÍA DO MEDIOAMBIENTE

Todxs preparadiñxs!!! roupa cómoda, bolsiñas, luvas...e comezaron a caer unhas pinguiñas!!! 

Ohhh que decepción, nada so foron catro gotas que pronto despexaron e non nos impediron desfrutar do paseo, merenda en grupo e á volta, recoller cantos residuos fomos atopando pensando que con esta pequena acción estamos axudando á nai Terra.

Xa de volta no cole, fixemos reconto do recollido.

Aqui deixamos as imaxes. 

DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

 

 

O 5 de xuño,  foi o Día Mundial do Medio Ambiente. Con este día cada ano preténdese sensibilizar á sociedade en todos os temas relacionados co medio ambiente, o coidado da biodiversidade e a súa protección. 

 As familias así como os educadores xogan un importante papel na educación ambiental. Debemos ensinar ós nenos e nenas a importancia de coidar o medio ambiente, pero tamén o respecto polo resto de seres vivos, a reciclaxe e a reutilización de materiais e a redución da contaminación. 

É un día para reflexionar e para que  teñamos conciencia sobre o impacto que temos sobre o planeta e que actuemos en consecuencia con pequenos compromisos e accións que axuden á súa conservación.

Pois ben...aínda que atrasado o alumnado do CEIP A SANGRIÑA quere poñer o seu gran de area pola defensa do planeta.Así que este luns a partires das 10.15 da mañá faremos saídas por diferentes espazos naturais da Vila...montiño, esteiro de Miño e tramo do Camiño de Santiago para facer unha limpeza de residuos que vaiamos atopando.

Precisamos roupa e calzado cómodo, unha mochiliña con auga( botella reutilizable) e merenda con residuos 0. Podemos levar tamén unha pequena bolsiña plástica para a recollida e opcionalmente luvas.

Porque TERRA non temos máis que unha...axudemos a coidala!!!

PLANTACIÓN DA HORTA DA SANGRIÑA

Coa axuda dos Contrato Programa EDUSOSTENIBILIDADE e VOZ NATURA renovamos a nosa horta: uns robustos bancais de madeira, terra e...  un moi bo abono que fomos obtendo no noso composteiro.

Coa nova estación, a primavera, chegou o momento da plantación!!!

Cargados coas plantiñas, a regadeira cheiña de auga e toda a ilusión do mundo, o noso alumnado púxose mans á obra!!!

Plantamos de todo un pouquiño, tendo en conta claro, o espazo do que dispomos.

As nenas e nenos máis pequech@s, plantaron leitugas, cenorias, cebolas e porros. Os máis maiores pementos de Padrón, brócoli,cabaciñas e máis cenorias.

Agora a esperar que medren, regándoas e coidándoas. 

  

BO TRABALLO!!!!

REVITALIZA: APÚNTATE Á COMPOSTAXE

O Centro participou por 2º ano neste programa, organizado dende VOZ NATURA que quere concienciar ó alumnado sobre a problemática dos residuos, para acadar un cambio de actitudes na separación de residuos orgánicos domésticos informando sobre a importancia da compostaxe.

A maioría do alumnado do Centro participou nalgunha das actividades:

1) O ALUMNADO DE INFANTIL E 1º CICLO: a través de contos e xogos...

                                 

2) O RESTO DO ALUMNADO: a través de charlas, adaptadas á súa idade e coloquios e visitas ó composteiro do Centro para os máis maiores.

Achegáronse ó tema do lixo doméstico, identificaron os invertebrados presentes no composteiro, coñeceron os intrusos que fan dano nun composteiro, como os microplásticos e viron o estado do horto escolar e do composteiro:

Aquí deixamos un resumo das imaxes para comprobar todo o que aprenderon e o interesad@s que estiveron:

 

SAÍDA DO ALUMNADO DE 4º E 5º

Hai  25 anos  nacía o programa VOZ NATURA  co obxectivo de fomentar a defensa do medio ambiente de Galicia desde as aulas.O noso Centro leva varios cursos participando nas distintas actividades programadas.

Os colexios guardeses A Sangriña e As Solanas foron os primeiros de Galicia en participar nas accións especiais que conmemoran o 25 aniversario de Voz Natura.

Nesta ocasión, a acción dos centros escolares da Guarda desenvolveuse no primeiro dos cinco tramos do Camiño Portugués da costa que realizarán os colexios durante este curso e que lles levará a pasarse a testemuña duns a outros.

 Comezou o noso tramo de camiño no Centro coa foto de partida do alumnado de 4º e 5º ...

...collendo a testemuña da man da mestra responsable de Voz Natura, Lucía Lima.

 

Na praia retomaron forzas despois da camiñata...

Entregaron a testemuña ó Centro das Solanas:

E rematou a xornada coa fotaza final dos dous Centros xuntos.

 

Para rematar, aquí deixamos o enlace á noticia  no xornal "La voz de Galicia" onde se pode ler ademáis o traballo ambiental desenvolto nos dous cursos anteriores no noso Cole. 

http://www.voznatura.es/articulo-de-actualidad-2309-La-25%C2%AA-edici%C3%B3n-de-Voz-Natura-arranca-con-dos-colegios-de-A-Guarda&idioma=Galego

Distribuir contido


by Dr. Radut