BENVIDOS Á WEB DO CEIP A SANGRIÑA
INICIAMOS OS TRABALLOS NA HORTA
Versión para imprimir
Chegou o momento de preparar a nosa hortiña!!! Neste momento participa neste proxecto o alumnado de 1º,2º,3º e 4º de primaria.
O curso pasado tivemos moi boa colleita, así que...mans á terra!!!
Nunca mellor dito, comezamos por arrincar as malas herbas, traballo no que as nosas nenas e nenas puxeron todaaa a súa forza e ilusión.
Non o credes...ollade, ollade:
Logo sacharon
Abonaron co compost que producimos no cole:
E...a plantar!!! Brócoli, repolo e coliflor. Sen esquecerse de regar claro!!