Skip to Content

SAIDAS

SÁIDA FINAL CURSO 2022/2023. ECOPARQUE MARÍN

Rematamos o curso cunha actividade ben emocionante. Os cursos de 3°, 4°, 5° e 6° fomos ata o Ecoparque de Marín para facer un circuito arbóreo con tirolinas.

Estaban separados por niveis de dificultade e o alumnado tiña que superar o nivel para poder pasar ó seguinte. Algúns dos nosos profes anímáronse a participar tamén. Reto superado a pesares dos nervios!!! Canto desfrutaron!!!

Despois comida no parque e  mercaron xeados ou algunha lambonada.

Tivemos moita sorte, xa que o tempo portouse bastante ben con nós, e só caeron unhas pinguiñas...nada importante.

Logo voltamos ó cole onde xa esperaban as familias.

Isto si que foi unha boa maneira de despedir o curso!

TEATRO EN VIGO. SALA ÁRTIKA

O alumnado de Infantil de 4 e 5 anos e do 1º ciclo de primaria asistiron a unha obra de teatro na sala ÁrtiKa de Vigo.

Alá foron moi emocionados no autobús para ver a obra:

UMMM! UNHA COMEDIA MUSICAL PARA CHUPAR OS DEDOS

Remataron a xornada merendando en Samil e desfrutando do día!!!

Aquí deixamos as imaxes: 

UN DÍA XENIAL!!!

1º CONCERTO CONSERVATORIO DA GUARDA

Un curso máis o conservatorio municipal da Guarda difunde con diversas audicións os instrumentos que poden tocar se inician os seus estudos musicais. 

( https://www.edu.xunta.gal/centros/cmuselementalaguarda/)

Desprazámonos ata o AUDITORIO MUNICIPAL o alumnado de primaria, de 1º a 6º .

Audicións de piano, guitarra e violín. O profesorado que os imparte foi explicando cada instrumento e fixo unha pequena interpretación:

Turno primeiro para PIANO:

E, así o oimos...

Agora a GUITARRA, nas dúas modalidades, guitarra española, que fixo soar así de ben VALENTINA de 4º...

e guitarra eléctrica que fixo as delicias do noso alumnado nas mans do seu profe: 

Por último o VIOLÍN,normal e eléctrico. Así foi:

Rematou a audición cunha petición para tocar o piano de TOMÁS de 4º...

E os tres profes tiveron a amabilidade de tocar para nós varias pezas xuntos: 

BRAVO POLA MÚSICA!!!!!Corchea. Definición, valor, duración y representaciones - Comamusical

EXCURSIÓN ÁS ILLAS CIES

E chegou o día...moitos nervos no alumnado de primaria antes de saír no autobús cargadiñxs coa súa equipaxe...merenda, toalla, protector solar, algúns euriños para xeados e moitaaaa ilusión!!!

Máis nervos aínda ó baixar para agardar polo barco. Subida con coidadiño, sentadxs abaixo ós maís cativ@s e arriba @s máis maiores.

Que gañas de chegar...merenda, camiñata , comida e...praia e baño!!!

Canto desfrutaron, que ben o pasaron...aquí quedan algunhas imaxes para que o comprobedes.

  

 E aquí unhas imaxes na auga...

Pero aínda quedaba a traca final!!! o BARCOTECA, unha sorpresiña que nos tiñan preparada...música e a bailar!!!!

  

REMATANDO O CURSO:VISITA ÁS ILLAS CIES

Dende o Equipo de extraescolares organizaron como remate de curso unha saída de todo o día para visitar as Illas Cíes, un paraiso galego que podedes ver nestas imaxes... 

E aquí deixamos para lelo moi antentamente a NORMATIVA E RECOMENDACIÓNS PARA A VISITA: 

 

E...por se queredes saber máis, aquí queda este enlace cunha chea de información:

https://gazeta.gal/web/as-illas-cies/

 Boa viaxe nenas e nenos!!! Que a desfrutedes con sentidiño!!!

Distribuir contido


by Dr. Radut