Dende o CONTRATO PROGRAMA Iguála-T prouxeron para celebrar o 8M homenaxear ás MULLERES MÁIS IMPORTANTES na vida das nosas nenas e nenos...idea ben fermosa....
E a entrada do Centro encheuse de mamis, tías, madriñas,irmás, avoas, profes... e ata algunha cadeliña...fermosura e puro sentimento!!!!
Seguimos reivindicando a igualdade no mundo científico: programadoras de ordenadores, enxeñeiras, físicas, farmacéuticas...
Seguimos reivindicando que as nosas nenas estuden carreiras de Ciencias...se queren!! porque poder poden!!
Dende o CONTRATO PROGRAMA IGUÁLA-T e a BIBLIOTECA ESCOLAR invítanos a visitar a exposición, que está montada na entrada do Centro, procedente da Universidade de Vigo
BRAVXS: ILUSTRACIÓNS DE MULLERES CIENTÍFICAS, INVESTIGADORAS E INVENTORAS
A través destas caretas ilustradas por Marta Riera, da Facultade de Belas Artes, preténdese darlles visibilidade a estas mulleres de Ciencia.
Dende a Universidade da Coruña chega tamén esta iniciativa para traballar este día. Diferentes investigadoras dan a coñecer de xeito sinxelo e próximo a súa traxectoria científica, co obxecto de incentivar a curiosidade pola profesión investigadora e científica.
ATRÉVETE A PESCUDAR CON ELAS!
Outro interesante proxecto "Aprende coas mulleres galegas" da Secretaría Xeral da Igualdade pretende achegarnos unha serie de biografías e actividades para coñecer, afondar e dar visibilidade a mulleres galegas de especial relevancia.
O profesorado organizador desta xincana, ofreceunos unhas actividades moi interesantes que fixeron que o noso alumnado se metera na pel dunha persoa discapacitada e poidese experimentar por un anaco como se sinten. Aprenderon que...
Traballaron:
DISCAPACIDADE VISUAL: adiviñaron obxectos co tacto, alimentos co olfacto e percorreron un circuíto cos ollos tapados axudados dun compi.
DISCAPACIDADE AUDITIVA: Coñeceron e traballaron o alfabeto braille e o dactilolóxico para poder facer un crebacabezas.
DISCAPACIDADE MOTORA: realizaron un circuíto cun so pé.
A discapacidade NON é unha enfermidade, é unha condición que pasa desapercibida si eliminamos as barreiras do entorno.
Dende o CONTRATO PROGRAMAIguálaT chéganos esta interesante proposta para que este día non pase sen reflexionar co noso alumnado.
Obxectivos:
Dar a coñecer ao alumnado o significado de discapacidade ( diversidade).
Promover os dereitos e o benestar das persoas con diversidade funcional en diferentes ámbitos da vida cotiá.
Concienciar e sensibilizar aos nenos e nenas das diferentes realidades do mundo que nos rodea.
Actividades propostas:
Para comezar e aproximar ó alumnado ó día que debemos conmemorar, cada titor ou titora proxectara na súa aula, os días anteriores a celebración, uns cortos ou audiolibros, adaptados a idade do alumnado.
Mañá 25 de Novembro celébrase o día contra a violencia de xénero, unha lacra que afecta gravemente á nosa sociedade. Dende o CONTRATO PROGRAMA Iguála-T propuxeron varias actividades, a primeira foi poñer á disposición do alumnado libros, enlaces e música para traballar o tema. A segunda foi pedir a colaboración das familias para encher a entrada de bolboretas violetas feitas coas súas fillas e fillos.E chegaron mooitaasss... de papel, papiroflexia, con brillantina, grandes, pequenas...todas fermosas e moi orixinais. Mil graciñas ás nosas familias pola súa implicación co alumnado!!!!
Pero...por que pedían bolboretas? Coma unha grande homenaxe ás IRMÁNS MIRABAL. Coñeceredes a súa dura historia neste enlace:
É importante detectar as desigualdades e loitar conta elas. Estamos convencidas de que so educando en igualdade entre nenas e nenos estaremos contribuindo a eliminar esta lacra.