BENVIDOS Á WEB DO CEIP A SANGRIÑA
11 FEBREIRO: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E NENA NA CIENCIA
11 FEBREIRO:
Seguimos reivindicando a igualdade no mundo científico: programadoras de ordenadores, enxeñeiras, físicas, farmacéuticas...
Seguimos reivindicando que as nosas nenas estuden carreiras de Ciencias...se queren!! porque poder poden!!
Dende o CONTRATO PROGRAMA IGUÁLA-T e a BIBLIOTECA ESCOLAR invítanos a visitar a exposición, que está montada na entrada do Centro, procedente da Universidade de Vigo
BRAVXS: ILUSTRACIÓNS DE MULLERES CIENTÍFICAS, INVESTIGADORAS E INVENTORAS
A través destas caretas ilustradas por Marta Riera, da Facultade de Belas Artes, preténdese darlles visibilidade a estas mulleres de Ciencia.
Aquí deixamos o enlace a toda a información:
Aquí deixamos as imaxes da entrada:
Dende a Universidade da Coruña chega tamén esta iniciativa para traballar este día. Diferentes investigadoras dan a coñecer de xeito sinxelo e próximo a súa traxectoria científica, co obxecto de incentivar a curiosidade pola profesión investigadora e científica.
ATRÉVETE A PESCUDAR CON ELAS!
Outro interesante proxecto "Aprende coas mulleres galegas" da Secretaría Xeral da Igualdade pretende achegarnos unha serie de biografías e actividades para coñecer, afondar e dar visibilidade a mulleres galegas de especial relevancia.
Se queredes coñecelas:
Dende a páxina GCIENCIA recopilan VINTE MULLERES GALEGAS DE CIENCIAS.
Aquí queda o enlace:
https://www.gciencia.com/ciencia/mulleres-de-ciencia-en-galicia/