Skip to Content

BENVIDOS Á WEB DO CEIP A SANGRIÑA       

NOTICIAS

CHARLA SOBRE IGUALDADE E VIOLENCIA DE XÉNERO

Enmarcada no Plan director para a convivencia e mellora da seguridade nos Centros educativos e o seu entorno e impartida pola Garda Civil Elena Dominguez do posto de Tomiño,  invitamos ás familias do Centro a asistir a esta 2ª charla que promete ser tan interesante coma a anterior.

 

Será o vindeiro MARTES 14 ás 4.30 h na Biblioteca do Centro.

IMAXES DA CHARLA DE CIBERSEGURIDADE

Enmarcado no Plan director para a convivencia e mellora da seguridade nos Centros educativos e o seu entorno e impartida pola Garda Civil Elena Dominguez do posto de Tomiño, as familias do Centro asistiron a esta charla sobre ciberseguridade.

Pola mañá foi o alumnado de 5º e 6º os primeiros que recibiron esta charla. Aquí queda toda a información do que falaron:

http://opedocastro.blogspot.com/2023/01/charla-sobre-ciberseguridade.html

Foi moi interesante. Graciñas!!!!

CHARLA SOBRE CIBERSEGURIDADE

 

O vindeiro MARTES 17 ás 4.30 h no Salón de actos do Centro celébrase unha moi interesante charla dirixida a todas as familias do noso alumnado.

Esta charla estará enfocada ás ameazas ós menores de idade e explicarán as responsabilidades das familas con respecto a estes temas:

* GROOMING: Contactos con menores a través da rede. Xogos de Roll

* SEXTING: Envío de imaxes ou vídeos a través de móbil ou internet.

* CIBERBULING: Acoso virtual: redes sociais, xogos, móbil...

FERMOSO MURAL NO PATIO

A ANPA (https://anpaasangrina.com/) está promovendo un programa de igualdade ó que titulan "Mulleres Pioneiras" co obxectivo de visibilizar as mulleres e as nenas promovendo unhas relacións respectuosas e en igualdade. Esta actividade está financiada integramente pola Secretaría xeral da Igualdade e o Ministerio de Igualdade.

     

Desde este proxecto, nace a fermosura de mural que está pintado no patio do que é autora TAMARA BAZ (https://www.tamarabaz.com/) ,deseñadora gráfica e ilustradora local, autora doutros murais que locen na Vila.

 

E...quen é esta muller que vedes na imaxe de espaldas? pois...unha muller pioneira claro!!!...EDURNE PASABAN

Foi a segunda muller na historia en ascender os 14 oitomiles (montañas de máis de 8.000 metros) do planeta e a vixésima terceira persoa. Completou a súa xesta en 9 anos, desde a súa primeira ascensión a un oitomil no Everest o 23 de maio de 2001 á última do Shisha Pangma o 17 de maio de 2010. 

Máis detalles nesta biografía...

https://www.mujeresnotables.com/2018/05/17/biografia-de-edurne-pasaban-montanista-espanola-subio-a-14-ochomiles/

Distribuir contido


by Dr. Radut