Skip to Content

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER.8M. A SANGRIÑA 2024

O 8 de marzo conmemorouse o Día Internacional da Muller, para lembrar a todas as mulleres que loitaron polos nosos dereitos humanos e laborais. Hoxe en día continuamos a vivir desigualdades e inxustizas en diversos ámbitos, así que convén reflexionar sobre isto co alumnado non só ese día, senón todos os días. 

A actividade grupal consistiu nun mural colocado no recuncho de biblioteca do corredor da planta baixa onde o alumnado despois de traballalo nas aulas de xiferentes xeitos e reflexionar sobre o tema, foi colocando papeliños con palabras referidas a profesións, actitudes e formas de ser que podan ter as mulleres. Ó redor, nenas e nenos foron pegando imaxes, debuxos e fotos das súas mulleres importantes.

As mulleres podemos ser...

FERMOSA E MOI NECESARIA INICIATIVA!!!

TRABALLOS DA HORTA ESCOLAR 2024

A nosa hortiña empeza pouco a pouco a porse en marcha...

En outubro baleirouse  o composteiro e abonamos todos os bancais. Agora tocou arrincar malas herbas e  prantar. Nesta ocasión foron: patacas, chícharos, cebolas e leitugas.

Participaron nestes labores hortícolas o alumnado de Infantil de 3 anos e os de 1º, 2º 4º e 5º de primaria. 

Agora algo de rego cando sexa preciso e esperar que medre a nosa colleita desexando que a friaxe dos meses vindeiros non a estrague... 

 

GRACIÑAS POLO ESFORZO A ALUMNADO E PROFESORADO!!!

23 FEBREIRO. DÍA DE ROSALÍA. CEIP A SANGRIÑA

O 23 de FEBREIRO foi o día de Rosalía de Castro e no cole celebrámolo de distintas maneiras.

Nesta ocasión, a clase de 6º de infantil fixo este mural para ambientar a entrada do cole.

Por outro lado, organizado polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega, o alumnado do centro preparou un poema de Rosalía para despois cantar ou recitar. 

Mirade que ben o fixeron!

PARABÉNS A TODO O ALUMNADO POR ESTE BO TRABALLO!

UN SAÚDO, 

O EDLG

 

XORNADAS INICIACIÓN Ó ATLETISMO. 4º PRIMARIA

XOGADE é o acrónimo de XOgos GAlegos DEportivos en idade escolar. Un programa deseñado pola Xunta de Galicia co que se pretende achegarlle á rapazada  a práctica do deporte.

Abrangue múltiples disciplinas e, no noso caso, organizado polo profe Jorge de E.Física, o alumnado de 4º de primaria gozou no patio dunhas xornadas de iniciación ó atletismo.

 

 

 

Fomentar o deporte nos máis novos e novas garántenos contar con bos deportistas e atletas no día de mañá, e o que é máis importante, consolidar eses hábitos que mellorarán a súa  calidade de vida.

Ademáis gozaron moito da actividade como se pode comprobar nas imaxes:

11F. DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

O 11 de febreiro foi o día da muller e da nena na ciencia.

Para conmemorar esta data, organizadas polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega, tivemos varias visitas no centro de científicas da zona, todas grazas a  iniciativa do 11 de febreiro. 

 Estivo con nós Sara Varela, paleontóloga da Universidade de Vigo,  do departamento de Ecoloxía e bioloxía animal, e Clara Almecija, oceanógrafa e xeóloga da Unidade de Tecnoloxías Mariñas do CETMAR de Vigo.  

Con Sara, o alumnado de 5 anos aprendeu sobre fósiles. Puideron tocalos, manipulalos e incluso pintalos (eran mostras de xeso). 

Con Clara, o alumnado de primaria aprendeu sobre a vida nos fondos mariños, a importancia dos ruidos tanto naturais coma producidos polos humanos, e o noso papel para coidalo e preservalo. O seu centro de traballo ten unha boia de monotorización na Guarda! 

As dúas expuxeron o seu traballo facéndonos dalgunha maneira partícipes. Por un lado, aprendemos sobre traballos, neste caso desenvoltos por mulleres que non son tan visibles no noso día a día. E por outro, a importancia que ten a ciencia para seguir progresando na vida. 

Agardamos que estas actividades sirvan de inspiración para todo o noso alumnado, en especial as nenas conscientes de que poden facer o que queiran pois teñen capacidade de sobra!!!

CHARLAS NA AULA:EDUCACIÓN PARA A SAÚDE

Un curso máis, a asociación ÉRGUETE BAIXO MIÑO (https://www.erguete.org/) achega ó noso Centro, dentro dos seus programas educativos, unhas charlas /coloquios encamiñadas a adquirir coñecementos, actitudes, habilidades e destrezas que fomentan o mantemento dunha vida máis saudable. Este curso os destinatarios é o alumnado de 5º e 6º de primaria desenvolvendo estes temas:

Son impartidas por M.Jesús Rodriguez a quen, coma sempre, agradecemos a súa implicación e o seu bo facer cas nosas nenas e nenos.

ADMISIÓN DO ALUMNADO PARA O CURSO 2024-2025

O próximo día 1 de marzo comeza o prazo de admisión para o curso 2024-2025.

Aquí tedes toda a información necesaria.

Podedes chamar ó teléfono 886110081 para resolver as vosas dúbidas.

POSTOS VACANTES PARA O CURSO 24-25

Relación de postos escolares vacantes para o curso 2024-2025.

 

IMAXES DE CENTRO

Imaxes do centro

Álbum: AS NOSAS INSTALACIÓNS -> O NOSO CENTRO

Prazas vacantes 2024-2025

Distribuir contido


by Dr. Radut