BENVIDA DO SERVIZO DO COMEDOR ESCOLAR

A Directiva da ANPA, queremos darvos a benvida ao novo curso escolar!!!

O mércores día 12 dará comezo o servizo de comedor deste centro.


Cada principio de mes iremos colgando os menús e información sobre este servizo que ofrecemos a través do catering " Calidus Catering Services, S.L."

Bo inicio de curso!!!

BENVIDA AO NOVO CURSO ESCOLAR

Rematan as vacacións!!!

Arrancamos un novo curso escolar con novos desafíos e metas.

 

 

As familias quedades convidadas a participar neste proceso educativo e a compartir cos vosos fillos esta nova andadura.

 

O MÉRCOLES 12 DE SETEMBRO, AS 8:35, ESPERÁMOSVOS!!!!

 

BO CURSO ESCOLAR A TODOS!!!

LISTAXE DEFINITIVA DO FONDO DE LIBROS PARA O VINDEIRO CURSO ESCOLAR 2018 - 2019

Deixámosvos a listaxe defintiva dos alumnos aos que lle correspondeu axuda para libros. Clica no arquivo adxunto.

LISTAXE PROVISIONAL DO FONDO DE LIBROS PARA O CURSO ESCOLAR 2018/19

AQUÍ ESTÁ A LISTAXE PROVISIONAL DOS FONDOS DE LIBROS PARA O VINDEIRO CURSO ESCOLAR!!

FOTOS DA MERENDOLA E DA FESTA DE ESCUMA

E segue a festa!

Despois da actuación no Centrol Cutural, é hora de repor forzas.

Os pais e nais dos nenos de 4 e 5 anos, foron os encagados de preparar a merendola! Mmmm! Que rico estaba todo!!!! Os membros da A ANPA, tamén colaboraron xunto cos profes.

E... xa estabamos preparados para comezar a festa da escuma, organizada pola ANPA.

Como sabemos que vos gusta ver as fotos de como vos foi na festa .... aí vai esta ampla galería. 

Mira a ver se te atopas!!!!

FOTOS DO FESTIVAL

Outro xeito de disfrutar  este marabilloso  festival ,  

unha galería de fotos, para que o poidades recordar!!!

 

FESTIVAL FIN DE CURSO

Como pasa  o tempo!" 

 

Parece que fai nada que comezamos este curso, e xa está a piques de rematar!!!

 

E como vén sendo habitual, celebrámolo fancendo un festival para os nosos pais e para nós mesmos.

 

Hoxe fomos os protagonistas  xunto coa nosa mestra de música ROSA. Ela é a que ano tras ano nos dirixe e transmite todo ese bo facer que ten!

Tamén nos presentou o coro do colexio do que é a súa directora!

 

 

Aquí quedan as nosas actuacións, e ese traballo  excelente da nosa mestra  Rosa!!!

Se queres velo completo clica na imaxe!!!

LISTA DE LIBROS PARA O CURSO 2018/19

AQUÍ ESTÁ A LISTA DE LIBROS DE TEXTO PARA O VINDEIRO CURSO ESCOLAR.

FOMOS A VER O MUSICAL " ALADINO E A LÁMPADA MARABILLOSA"

Para completar a colección de saídas que levamos feito este curso, asistimos, xunto cos nosos compis de 2º, 3º e 4º á posta en escea dun musical en Vigo, na sala Ártika.

Clica na imaxe e descubre como foi!!

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet