Skip to Content

MERENDAS SAUDABLES.RECREOS. RESIDUOS CERO. CURSO 2024-2025

Un ano mais o cole participa no Contrato Programa EduSaúde, polo que intentamos transmitir habitos saudables que incorporar no noso día a día: por un lado promocionar a práctica deportiva e por outra banda a inxesta de alimentos beneficiosos para o crecemento.

Aquí vos deixamos unha proposta de merendas variadas que podedes seguir cos vosos fillos e fillas durante a semana para a merenda do recreo.

Tamén comentarvos que o Centro participa por terceiro ano consecutivo na proposta «RECREOS RESIDUOS CERO» que consiste en que o alumnado traia a merenda co menos número de envoltorios posibles asi como fomentar o uso de envases retornables como friambreiras para sólidos e botellas reutilizables ou cantimploras para a auga, co fin de eliminar os envases dun só uso.

Un saúdo

 

 

CALENDARIO ESCOLAR

Estimadas familias:

Un ano mais damos comezo ó novo curso. Despois dun descanso ben merecido as aulas arrancan a súa actividade o mércores día 11 de setembro.

Aquí compartimos o calendario escolar elaborado pola Consellería.

 

 

Como de costume pedimos a vosa colaboración para traballar xuntxs na procura do mellor para o alumnado.

 

Un saúdo, 

O Claustro

 

 

 

 

CONVOCATORIA REUNIÓNS INICIO DE CURSO

Boa tarde familias. 

Hoxe botamos a andar un novo curso cheo de moita ilusión.

Como xa é habitual, tras realizar o claustro inicial, cada titor/a terá unha reunión coas familias dos seus grupos para compartir toda a información necesaria para o comezar o novo curso. 

Clicade na imaxe para poder acceder ao cadro cos horarios.

Botón para obter horario de reunións

A reunión de cuarto de infantil realizarase unha vez rematado o período de adaptación e será a titora a encargada de realizar dita convocatoria.

LISTAXE DE LIBROS PARA CURSO 2024-2025

Listaxe de libros de texto e cadernillos para o próximo curso 2024-2025.

Clica na imaxe para acceder ao contido.

Listaxe Libros de texto

 

 

REMATE DO CURSO 2023/2024

Remata o curso 2023/2024. O Centro quere agradecer ás familias a implicación e a cercanía manifestada.

Tomamos un descansiño ben merecido para alumnado, profesorado e familias, para repoñer forzas e empezar en setembro con enerxías renovadas.

REMATANDO O CURSO 2023/2024

Varias foron as actividades programadas para pechar este curso:

FIN DE ETAPA/GRADUACIÓN:

O alumnado de 6º de E.Infantil rematou a súa etapa e acompañados do seu profe Jose e das súas familias celebraron este día...graduándose en Educación Infantil. O vindeiro curso xa serán de primaria!!! PARABÉNS!!!

O alumnado de 6º de E.Primaria remata a súa etapa no Centro. O vindeiro curso comezarán a E.Secundaria. Despedíronos as súas mestras Tania e Mari e as súas familias cun sinxelo acto moi emotivo. Deséxamoslle un camiño cheo de éxitos. PARABÉNS!!!

 Dos varios agasallos que levaron ás súas casas os dous grupos, a ORLA coas fotiños de cada un e de cada mestre que lle deu clase, foi cortesía da ANPA ATALAIA.                                      https://anpaasangrina.com/

 

FESTA FIN DE CURSO:

Todo o alumnado do Centro despediu o curso cunha festiña na que tiveron inchables, puideron bailar distintos ritmos e organizáronse uns xogos de auga. De novo foi cortesía  da ANPA ATALAIA a que lle agradecemos enormemente os xestos.Coma sempre repuxeron forzas cunha merenda que esta vez puxo o Centro.

Aquí quedan algunhas imaxes:

 

FESTA MIUDIÑA. CEIP A SANGRIÑA.19-XUÑO 2024

Organizado polo Concello da Guarda en colaboración co profesorado de todos os Centros educativos da Vila e das Anpas dos Centros asistimos a unha multitudinaria festa infantil no Castelo de Santa Cruz.

Separados en dous ambientes segundo as idades, infantil e primaria, diversas actividades estaban preparadas : xogos populares, casetas de feira, xogos cooperativos, pinturas, Ioga na natureza, guerra de cores , rocódromo, inchables...

A media mañá un pequeno descanso para repor forzas cunha merenda ofrecida polas anpas.

Aínda os agradaba outra sorpresa...por alí apareceron ...os Bolechas!!! que saúdaron e sacaron fotos con eles.

Imaxes ben fermosas nos deixou está maña: 

VISITA DO ALUMNADO DE 6º Ó IES A SANGRIÑA

Organizado polo Departamento de Orientación, como cada ano o alumnado de 6º tivo unha xornada de convivencia  e foi a coñecer o centro de educación secundaria ó que acudirán o curso que vén, o IES A Sangriña.

Recibiunos a Orientadora Ánxeles Martinez , a vicedirectora e a profesora de P.T no salón de actos:

Alí, alumnado de 2º da ESO contoulles a súa experiencia no cambio de etapa .

 

orientadora Ángeles Martínez, explicoulles como ía ser 1º da ESO e respostou a cantas dúbidas xurdiron.

De seguido, deron un paseo polo centro e coñeceron varias aulas e profesorado : os laboratorios e a biblioteca.

Por último, foron coñecer os patios e compartiron uns minutos  con alumnado co que estudiarán o próximo curso.

Remataron a xornada  cun agasallo para ir afacéndose ó que será o seu Centro o vindeiro curso:

Desexamos que lles vaia moi ben!

EXCURSIÓN FIN DE ETAPA. 6º PRIMARIA.MANZANEDA .XUÑO 2024

O alumnado de 6º de E.Primaria remata a súa etapa. Parece que foi onte cando a maior parte deles chegaban ó Centro con 3 aniños...Pois xa remataron 6º!!! Para despedilos, organizouse unha excursión na estación invernal de Manzaneda (Ourense).

Foron tres días moi intensos e cargados de actividades variadas: tiro con arco, rocódromo, parque multiaventuras, piscina, velada e...discoteca!!!

Todo moi ben organizado para que puidesen desfrutar.

Agradecemento especial á Tania e Jorge, profes acompañantes. E felicitacións a todo o alumnado por un comportamento impecable.

Aquí queda unha pequena reseña de imaxes:

SAÍDA FIN CURSO. E.PRIMARIA. HUMOR AMARILLO.13-6-2024

O alumnado de E. Primaria, de 1º a 5º desfrutou dunha xornada de xogos no parque de HUMOR AMARILLO en Vigo.

Ó chegar cada grupo tiña un monitor ou monitora asignado. Guiounos polas diferentes actividades, que tiñan un tempo establecido, había percorrido pola tela de araña, salto na cama elástica esquivando uns rolos que  xiraban, tirar da corda, carreira de dragóns, loita sobre o tronco, inchables, loitadores de sumo, fútbol con balons gigantes...

Para repoñer forzas despois de tanto movemento, comeron alí e regresaron ó Centro cansados/as  pero felices pola experiencia vivida.

Unha magnífica xornada da que deixamos aquí algunhas imaxes:

 

Distribuir contido


by Dr. Radut