OS NENOS DE 4 FACENDO PSICOMOTRICIDADE!!

AO LONGO DESTE CURSO OS NENOS E AS NENAS DE 4 ANOS NAS CLASES DE PSICOMOTRICIDADE FIXERON MOITOS XOGOS E ACTIVIDADES; AQUÍ DEIXAMOS UN PEQUENO VÍDEO DALGUNHAS DESTAS ACTIVIDADES. ESPERAMOS QUE VOS GUSTE!! E FELICES VACACIÓNS!!

 

LIBROS DE TEXTO CURSO 2017-18

SE CLICADES NO ENLACE TEDES A LISTA DE LIBROS PARA O VINDEIRO CURSO ESCOLAR.

UN FIN DE CURSO MÁXICO

Grazas a ANPA do cole tivemos un fin de curso máxico!!!

Clica na imaxe

 

O CEIP A SANGRIÑA DE VIAXE POLO MUNDO

Rematamos o curso, e con el a nosa viaxe polo mundo, e como non podía ser menos, fixémolo cunha gran celebración internacional!!!

Clica na imaxe e descubre cada etapa da viaxe!!!

 

Violencia cero

Os rapaces de 5º e 6º  de primaria acudiron á plaza do reló para participar na actividade organizada pola Deputación Provincial de Pontevedra contra a violencia de xénero.

A artista Ana Aguire foi a encargada de dinamizar a actividade.

OS ALUMNOS DO CLUB DE LECTURA REPRESENTARON " AS LARANXAS MÁIS LARANXAS DE TODAS AS LARANXAS"

Os alumnos de cuarto que participan no club de lectura representaron a obra de Carlos Casares " A laranxa máis laranxa de todas as laranxas"

 

Linda, a mestra que leva o club de lectura e os rapaces, neste último trimestre traballaron esta obra con moito entusiasmo e dedicación. Ese esforzo, tivo un resultado espectacular:  esta estupenda representación da obra.

Mirade que ben o fixeron!

 

 


 

Parabéns equipo!!!

Excursión a Manzaneda

Os alumnos e alumnas de 5º e 6º  despediron o curso cunha fantástica excursión a Manzaneda, na que o pasaron xenial.

Viva Manzaneda!

 

PROGRAMACIÓN FIN DE CURSO

Rematamos o curso cunha semana mooooiiii viaxeira, deixámosvos o programa para que non vos perdades nadiña de interese.

 

Making Friends by wendholin

PICOMOTRICIDADE EN INFANTIL 3 ANOS

Estamos a piques de rematar o curso  e os rapaces e rapazas de tres anos queren amosarnos o ben que o pasaron facendo psicomotricidade. Mirádeos!!!

 

Recibimos a visita do Mecalia Atlético Guardés

O pasado venres  tivemos a sorte de ter no cole, unha representación do equipo  feminino de balonmán  Mecalia Atlético Guardés, que despois dun duro ano de esforzo, sacrificio, constancia e entusiasmos, acaban de proclamarse campionas de Liga.

Todos os alumnos do centro as recibiron no salón de actos. Alí contáronos as súas experiencias, como son os entrenamentos, o seu día a día e responderon a todas as preguntas que lles  fixeron.

Para rematar fixeron fotos de grupo para termos un recordo  deste gran éxito acadado.

 

Moitísimas grazas campionas!!!

 

123  aupa Guardés!!! 

Powered by Drupal - Design by artinet