Skip to Content

BENVIDOS Á WEB DO CEIP A SANGRIÑA       

Conmemorando o día da muller

O luns 9 de marzo conmemoramos no cole o día de muller colocando pegadas polo cole de mulleres que son moi importantes para os nosos alumnos/as, todas esas pegadas camiñan cara a nosa porta violeta que se atopa no patio de primaria no que lle colocamos o noso lema:

"CAMIÑANDO DA MAN CARA A IGUALDADE"

E todos xuntos cantamos a canción de Rozalén " La puerta violeta".

A verdade e que foi unha actividade mli bonita e sobre todo que encheu o cole de mulleres fermosas: nais, avoas, tías, xogadoras de balonmán, etc.

Mirade algunhas delas:

SUSPENDIDAS AS CLASES POLO CORONAVIRUS DURANTE 14 DÍAS

DEBIDO AS MEDIDAS PREVENTIVAS ESPECIAIS ADOPATADAS POLA XUNTA DE GALICIA, QUEDAN SUSPENDIDAS TODAS AS ACTIVIDADES LECTIVAS PARA TODO O NOSO ALUMNADO DENDE O 16 DE MARZO E CUNHA DURACIÓN DE 14 DÍAS.

 

CHARLA DA GUARDIA CIVIL NO NOSO CENTRO

HOXE NO NOSO CENTRO OS PAIS E NAIS DOS NOSOS ALUMNOS PUIDERON ESCOITAR UNHA CHARLA IMPARTIDA POLA GUARDIA CIVIL SOBRE ACOSO ESCOLAR, O USO DAS NOVAS TECNOLOXÍAS E A VIOLENCIA DE XÉNERO. TODOS OS ALÍ PRESENTES RECIBIMOS INFORMACIÓN MOI VALIOSA E NECESARIO NESTES TEMPOS.

PRAZAS VACANTES PARA O CURSO 2020/21

No arquivo adxunto estas as prazas dispoñibles para o vindeiro curso escolar.

PREMIO GSD INNOVA POLO NOSO PROXECTO "UN PATIO CHEO DE VIDA"

NO CURSO 2018/19 COMEZAMOS CUN PROXECTO QUE TEN COMO OBXECTIVO MELLORAR E TRANSFORMAR POUCO A POUCO O NOSO PATIO DE RECREO. ESTE PROXECTO FOI RECOÑECIDO POLOS PRESTIXIOSOS E NACIONAIS  PREMIOS GSD INNOVA CUNHA MENCIÓN HONORÍFICA POLO QUE ESTAMOS MOI ORGULLOSOS XA QUE NOS MOTIVAN A SEGUIR TRABALLANDO E VALORAMOS POSITIVAMENTE QUE RECOÑEZAN ASÍ O NOSO TRABALLO .

O NOSO COLE CONTA CON 7 CAIXAS NIÑO

ESTE CURSO CONTAMOS CON 7 CAIXAS NIÑO NO PATIO:4 DELAS FORON ELABORADAS ARTESANALMENTE POLO PAI DE INÉS, UNHA NENA DE 4 ANOS E OUTRAS 3 FOROS DOADAS E COLOCADAS POLA COMUNIDAD DE MONTES DE A GUARDA.

AQUÍ PODEDES VER COMO DECORAN E AXUDAN A COLOCALAS OS NENOS DE 4 ANOS:

E AQUI OS AXUDANTES SON OS NENOS DE 1º E 2º DE PRIMARIA QUE OBSERVAN COMO O ENCARGADO DA COMUNIDADE DE MONTES AS  COLOCA NAS ÁRBORES QUE SE ATOPAN PEGADAS AO VALADO DO COLE:

SEMENTAMOS PATACAS NA HORTA

A HORTA DA SANGRIÑA ESTÁ CHEA DE COUSAS: CEBOLAS, ALLOS, BRÓCOLI, BERZAS, AMORODOS  E AGORA... PATACAS!!! 

CO NOSO PROPIO ABONO DO  COMPOSTEIRO PREPARAMOS A HORTA E CA AXUDA DOS NENAS E NENAS PRANTAMOS UNHA MOREA DE PATACAS QUE TROUXO O PROFE SERGIO DENDE ALLARIZ; A VER SE AO FINAL DE CURSO PODEMOS DEGUSTAR UNHA TORTILLA DE PATACAS CON PRODUCTOS DA NOSA HORTA. 

NESTA ACTIVIDADE PARTICIPARON NENOS DE 3 ANOS, 4 ANOS, 1º PRIMARIA , 3º E 4º. PERO TODOS SEGUEN DÍA A DÍA O QUE ACONTECE MNA NOSA GRAN HORTA!! NON DEIXEDES DE MIRAR O VÍDEO!!

 

 

AS ÓRDENES DO MECO 2020

NA SANGRIÑA O CARNAVAL DISFRÚTASE AO MÁXIMO DURANTE TOOODA A SEMANA. XA QUE TÓDOLOS DÍAS DISFRAZÁMONOS SEGUINDO AS ÓRDENES DO NOSO MECO "MANOLO"; É MOI DIVERTIDO E DISFRUTAMOS MOITÍSIMO!!! AQUI ESTÁN AS FOTOS!!

 

 

 

 

ENTROIDO 2020

COMO TÓDOLOS ANOS PARA CELEBRAR O ENTROIDO FIXEMOS O NOSO TRADICIONAL DESFILE NO PATIO DO COLEXIO. A TEMÁTICA DESTE ANO FOI O MAR; AQUÍ ESTÁN OS NOSOS NENOS E NENAS:

3 ANOS: PEIXES

4 ANOS: PIRATAS

5 ANOS: PEIXES

1º PRIMARIA: MEDUSAS

2º PRIMARIA: POLBOS E MERGULLADORES

 

3º PRIMARIA: ESTRELAS DE MAR

4º PRIMARIA: BAÑISTAS

5º PRIMARIA: LIXO

 

6º PRIMARIA: PESCADORES

Distribuir contido


by Dr. Radut