Skip to Content

ENTROIDO 2024. LUNS.CEIP A SANGRIÑA

Empezamos con alegría o Entroido!!!

O Venres o meco deixou o seu mandado e...obedientes chegaron as nosas heroínas e os heroes para encher as aulas de capas, de máscaras e todos os complementos que quixeron traer para que a mañá resultase...festeira!!!

Aquí quedan:

E para mañá? Que manda o Meco? 

30 XANEIRO 2024. DÍA ESCOLAR DA PAZ

                      

O 30 de xaneiro, as escolas galegas celebramos cada ano unha xornada a prol da convivencia, o pacifismo e o respecto polos dereitos humanos.

Neste día deféndemos e promovemos  a non-violencia, a tolerancia, o respecto polos Dereitos Humanos, a solidariedade e a Paz. Entendemos que a escola é o lugar onde as nosas nenas e nenos deben medrar en igualdade, respecto e entendemento entre todas as persoas que nela conviven, recibindo unha educación baseada na paz e adquirindo actitudes que os forman como persoas comprometidas.

A proposta do Equipo de convivencia e do Contrato programa Iguála-t  todo o alumnado fixo flores de diferentes modelos e cores para encher con elas un dos símbolos da paz. Tamén fomos decorando o cole con  con traballiños feitos polo noso alumnado. As nenas e nenos de 5 anos fixeron moooitas pombas que foron repartindo clase por clase. E para poñer o broche dourado saímos ó patio, onde un grupiño de alumnas de 3º dixo unha palabras, gardamos un minuto de silenzo pola paz no mundo e cantamos e bailamos  a canción de Mamá Cabra, "Baile da paz"

Aquí deixamos un pequeno resumo: 

QUE TODOS OS DÍAS SEXAN DE PAZ!!!

ENTROIDO 2024

Achégase unha das nosas festas máis senlleiras:

Entroido 2021 | CPI Luís Díaz Moreno

Para irnos preparando o Equipo de actividades extraescolares, organizador do evento, infórmanos que o noso MECO que veredes no Centro proximamente, danos as seguintes ORDES:

QUE COMECE A FESTA!!!!

OS VENRES EN GALEGO!!

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega empezou o aninovo 2024 cun propósito: falar máis galego e contaxialo por toda a comunidade educativa.

Ese día todo o alumnado e profesorado debe empregar a nosa lingua para comunicarse no patio, horas de ler, cambios de clase e incluso nas clases nas que sexa posible.

Así que en aulas e corredores poderedes ver este cartel:

Tedes toda a información no seu blog...

https://delerianominho.blogspot.com/

FROITA E LÁCTEOS NA ESCOLA

O proxecto “Nutriescolas” forma parte da estratexia educativa do Plan de acción para a prevención do sobrepeso e a obesidade (Plan Obesidade Zero en Galicia) da Dirección Xeral de Saúde Pública, e canalízase na escola a través do Plan Proxecta+ de innovación educativa.

Responde á necesidade de que o alumnado adquira e consolide hábitos alimentarios adecuados e desenvolva as competencias necesarias para facer eleccións saudables no futuro.

O Centro está participando en dúas modalidades e nos recreos pódese ver ó alumnado consumindo estos alimentos:

Froita na escola: Fomento do consumo de froitas frescas de tempada: mandarina, uvas, mazas e plátanos, peras, kiwi, arandos, frambuesas, laranxas. 

 Lácteos na escola:Fomento do consumo de leite.

 


CHARLA SOBRE ACOSO ESCOLAR

Enmarcada no Plan director para a convivencia e mellora da seguridade nos Centros educativos e o seu entorno e impartida pola Garda Civil, o alumnado de 5º e 6º de primaria recibiu hoxe unha nova charla máis que interesante e moi necesaria  sobre este serio problema que é o BULLYNG ou ACOSO ESCOLAR.

Explicaron os tipos de acoso: físico,verbal,psicolóxico e social que busca o illamento da vítima.

Foron desglosando cales son os comportamentos dun acosador/a, deixándolles ver que se manteñen porque os demais que o ven non interveñen.

Para finalizar quixeron facerlles ver que se lles sucede algo do que se explicou deben buscar unha persoa de confianza para contalo e se saben de alguén que o está sufrindo que non se calen, que intenten axudalo ou ofrecerse para falar no seu nome.

 

CHARLA SOBRE SEGURIDADE VIARIA

Enmarcada no Plan director para a convivencia e mellora da seguridade nos Centros educativos e o seu entorno e impartida polo sarxento da Garda Civil DANIEL CASTELO, o alumnado de 5º e 6º de primaria recibiu hoxe unha interesante e moi necesaria charla sobre educación viaria.

Nunha charla moi amena, moi cercana ó alumnado e sempre interactuando con eles/elas, o sarxento Castelo, ex-alumno do Centro, quixo deixar claro que as vías son lugares de convivencia con educación, prudencia, respecto e tolerancia e que a Garda Civil está para axudar e concienciar dende ben novos á cidadanía.

Ensinoulles de forma práctica, interactuando co alumnado por onde deben ir andando e en coche, o uso de reflectantes, como baixar do autobús escolar, da prudencia a ter nos pasos de peóns. Tamén falou da seguridade nos coches: cintos, repousacabezas, colocación de obxectos, mascotas e do uso das tecnoloxías dentro deles.

Como conclusión recordoulles a importancia de facer as cousas ben dende pequenas/os.

Aquí deixamos as imaxes:

  Desde o Centro, agradecemos á Garda Civil estas charlas que axudan na formación integral do noso alumnado.

DEPORTE NA ESCOLA. CARREIRA EN BAIONA

                         O programa XOGADE no que está inscrito o Centro combina o programa deportivo e competitivo (escolar e federado) cun programa lúdico e participativo para os escolares dos centros educativos de toda Galicia. 

No propio Centro dentro da materia de Educación Física, o programa leva achegado ó alumnado voleilvol e bádminton.

Despois de varias veces adiada polo mal tempo, hoxe por fin o alumnado de 3º a 6º de primaria asistiu a unha carreira celebrada no entorno da praia da Ladeira (Baiona) . Alí xuntáronse arredor de 600 nenos e nenas de varios Centro da contorna que correron separados por idade e sexo. 

Aquí deixamos as imaxes. Noraboa a todos/as, en especial ós que trouxeron medallas e agradecemento ó profe Jorge de E.Física pola organización da actividade e ó resto das mestras acompañantes pola súa implicación e traballo.

FESTIVAL NADAL 2023. CEIP A SANGRIÑA

Xornada máxica a que viviu hoxe o alumnado do CEIP A SANGRIÑA.

Para rematar o trimestre como é tradición organizouse un festival de Nadal.

Antes do seu inicio, visitounos,por cortesía da ANPA ATALAIA( https://anpaasangrina.com/ ), .... un mago!!! 

Encantoulles:

 Chegou o momento...O festival dividiuse en dúas partes para que fose máis visible para as familias...

INFANTIL E 1º DE PRIMARIA

Os nosos pequechos/as brillaron no escenario e encandilaron ás familias. Aquí deixamos un resumo:

2º PRIMARIA-6º

O alumnado maior actuaron todos xuntos, perfectamente coordinados pola profe VIRGINIA á que felicitamos e agradecemos por facer realidade este proxecto común.

Aquí tedes un pouquiño en imaxes e vídeos:

 

Agradecemos sempre a todo o profesorado por poñer este broche dourado ó primeiro trimestre co seu traballo cooperativo, e, en especial, ó Equipo de actividades extraescolares e á profe Virginia de música pola organización da festa.

Tamén graciñas ás familias do 1º ciclo polas ricas viandas que comemos con fame e ó alumnado de 6º que axudou no que se lles pediu, sendo axudantes, colocando espazos, movendo cadeiras, presentando o acto ou lendo contos.

FELICITACIÓN NADAL 2023

Co traballo do primeiro trimestre a piques de finalizar e coas festas chamando á porta, o Claustro de mestras e mestres do CEIP A SANGRIÑA  desexa a toda a comunidade educativa un Nadal de Conto, que encha de felicidade e bos momentos as vosas casas e que o Aninovo 2024 veña cargadiño de excelentes cousas, en especial de saúde, para seguir compartindo bos momentos.

Distribuir contido


by Dr. Radut