HOMENAXEANDO A GLORIA FUERTES

A pasada semana quixemos homenaxear a  GLORIA FUERTES, facéndoa protagonista na aula, a ela e aos seus poemas.

Este ano celebraría o seu 100 aniversario.    .

 

Ela é unha das caras máis populares da literatura infantil do noso país.

Este foi o noso xeito de facelo:

 

 Elaboramos un mural  con algún dos seus poemas.

Recitámolas e dramatizámolas!


Analizámolas...

 

 

algunhas pasámolas a pictogramas para poder compartilas cos pequerrechos do cole.

 

 Máis información:

http://obauldecuartomariela.blogspot.com.es/search/label/Homenaxe%20Gloria%20Fuertes

Poesías do mundo

Este ano celebramos o Día da poesía, e fixémolo de xeito moi internacional...

 
con POESIAS DO MUNDO.
 
Se clicas na imaxe podes lelas todas!
 

UNHA VIAXE POR AUSTRALIA

Os rapaces e rapazas de Infantil de 5 anos levan todo o curso viaxando por Australia.

Mirade como nos contan os seus descubrimentos!!!

Clica na imaxe

 

Relación de alumnos admitidos

Menú Marzo

UN ENTROIDO MOI INTERNACIONAL!!!

05/03/2017 21:50
Europe/Madrid

Este ano o noso entroido foi moooiiiii internacional, o alumnado do noso centro se caracterizou para acercarnos un anaquiño dos diferentes países que están investigando!

Pinchen na imaxe e vexan a reportaxe que nos enviaron desde a biblioteca!!!

VIAXAMOS A EXIPTO

Ola rapaces e rapazas!
 
Como sabedes este ano, dende BiblioPepiño, estamos levando a cabo a P.D.I." Viaxamos polo mundo"
 
Nestas datas e aproveitando a celebración do Entroido os alumnos de 6ºB,   fixeron un photocoll, que  puxeron na entrada do cole, ao lado do mural do Proxecto e invitáronvos a viaxar con eles a Exipto.
 
 

 

Aquí están as vosas fotos de recordo!
 

 

 

 

 

 

 

 

 





Celebramos o Día de Rosalía

Para celebrar o Día de Rosalía de Castro contamos cunha persoa gran coñecedora da súa obra: MARUXO

Un home de lecturas no mar, un home de poesía, de gran memoria a través dos libros.

 

 Adeus , adeus fontes....

 

Folio a folio, neno a neno imos descubrindo a figura máis representativa do noso idioma e símbolo da nosa literatura.

 

 

Na voz de Uxía cantamos a esa nena soñadora, a esa Rosalía que todos e todas levamos no interior, unha nena coma todos nós.

 

XORNADA DE EMERXENCIAS

O pasado venres, día 17 de febreiro, no cole tivemos unha xornada moi especial.

Comezamos cun simulacro de emerxencia no interior do centro. De seguido, recibimos a visita do Equipo de urxencias sanitarias ( 061) que nos explicaron as súas funcións e que facer en varios casos nos que nos podemos atopar calquera día.

Tamén se achegaron ao centro o Equipo de intervención GES do Concello de A Guarda, que nos amosaron os seus materiais de traballo e como os usan.

Para rematar a xornada, unha sorpresa!

Na porta do cole  nos esperaban os autobuses para levarnos ao porto e... alí descubrimos de que se trataba:O helicóptero PESCA 1, que  fixo un simulacro de rescate dun ferido e posteriormente aterrou no heliporto. Alí puidemos ver como era no seu interior e nos foron explicando cada unha das nosas preguntas.

Foi unha actividade que nos engaloiou a todos!!!

Grazas a todos os que fixestes posible esta xornada.

 

ADMISIÓN DE ALUMNOS

Powered by Drupal - Design by artinet