Skip to Content

25 N-2023. CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Versión para imprimir

25 N celébrase o DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO para denunciar e erradicar a violencia que sofren as mulleres en todo o mundo. Dende o Contrato programa Iguála-t organizaron actividades moi variadas:

As nosas portas tinguíronse de violeta para lembrar e rexeitar a lacra da violencia machista na nosa sociedade, analizándoa desde un punto de vista educativo, xa que as nosas e os nosos peques son o futuro da sociedade e teñen que saber, non só o que hai, senón tamén como facer fronte a isto e poñerlle freo desde as súas accións. Para iso, fixemos varias actividades:

O luns e o martes o alumnado de E.Infantil e primeiro ciclo de primaria asistiron a un “Contacontos pola Igualdade” na nosa biblio da man de Bea Campos, de “Migallas teatro”. Este contacontos forma parte das actividades da ANPA (https://anpaasangrina.com/) grazas á subvención recibida  de igualdade.

Na entrada de “Biblio Pepiño”, ademáis, tivemos expostos un montón de recursos bibliográficos para que as mestras e mestres traballasen estes contidos desde as aulas a través dos contos e tamén para visibilizar entre o alumnado. Algúns títulos imprescindibles como “Artur e Clementina”, “Rosa Caramelo”, “¿Hay algo más importante que ser una princesa rosa?”, “Cuando las niñas vuelan alto”, etc.

 Tedes toda a información destas actividades no blog da Biblio:

https://bibliopepinho.blogspot.com/2023/11/dia-mundial-contra-violencia-de-xenero.html

Na bilioteca, durante o xoves e o venres, cada grupo baixou a analizar, poñer en valor e ofrecer solucións cotiás á carga mental das mulleres nos fogares. Por sorte, as tarefas diarias cada vez son máis repartidas entre homes e mulleres, pero a carga mental, todavía non. Por iso, con esta actividade reivindicamos a importancia de planificar, pensar e sobrepensar, e desas tarefas diarias “invisibles” cuxa responsabilidade debemos compartir no fogar e cuxa carga non debe recaer só nas figuras femininas (organizar as comidas diarias, facer a lista da compra, organizar as citas médicas, lembrarse dos regalos e celebracións de todos os aniversarios, responsabilizarse dos grupos de nais e pais do cole, falar co profesorado, revisar as mochilas...).

Por suposto, tamén realizamos tarefas artísticas para reivindicar todo isto desde o ámbito visual: as peques e os peques de Infantil e primeiro ciclo coas súas mulleres bravas berrando pola igualidade e a fin da violencia machista, e o alumnado de segundo e terceiro ciclo coas súas portas violetas con mensaxes en contra deste tipo de violencia. Ademáis, coa profe Música, Virginia traballamos a canción “A porta violeta”, de Rozalén, profundizando na letra e preparando unha coreografía moi expresiva.

https://youtu.be/q4oDFPakVBg?si=_uJ3TpKhdhYDXsnd

   Para finalizar, o alumnado maior do cole recibiu pulseiras co lema “A violencia non ten idade” e un teléfono de contacto da fundación ANAR cun teléfono de axuda, apoio e asesoramento.  

 

Esta loita facémola entre toda a comunidade educativa, educando aos nosos nenos e as nosas nenas en igualdade, educando persoas, non xéneros nin roles. Lembra que si sospeitas ou es vítima de violencia machista non debes quedar calada, pide axuda canto antes, non pases nin unha, desde o cole podemos apoiarte.

 

 

 Neste vídeo podedes ver un resumo dalgunhas destas actividades. 

 

 



page | by Dr. Radut