Skip to Content

Actividades

OS NOSOS CORREDORES TEÑEN VIDA!

Coa finalidade de fomentar a orientación-espacial do noso alumnado o EDLG nomeou os corredores do colexio co nome das diferentes zonas da nosa vila para aproximar ás nenas e nenos a súa contorna.

A continuación poderán observar un exemplo do proceso de colocación e o resultado. 

 

Esperamos que lles guste!

Con agarimo.

 

O EDLG.

II EDICIÓN “DEBATENDO APRENDO”

No curso 2019/2020 desenvolveuse a I Edición de “Debatendo Aprendo” onde o proceso e resultado obtido foi marabilloso. Por iso, decidimos continuar con dita actividade durante o presente curso académico, xa que o EDLG é consciente da importancia de fomentar o espírito crítico nas nosas nenas e nenos.

Neste caso, a segunda edición de “Debatendo aprendo” está protagonizada polo alumnado de e 2ºA de Educación Primaria

As temáticas escollidas para o debate do primeiro trimestre foron seleccionadas tendo en conta as inquedanzas do alumnado de ambos grupos. O alumnado de 6º de E.P. debateu sobre “Problemas na convivencia escolar” mentres que o alumnado de 2ºA de E.P. sobre “Xoguetesno patio: tipos de xoguetes e a posibilidade de compartilos antes e durante a pandemia”.

 

Sen máis, a desfrutar deste fantástico traballo!

PREME AQUÍ PARA VISUALIZAR O VÍDEO

 

O EDLG ESTÁ DE VOLTA!

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega do CEIP da Sangriña, un ano máis, volve cargado de enerxía e novidades.

Como ben sabedes, xa estamos no outono. Por iso queremos que gocedes do mesmo mediante a seguinte a canción “O Outono” de Uxía Lambona e a Banda Molona.

Por outra banda, queremos transmitirvos que debido á situación excepcional que atravesamos a conmemoración do Día das Letras Galegas 2019/2020 relativa a Ricardo Carballo Calero aprazouse ó mes de outubro de 2020.

Polo que na entrada nomeada “Semana das Letras Galegas” (11-05-2020) atoparedes varios recursos moi interesantes que permitirán coñecer mellor a vida e obra do mesmo.

Con agarimo.

O EDLG.

O NOSO PEQUENO AGASALLO!!

A Semana das Letras Galegas, culminará este domingo 17 de maio. Por iso, as mestras e mestres do CEIP A Sangriña preparamos con todo o noso cariño un pequeno agasallo para conmemorar o Día das Letras Galegas.

Esperamos que vos guste!

 

Unha aperta enorme.

O EDLG.

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

Queridas mozas e mozos:

Dende o 11 ó 15 de maio de 2020 conmemorase a Semana das Letras Galegas.

Todo o día en casiña

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega do CEIP A Sangriña acórdase moito de vós, e queremos axudarvos a pasar este período excepcional do mellor xeito posible. A nosa recomendación e que vexades o videoclip “Todo o día en casiña” que promove a Secretaría Xeral de Política Lingüística.

 

Con agarimo

O EDLG.

GALICIA LE

Sabías que mentres dure o confinamento podes seguir leendo?

A plataforma de préstamo de Bibliotecas Públicas Galegas poncho ben fácil!

Só tes que rexistrarte e podes descargar calquer libro do seu catálogo, tanto en galego como en castelán... e sabías que tamén teñen películas?

Deixamos a ligazón como permanente no lateral dereito... Non to perdas!

QUEDÁMONOS NA CASA!

Estimadas familias,

A continuación queremos dar a coñecer a aplicación do Xabarín Club, nela atoparedes unha morea de vídeos de debuxos animados. Dita APP incorpora o control parental, deste xeito, permite ás familias escoller os contidos axeitados para a súa filla ou fillo. Poden obter máis información, pulsando no seguinte enlace:

http://www.crtvg.es/infantil/xabarin-tvg

O EDLG

XORNADA DE XOGOS TRADICIONAIS – FIN DA FASE I: INDAGACIÓN

XORNADA DE XOGOS TRADICIONAIS – FIN DA FASE I: INDAGACIÓN

A primeira fase do proxecto “Xornada de xogos tradicionais” chegou ao seu fin. E con este comeza a segunda fase que consistirá en recrear o xogo tradicional escollido por cada clase, mediante materiais de reciclaxe.

Posto que dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega temos moi presentes as recomendacións efectuadas polo Equipo da Biblioteca do noso cole a través da PDI “Salvemos o planeta”.

Sen máis, aquí podedes observar as imaxes dos resultados da primeira fase de cada curso do noso cole…ESTADES PREPARADAS E PREPARADOS PARA QUEDAR ABRAIADAS E ABRAIADOS?

 

Finalmente, dende o EDLG queremos agradecer ao alumnado e aos titores/as do noso cole o seu gran esforzo e colaboración. Se o proceso foi incríbel o resultado non se queda atrás!! ESPECTACULAR!

 

Con agarimo,

O EDLG.

XORNADA DE XOGOS TRADICIONAIS - FASE 1: INDAGACIÓN

XORNADA DE XOGOS TRADICIONAIS - FASE 1: INDAGACIÓN

O alumnado do CEIP A Sangriña continúa traballando na primeira fase do proxecto “Xornada de Xogos Tradicionais”. A continuación poden visualizar diferentes imaxes (dalgúns cursos do noso cole) do proceso creativo que lles permitiu reflexar os datos da indagación previa.

ALUMNADO DE 1ºA DE EDUCACIÓN PRIMARIA

 

ALUMNADO DE 1ºB DE EDUCACIÓN PRIMARIA

 

ALUMNADO DE 2ºA E B DE EDUCACIÓN PRIMARIA

 

 

ALUMNADO DE 3º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

 

BO TRABALLO!!!

Con agarimo,

O EDLG.

Distribuir contido


by Dr. Radut