BENVIDAS/OS Á WEB DO CEIP A SANGRIÑA
SEMANA DAS LETRAS GALEGAS
Queridas mozas e mozos:
Dende o 11 ó 15 de maio de 2020 conmemorase a Semana das Letras Galegas.
A Real Academia Galega dedicará o Día das Letras Galegas de 2020 a Ricardo Carballo Calero (Ferrol, 1910 – Santiago de Compostela, 1990), que dende o ano 1981 asinou as súas obras e escritos como Carvalho Calero.
Por iso dende o EDLG, queremos compartir con vós un traballo realizado polos alumnos/as de 5º de E.P. do Colexio San Pío X de Ourense coa colaboración do Seminario Galán, que lles facilitou textos e información, así como as ilustracións feitas por Carlos Gallego Domínguez.
Para visualizar o traballo, podedes facelo mediante o seguinte vídeo
Tamén fixeron un xogo de comprensión para repasar a traxectoria do autor. A ligazón directa para acceder é a seguinte:
https://view.genial.ly/5e750fa6d0e81c0e4046557d/game-don-ridardo-o-xogo
Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, do CEIP A Sangriña, esperamos que gocedes indagando sobre a vida de Ricardo Carballo [Carvalho] Calero.
Finalmente, queremos agradecer a difusión de ambos recursos ó compañeiro David Rial (mestre de primaria e coordinador de Dinamización Lingüística no Colexio San Pío X de Ourense).
Con agarimo.
O EDLG.