Reunións de titoría

O martes 11 de outubro recuperamos as reunións presenciais de titoría de inicio de curso:

  • De 16 a 16:30 h: Asemblea cos pais/nais de infantil, 1º e 2º para a presentación do equipo directivo, do profesorado e das novidades do curso. A continuación, cada titor subirá cos pais dos seus alumnos á súa aula.
  • De 16:30 a 17 h: Asemblea cos pais/nais de 3º, 4º, 5º e 6º. A continuación, cada titor subirá cos pais dos seus alumnos á súa aula.

 

Comedor do mes de setembro

Seguindo as instrucións da Consellería recibidas ata o momento e de acordo coas competencias que lle corresponden ao centro, o comedor recupera as dúas quendas. 

A dirección do centro, contando coa opinión do persoal de atención de comedor e coa opinión da Xunta Directiva da ANPA decidiu:

- Establecer dúas quendas de comedor. Na primeira quenda comerá o alumnado de infantil, 1º e 2º de primaria. Na segunda quenda comerá o alumnado de 3º a 6º de primaria.

- O alumnado da 1ª quenda sairá ás 15 horas e o alumnado da 2ª quenda 15:30 horas.

Aquelas familias que por cuestión de conciliación da vida familiar e laboral precisen cambiar a quenda de comedor ou non poidan recoller aos seus fillos na hora prevista, poderán solicitar o cambio ata o 16 de setembro na secretaría do centro achegando a xustificación pertinente coma todos os anos.

Entendemos que nos primeiros é materialmente imposible realizar os trámites, polo que seremos flexibles na hora de recollida, respectando en todo caso o tempo prudencial que os nenos e nenas precisan para comer.

Cando comecen as actividades da ANPA, as familias que decidan que o seu fillo/a quede ata as 16 horas, deberán comunicalo ao centro telefonicamente; sen necesidade de realizar ningún trámite adicional.

Informamos tamén que ao longo do curso, e mentres a Consellería de Educación e a de Sanidade non nos indiquen o contrario,  seguiremos as instrucións recibidas con respecto a xestión da COVID-19 que podedes atopar no seguinte enlace: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/37824

INICIO DO CURSO 22-23

Comezamos de novo e volvemos con normalidade!

De cara a o comezo de clases do xoves 8 informamos:

O luns día 5, ás 16:30 haberá reunión das titoras de coas familias do alumnado de 3 anos.

As clases comezan o día 8 ás 9:00 e recuperamos a entrada normal:

- De 3º a 6º, farán as filas no patio pequeno como se facía antes e a saída será ás 14 horas.

- Infantil, 1º e 2º entrarán e sairán polo patrio de atrás. O alumnado de 3 anos sairá ás 13:45, o alumnado de 4 anos ás 13:50 e o alumnado de 5 anos ás 13:55 horas. O alumnado de 1º e 2º sairá ás 14 Horas.

Acollida temperá: de 7:30 a 9:00 horas

Comedor: horario de 14 a 16 horas, repartidos en dúas quendas. Informaremos o antes posible sobre o alumnado de cada quenda para que as familias poidan solicitar o cambio por conciliación da vida familiar.

Os avisos de non asistencia ao comedor faranse de 9 a 9:30 horas nos teléfonos 988 78 30 90 ou 988 78 30 92.

 

Listas provisionais 22-23

A partir de mañá, día 30, en horario de 9 a 14 horas; podedes consultar na entrada principal do centro as listas de 4º de Infantil, 1º, 3º e 5º de Primaria

LISTA DEFINITIVA DE LIBROS DE 3 ANOS

Lista definitiva dos libros de texto de 3 anos (4º de E.Infantil)

tras o resultado da consulta sobre a lingua materna

ADMISIÓN COMEDOR ESCOLAR

Premede para acceder a:

AXUDAS ALUMNOS CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO 2022-2023

Xa está aberto o prazo para a solicitude das  

AXUDAS PARA O ALUMNADO CON NEAE para o curso 2022-2023. 

Poderán solicitarse ata o 30 de setembro de 2022.

  1. Convocatoria
  2. Impreso de solicitude
Distribuir contido