ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2021-2022
O proceso de admisión e matrícula para o vindeiro curso 2021-2022 iníciase o 11 de xaneiro coa RESERVA DE PRAZA DO ALUMNADO DE 6º DE PRIMARIA NO centro de Secundaria ao que estamos adscritos: o IES 12 de Outubro.
Do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro os alumnos e alumnas de 6º de primaria que desexen continuar os seus estudos no IES 12 de OUTUBRO deben presentar no noso centro o impreso de solicitude de reserva de praza.
Este prazo só afecta ao alumnado de 6º.
O alumnado de Infantil que xa está matriculado no centro non precisa facer reserva de praza para Primaria por tratarse do mesmo centro.
A admisión de alumnado en Infantil e Primaria será do 1 ao 20 de marzo.
Consultade aquí toda a información premendo nos seguintes enlaces:
OS REIS MAGOS VISITAN O COLE
Os Reis Magos de Oriente, que non poden este ano vir a visitarnos e escoitar os nosos desexos, viñeron ao cole cando estabamos todos na casa!
A ver se colleron e leron as nosas cartas!!!
Ás 12:30h poderemos ver a visita secreta que nos fixeron!
Estades todos convidados a compartila con nós entrando na páxina web do centro a esa hora!
HORARIOS PARA O ENSINO A DISTANCIA
Premede para consultar as
CARACTERÍSTICAS E HORARIOS DE 3º A 6º DE PRIMARIA
para o desenvolvemento de ensino a distancia en períodos de peche de aulas ou centros como consecuencia da pandemia da COVID-19, no caso de que éste fose necesario:
DISTRIBUCIÓN GRATUÍTA DE MÁSCARAS
Preme para consultar toda a información:
- Resumo da convocatoria.
- Anuncio Consellería
- Orde no DOG do 13 de novembro 2020.
- Solicitude: Anexo I e II
