Club de Lectura

COMEZAMOS.......

 

 

 CLUB DE LECTURA "PONTIÑA" CURSO 2023/2024

No novo curso escolar 2023-2024, o noso Club de Lectura, comeza de novo a súa andaina.
Prometémosvos sesións estupendas e animámosvos a vir e participar dunhas interesantísimas lecturas.
A participación está aberta a todos e todas, e para pertencer ao Club, non é necesario ser un gran lect@r nin un entendid@ en literatura, simplemente gozar lendo e achegarse á nosa biblioteca para compartir esta afección.
Cando teñamos todo preparado, informarémosvos como podedes pertencer ao Club .

Ata pronto...!!!

 

 

 

 CLUB DE LECTURA "PONTIÑA" ...      

Para compartir e contaxiar o pracer da lectura...

Para viaxar de moitas maneiras...

Para facer da lectura un espazo de encontros...

 

 Que é un club de lectura?

Un club de lectura é un grupo de persoas que len ao mesmo tempo o mesmo libro pero cada un por separado e logo reúnense para compartir a experiencia da lectura. Un libro arredor do cal dialogar, falar, coñecer os puntos de vista doutros lectores e participar en actividades relacionadas coa literatura.

 

 Como funciona?

Escollemos un libro,    

leémolo na casa,    

e unha vez ao mes    

reunímonos no recreo    

para comentalo na    

    reunión do club.   

 Como me fago do club?

Entrega a FICHA DE INSCRICIÓN na REUNIÓN que terá lugar na BIBLIOTECA.

 Cando nos reunimos?

Unha vez por mes, comezando en Novembro e rematando ao final do curso.