Visita dos Reis Magos

O xoves tivemos unha visita moi especial no cole (clica na imaxe para ver máis)

BO NADAL

A Comunidade Educativa do CEIP A PONTE, quere desexarvos, a través das postais do seu alumnado, un Bo Nadal e un Próspero Aninovo.

Recomendacións lectoras 2023

Deixámosvos aquía as recomendacións lectoras deste ano polo tempo de inverno.

Pista de Xeo 5ºA/B

Hoxe foi o turno do alumnado de 5º que disfrutou dun maña diferente na pista de xeo

CHEGOU O NADAL AO COLE DE A PONTE

O Xoves recibimos a visita da tele para ver como se vive o Nadal no noso cole. Hoxe saímos na tele, aquí  tedes o reportaxe.

 

https://www.g24.gal/-/os-colexios-levan-dias-xa-adornados-polo-nadal?jwsource=cl

Encendido da Árbore de Nadal

Onte no cole fixemos cos nenos e nenas de EI e 1º ciclo de EP, o encendido da árbore da Nadal, que da  comezo a última semana do cole chea de actividades para celebrar a chegada destas datas de Nadal.

Esta actividade comezou contando o conto  de Panocha, pola profe Marisa e os mestres de practicas de Infantil.

 Logo do conto baixaron o nenos e nenas do 1º Ciclo de EP e demos comezo a colocación dos adornos, que se fixeran nas aulas durante estos dias, dende o alumnado de 2º de EP ata os mais pequenos de 3 anos. Cantaron villancicos e bailaron ao lado da nosa árbore de Nadal.

Fashion day in English

Onte os alumnos de 2º de EP fixeron a seu propio fashion day mirade que ben o fan

Pista de Xeo

O venres os nenos e nenas de 6º psaron unha maña moi divertida na Pista de Xeo. (Clicade na imaxe e veredes un vídeo con mais fotos dese día)

Teatro de Sombras polo 25 de Novembro

O alumnado de 6º de EP, coa profe Susana, representou en teatro de sombras varios contos para os/as alumnos/as de EI. (Clica na imaxe para ver máis)

Recordatorio do día 7 de Decembro de 2023

No calendario escolar do curso 2023-24 establecese o Día da Ensinanza o día 7 de Decembro, polo que é considerado DÍA NON LECTIVO

Distribuir contido